Lingua unami
A lingua unami é unha lingua algonquina extinta falada no pasado polo pobo lenape. É unha das dúas linguas delaware, sendo a outra o munsee. O derradeiro falante fluído, Edward Thompson, da Tribo de Indios Delaware, morreu o 31 de agosto de 2002.[1] A súa irmá Nora Thompson Dean (1907–1984) tamén achegou valiosa información sobre a lingua ós estudosos antes de morrer.
Unami | ||
---|---|---|
Falado en: | Estados Unidos de América | |
Rexións: | Estado de Nova York e Vermont | |
Extinción: | 2002[1] | |
Familia: | Álxico Algonquino Algonquino oriental Delaware Unami | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | unm
| |
Mapa | ||
Mapa do territorio dos lenape cos límites entre o munsee e o unami. | ||
Status | ||
Durante os século XVII e XVIII, o unami foi falado polos lenape no que hoxe se coñece como o estado de Nova Jersey, o sueste de Pensilvania e o norte de Delaware. Na década de 1860, o goberno dos Estados Unidos enviou a moitos lenape cara ó Territorio Indio (o actual estado de Oklahoma) baixo a política de deportación dos indios, e no presente tamén viven en Ontario e Oklahoma.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Chambers, Steve. "The vanishing voice of the Lenape." Arquivado 04 de maio de 2016 en Wayback Machine. Star-Ledger. 17 Nov 2002. Consultado o 8 de decembro de 2013.
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
Véxase tamén
editarVexa a proba da Wikipedia en Lingua unami |
A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |
Bibliografía
editar- Goddard, Ives. 1979. Delaware Verbal Morphology. Nova York: Garland. [published version of 1969 Harvard University dissertation in linguistics] ISBN 978-0-8240-9685-4
- Goddard, Ives. 1997. "Pidgin Delaware.” Sarah G. Thomason, ed., Contact Languages: A Wider Perspective, pp. 43–98. Ámsterdam: John Benjamins Publishing Company. ISBN 978-1-55619-172-5