Longa Marcha (foguete)

Familia de foguetes espaciais chineses.

Longa Marcha (Chang Zheng en Pinyin, e normalmente referido abreviadamente como CZ) é unha familia de foguetes operados pola República Popular da China.[1]

Un Longa Marcha 2D levando satélite venezolano de observación.

Historia e características

editar

O regreso a China desde de Tsien Hsue-Shen en 1955, teórico de primeiro nivel da foguetería formado nos Estados Unidos, marcou o inicio da China como potencia espacial. En 1956 Tsien asistíu ás negociacións polas cales a Unión Soviética transferiría tecnoloxía nuclear e de foguetes a China, o que incluía a asistencia de estudantes chineses a universidades soviéticas. A tarefa de poñer en marcha toda a industria capaz de levar a construír foguetes espaciais foi todo un desafío, xa que o país tivo que partir de cero nese aspecto. Como punto de partida a Unión Soviética proporcionou un foguete R-2, unha versión mellorada do mísil V-2 alemán. Cara 1960 o goberno soviético decidiu deixar de colaborar coa China, pero pese ao inconveniente, Tsien xa conseguiu reproducir a finais dese mesmo ano un R-2 con medios totalmente chineses.[1]

Cara 1971 comezou coas probas do seu primeiro mísil balístico intercontinental (ICBM, Intercontinental Ballistic Missile), o DF-5, un mísil de dúas etapas de propelente líquido do cal derivan tódolos foguetes da familia Longa Marcha. A familia de lanzadores inclúe os foguetes Longa Marcha 2, Longa Marcha 3 e Longa Marcha 4, con etapas superiores crioxénicas e aceleradores de propelente líquido, dando lugar a 12 configuracións posibles dos distintos foguetes, chegando a ser capaces de poñer ata 9200 kg en órbita. No ano 2000 comezouse a traballar no deseño dunha nova xeración de foguetes Longa Marcha completamente crioxénicos e de alto rendemento, aínda que o seu desenvolvemento vai con demora.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2011). "CZ" (en inglés). Consultado o 20 de maio de 2012. 

Véxase tamén

editar