Maestrazgo, Teruel

O Maestrazgo é unha comarca de Aragón, en España, situada no leste da provincia de Teruel. A súa capital é Cantavieja.

Modelo:Xeografía políticaMaestrazgo, Teruel
Maestrazgo (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 40°31′11″N 0°21′06″O / 40.519767, -0.351564
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAragón
ProvinciaProvincia de Teruel Editar o valor en Wikidata
CapitalCantavieja Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación3.737 Editar o valor en Wikidata (3,1 hab./km²)
Xeografía
Superficie1.204,3 km² Editar o valor en Wikidata

Municipios

editar

A comarca engloba aos municipios de Allepuz, Bordón, Cantavieja, Cañada de Benatanduz, Castellote, La Cuba, Fortanete, La Iglesuela del Cid, Mirambel, Miravete de la Sierra, Molinos, Pitarque, Tronchón, Villarluengo e Villarroya de los Pinares.

Xeografía

editar

Limita ao norte co Bajo Aragón, ao oeste con Andorra-Sierra de Arcos, Cuencas Mineras e a Comunidade de Teruel, ao sur con Gúdar-Javalambre e ao leste coa provincia de Castelló. O norte da bisbarra pódese considerar parte do Bajo Aragón Histórico.

Parte do seu territorio está ocupado polo Monumento natural das Grutas de Cristal de Molinos, o Monumento natural do Nacemento do Río Pitarque, o Monumento natural dos Órganos de Montoro e o Monumento natural da Ponte de Fonseca.

Historia

editar

Os pobos do Maestrazgo pertenceron na súa maioría á Orde do Temple e, tras a súa disolución pasaron aos Hospitalarios. Así Cantavieja, Mirambel, Villarluengo e outros lugares conservan cascos históricos medievais, recintos amurallados ou restos de castelo que demostran o carácter defensivo e fronteirizo que tiveron estas terras. Noutras vilas como Cañada de Benatanduz só quedan as ruínas medievais.

O xeneral Ramón Cabrera actuou na zona durante a Primeira Guerra Carlista (1833 -1840). Os seus pasos levaron a algúns escritores do século XIX a colocar a trama dos seus relatos no Maestrazgo, entre os que destaca Benito Pérez Galdós.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar