Lirio amarelo
Lirio amarelo | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lirio amarelo | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Iris pseudacorus' L. |
O lirio amarelo[1] Iris pseudacorus, é unha especie perenne da familia Iridaceae. É orixinaria de Eurasia e abundante nas charcas de Galiza.
Descrición
editarO lirio amarelo é unha planta perenne provista dun bulbo ovoide que perdura durante o inverno, a parte aérea morre, e está cuberto das bases das follas de anos anteriores. O talo, de 60 – 120 cm, algo comprimido, ten varias follas, xeralmente basais, de 50 – 90 cm x 10 – 30 mm, de cor glauca e cun nervio central marcado. As flores, actinomorfas, son grandes, duns 10 cm e levan cáliz e corola de tres pezas. O cáliz é de cor amarela igual que a corola. Aparecen de marzo e xuño e poden ser solitarias ou en pares. Reúnense nunha inflorescencia cimosa formada por 4 – 12 flores de cor amarela, as inferiores en pedúnculos longos e suberectos; os pedicelos miden 20 – 50 mm e as espatas, herbáceas pero coa marxe membranosa, de 40 a 100 mm. Teñen, como dixemos, tres pezas internas erectas e outras tres externas, erectas ou deflexas, de 50 – 75 x 20 – 30 mm, que constan dunha unlla e un limbo, largamente ovado. O xineceo consta dun ovario trilocular, cun tubo do hipanto de case 5 mm, do que xorde un estilo que se divide en 3 ramas petaloideas de 20 – 30 x 4 – 8 mm, linear – oblongos, máis curtos e estreitos que as ramas do estilo, que protexen a un estame groso e de cor amarela pálida; o estigma está preto do ápice da face interna desa rama e é bífido. O froito é unha cápsula alongada e angulosa, de 4 – 8 cm, cilíndrica e cun bico curto, que ten no seu interior varias sementes de cor parda escura e lisas. A forma do froito lembra un pemento de Padrón.
Hábitat e ecoloxía
editarMedra en zonas húmidas ou asolagadas nas beiras dos regueiros, lagoas e encoros, dende o nivel do mar até os 800 m de altitude. Forma parte de comunidades que se inclúen na Clase Phragmitio - Magnocaricetea, de distribución cosmopolita, polo común de elevada cobertura, constituídas por heliófitos colonizadores de zonas anegadas gran parte do ano, como brañas, marxes de regueiros, lagoas, lamazais e outras. Son plantas características destes ecosistemas: Alisma lanceolatum, Alisma plantago-aquatica, Galium palustre, Lycopus europaeus, Lythrum salicaria, Sparganium erectum e Veronica anagallis-aquatica. A planta prospera axiña por rizoma e por sementes espalladas pola auga. Malia ser principalmente acuática, os rizomas sobreviven prolongados períodos secos.
Requirimentos ecolóxicos
editarPrefire a penumbra e unha calor moderada. Aparece no piso montano principalmente. Continentalidade: Suboceánica; non atura xeadas serodias nin temperaturas extremas. Os solos teñen que estar asolagados, anóxicos, e mellor se son algo acedos (pH 4.5 - 7.5). Gusta dos solos ricos en nitróxeno (indicador de riqueza edáfica de nutrientes).
Usos
editarMedicinais
editarAntigamente tiña usos medicinais. As súas follas e raíces son velenosas para o gado. Emprégase o rizoma polos seus contidos en taninos, mucilaxes e outros principios activos. Cómpre secala, proceso no que se arroiba. Tense empregado coma adstrinxente e especialmente coma un potente catártico, aínda que hoxe en día apenas é usado. É emético, emenagogo, e tamén se ten usado nas dores de dentes ao fregar os mesmos cun anaco da raíz. Actualmente emprégase coma emético e adstrinxente. Contén irisina, substancia tóxica, polo que para o seu uso interno cómpre consultar un médico.
Culinarios
editarA semente torrada empregouse coma substituto do café.
Ornamentais
editarTamén pode ter uso ornamental pola fermosura das flores amarelas (flores de lis).
Ecolóxicos
editarEmprégase para a limpeza de augas, xa que ten a habilidade de chuchar metais pesados polas súas raíces.
O número de cromosomas de Iris pseudacorus (Fam. Iridaceae) e táxones infraespecíficos[2] é de 2n=34.
- Iris palustris Gaterau, Descr. Pl. Montauban: 31 (1789), nom. superfl.
- Xiphion pseudacorus (L.) Schrank, Fl. Monac. 1: t. 99 (1811).
- Limnirion pseudacorus (L.) Opiz, Seznam: 59 (1852).
- Limniris pseudacorus (L.) Fuss, Fl. Transsilv.: 636 (1866).
- Xyridion pseudacorus (L.) Klatt, Bot. Zeitung (Berlin) 30: 500 (1872).
- Iris pallidior Hill, Brit. Herb. 47: 473 (1756).
- Acorus adulterinus Garsault, Fig. Pl. Méd.: t. 1b (1764), opus utique oppr.
- Iris sativa Mill., Gard. Dict. ed. 8: 15 (1768).
- Pseudo-iris palustris Medik., Hist. & Commentat. Acad. Elect. Sci. Theod.-Palat. 6: 417 (1790).
- Iris palustris Moench, Methodus: 528 (1794), nom. illeg.
- Iris paludosa Pers., Syn. Pl. 1: 52 (1805).
- Iris curtopetala F.Delaroche in P.J.Redouté, Liliac. 6: t. 340 (1811).
- Vieusseuxia iridioides F.Delaroche in P.J.Redouté, Liliac. 6: t. 340 (1811), nom. inval.
- Moraea candolleana Spreng., Syst. Veg. 1: 164 (1824).
- Iris acoroides Spach, Hist. Nat. Vég. 13: 44 (1846).
- Iris lutea Lam. in J.C.M.Grenier & D.A.Godron, Fl. France 3: 496 (1856).
- Iris acoriformis Boreau, Fl. Centre France, ed. 3, 2: 635 (1857).
- Iris bastardii Boreau, Fl. Centre France, ed. 3, 2: 635 (1857).
- Xiphion acoroides (Spach) Alef., Bot. Zeitung (Berlin) 21: 297 (1863).
- Xyridion acoroideum (Spach) Klatt, Bot. Zeitung (Berlin) 30: 500 (1872).
- Colchicum falcifolium Stapf, Denkschr. Kaiserl. Akad. Wiss., Wien. Math.-Naturwiss. Kl. 50: 19 (1885).
- Iris flava Tornab., Fl. Sicul.: 212 (1887).[3]
Nome común
editarO lirio amarelo recibe outros nomes vulgares galegos coma: espadaina (non confundir con Typha latifolia), lirio das charcas, abolla, candelas, xavanas etc [4]
Notas
editar- ↑ Nome vulgar galego preferido en ‘’Termos Esenciais de Botánica’’, Comisión de Normalización Lingüística da Escola politécnica Superior de Lugo – Universidade de Santiago de Compostela, 2002
- ↑ Iris pseudacorus L. Números cromosomáticos de plantas occidentales, 1-34. Valdés Bermejo, E. (1980) Anales Jard. Bot. Madrid 36: 373-389
- ↑ "Lirio amarelo". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 26 de marzo de 2010.
- ↑ E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Lirio amarelo |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lirio amarelo |