Marcelino Astray de Caneda
médico, militar e político galego
Marcelino Astray de Caneda, nado en Santiago de Compostela o 24 de abril de 1824 e finado en Vigo o 1 de xuño de 1899, foi un médico, militar e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de abril de 1824 Santiago de Compostela, España |
Morte | 1 de xuño de 1899 (75 anos) Vigo, España |
Alcalde de Vigo | |
1895 – 1897 ← Primitivo Blein Costas – Antonio López de Neira → | |
Actividade | |
Ocupación | político, médico, militar |
Traxectoria
editarMédico militar. Foi inspector de sanidade da Armada e xefe de Sanidade do departamento de Ferrol (1883). Pasou á reserva e instalouse en Vigo en 1890. Foi nomeado alcalde de Vigo en agosto de 1895. Permaneceu no posto até 1897. Finou en Vigo o 1 de xuño de 1899.[1][2]
Predecesor: Primitivo Blein Costas |
Alcalde de Vigo 1895 - 1897 |
Sucesor: Antonio López de Neira |
Vida persoal
editarViúvo, casou en 1898 con Josefa Díaz da Pena.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. pp. 74–75. ISBN 978-84-8457-448-4.