Leonor de Aquitania

Leonor de Aquitania (en francés Aliénor d’Aquitaine ou Éléonore de Guyenne; en inglés Eleanor of Aquitaine), nada contra 1122 ou 1124 en Belin ou en Bordeos[1] [2] (Ducado de Aquitania) e finada o 31 de marzo ou o 1 de abril de 1204[3] en Poitiers,[4] [5] e non na Abadía de Fontevraud, como se cita en moitos textos,[6] [7] foi condesa de Poitiers, duquesa de Aquitania e Güiena, duquesa de Gascuña por dereito propio, así como raíña consorte de Francia e raíña consorte de Inglaterra. Foi a nai de Ricardo Corazón de León e de Xoán sen Terra. Durante o seu primeiro matrimonio participou na Segunda Cruzada e, á súa volta da Terra Santa, Leonor desempeñou un importante papel na política da Europa Occidental.

Modelo:BiografíaLeonor de Aquitania

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Aliénor d'Aquitaine
(fr) Éléonore de Guyenne
(en) Eleanor of Aquitaine
(la) Alienora (Alienordis) ducissa Aquitaniae
(oc) Alienòr d'Aquitània Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1122 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Bordeos (Ducado de Aquitania) Editar o valor en Wikidata
Morte1 de abril de 1204 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (81/82 anos)
Poitiers, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAbadia de Fontevrault Editar o valor en Wikidata
Consorte de Inglaterra
1154 – 1189
Duque de Aquitania
9 de abril de 1137 – 1204
Raíña dos francos
1137 – 1152
Condado de Poitiers
1137 – 1204 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCultura de Occitania Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfemale crusader (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRaíña consorte (1154–1189)
Raíña consorte (1137–1152)
Duquesa (1137–1204) Editar o valor en Wikidata
FamiliaRamnulfids (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeHenrique II de Inglaterra (1152–1189)
Lois VII de Francia (1137–1152) Editar o valor en Wikidata
FillosMaría de Francia, condesa de Champagne
 () Lois VII de Francia
Adelaida de Francia
 () Lois VII de Francia
Guilherme, Conde de Poitiers
 () Henrique II de Inglaterra
Henrique o Rei Mozo
 () Henrique II de Inglaterra
Matilde de Inglaterra, Duquesa da Saxônia
 () Henrique II de Inglaterra
Ricardo I de Inglaterra
 () Henrique II de Inglaterra
Godofredo II da Bretaña
 () Henrique II de Inglaterra
Leonor Plantagenet
 () Henrique II de Inglaterra
Joan of England
 () Henrique II de Inglaterra
Xoán I de Inglaterra
 () Henrique II de Inglaterra Editar o valor en Wikidata
PaisGuillerme X, duque de Aquitania Editar o valor en Wikidata  e Leonor de Châtellerault Editar o valor en Wikidata
IrmánsPetronila de Aquitania Editar o valor en Wikidata
ParentesBranca de Castela, neta
Henrique I de Castela, neta Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX998570 WikiTree: Aquitaine-84
Leonor de Aquitania.

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar

Nada no 1122, Leonor foi descendente dos nobres gobernantes do gran territorio de Aquitania, situado ó sur de Francia. A pequena Leonor creceu baixo o amparo de titores que a dotaron do amor polas belas artes e de inmediato mostrou dotes para a música e as linguas[8].

Os quince anos, finou o seu pai Guillerme X de Poitiers e Leonor herdou o ducado de Aquitania, moi ansiado por Francia. A causa disto, a solución máis razoable foi a de ligar ambas as liñaxes e quedou deste xeito ligado o futuro de Leonor ó do futuro Lois VII de Francia. A voda tivo lugar o 25 de xullo de 1137 en Bordeos e como era de costume na época, as celebracións duraron varios días. A parella estivo no palacio de l'Ombrière, preto de Bordeos ata a súa partida á París. A noite de vodas, os noivos foron coroados duques de Aquitania na catedral de Saint Pierre de Poitiers.[9]. Nese mesmo ano ascenderon ó trono francés, tras a morte do rei Lois VI.

Raíña de Francia

editar

No ano 1145, Leonor de Aquitania tivo a súa primeira filla, María, futura condesa de Champaña. As tensións entre a parella comezaron moi cedo, cando a raíña apoiou o matrimonio ilexítimo da súa irmá Petronila co conde Raúl I de Vermandois, mentres que o rei enviaba o seu irmán Roberto a invadir o condado como castigo pola bigamia do conde.

Leonor convenceu o seu marido de participar na Segunda Cruzada (1147-1149). Antes da partida promoveu torneos para recadar recursos, recolleu doazóns e foi a todas as abadías a pedir a bendición. Acompañou o seu marido na expedición, así como outras damas da nobreza, máis ela, contaba co título de líder feudal do exército de Aquitania en pé de igualdade con outros dirixentes.

Durante a expedición, as diferenzas entre Leonor e Lois creceron pois mentres que Leonor desexaba a loita para reconquistar o condado de Edessa, que pertencía ó seu irmán Raimundo de Tolosa, Lois consideraba máis importante acadar Xerusalén. A discusión rematou cunha rebelión por parte dos cabaleiros de Aquitania, e o exército quedou dividido.

No 1149, Lois e Leonor regresan a Europa, pasando por Roma onde Uxío III promoveu a súa reconciliación. A segunda filla do matrimonio, Alicia Capeto, naceu pouco despois, pero a relación xa estaba esgotada. No 1152 o matrimonio é anulado por consanguinidade e Leonor recuperou o control dos seus territorios.

Raíña de Inglaterra

editar
 
Anverso do selo de Leonor no que se le Leonor, pola graza de Deus, Raíña dos Ingleses, Duquesa dos Normandos. No reverso, a lenda di Leonor, Duquesa de Aquitania e Condesa dos Anxevinos.[10].

O 18 de maio de 1152, Leonor casou na catedral de Santo André de Bordeos co que sería o rei Henrique II de Inglaterra, unindo os seus dominios en Francia cos que xa posuía o seu novo marido (Anjou, Maine e Normandía alén de Inglaterra e Gales). Deste xeito formábase o chamado Imperio anxevino, no cal os reis de Inglaterra sendo vasalos do rei de Francia, controlaban un territorio oito veces maior ó controlado por Lois VII.

Deste matrimonio naceron oito fillos, cinco homes e tres mulleres. Na súa corte, establecida principalmente en Poitiers, tivo un grande auxe a literatura cabaleiresca, sendo mecenas de moitos trobadores. A existencia dunha amante do seu marido provocou o enfrontamento entre Leonor e Henrique, e a partir de 1173 Leonor promoveu a rebelión de tres dos fillos do rei contra o seu pai. Tras reprimir a rebelión, Henrique encarcerou a Leonor, primeiro en Chinon e máis tarde en Salisbury, onde permaneceu en arresto ata a morte de Henrique en 1189.

Viúva

editar

Á morte de Henrique II de Inglaterra o 6 de xullo de 1189, Leonor foi liberada por orde do novo rei, o seu fillo Ricardo Corazón de León. Viaxou por toda Inglaterra e liberou os prisioneiros do antigo rei ós que mandou xurar fidelidade a Ricardo. Ela gobernou no seu nome ata comezos de 1191[11]. Cando Ricardo partiu á Terra Santa durante a Terceira Cruzada, Leonor vai buscar a Berenguela de Navarra e condúcea en pleno inverno ata Messine, onde Ricardo se dirixía para partir cara a Terra Santa[12]. Acadárono o 30 de marzo e a voda celebrouse o 16 de maio.

Cando Ricardo Corazón de León volvía da cruzada, foi capturado en Austria. Leonor, indignada pola falta de reacción por parte do Papa (quen protexía normalmente os cruzados), escríbelle para recriminarlle a súa actitude e pedirlle axuda para rescatar o seu fillo. Ela mesma foi quen entregou o rescate a Henrique VI, fillo de Frederico I Barbarroxa no inverno de 1193.[13].

No 1200, con oitenta anos, dá mostras dunha gran fortaleza cando decide viaxar cara a Castela, cruzando os Pireneos para escoller entre as súas netas, as infantas de Castela - fillas da súa filla Leonor e de Afonso VIII de Castela- a que sería a esposa do fillo de Filipe II de Francia, o futuro Lois VIII. A escollida foi Branca, unha das máis célebres raíñas de Francia, rexente do reino en tres ocasións e modelo de virtude e habilidade política.

Leonor de Aquitania finou o 1 de abril de 1204 en Fontevrault ós 82 anos. Foi sepultada alí mesmo co seu esposo Henrique II e co seu fillo Ricardo Corazón de León.

  1. A data e o lugar exactos do seu nacemento non se coñecen. Varios cronistas sinalan que os señores de Aquitania xuráronlle fidelidade no seun catorce aniversario, en 1136. Algunhas crónicas dan 1120 como a sua data de nacemento, pero é case seguro que os seus pais non casaron até 1121. Finalmente, outras crónicas din que contaba con trece anos cando casou, en 1137.
  2. Jane Martindale sostén que naceu en 1122, en "Eleanor, suo jure duchess of Aquitaine (c. 1122–1204)", no Oxford Dictionary of National Biography, 2004, Oxford University Press. ISBN 978-0-1986-1411-1.
  3. Marie-Aline de Mascureau, en "Chronologie", primeiramente publicada en "Aliénor d'Aquitaine", Revue 303, fóra de serie nº 81, pp. 218-223, Nantes, 2004, en Edmond-René Labande, Pour une image véridique d'Aliénor d'Aquitaine [Véxase "Bibliografía"].
  4. Labande 1952, p. 26.
  5. Flori 2004, pp. 184-185.
  6. Labande, Edmond-René (1973): Histoire de l'Europe occidentale XIe - XIVe s., p. 233.
  7. Segundo Jean Flori e Martin Aurell, a localización da súa morte na Abadía de Fontevraud, tirada da Chronique de Saint-Martial, débese a unha mala lectura de Amy Kelly. Ver a reedición do artigo de Labande, op. cit., p. 26.
  8. Libro: Mis Favoritos. Autor: Juan Antonio Cebrián. Editorial: La esfera de los libros. Páxinas: 69-72. Capítulo: Leonor de Aquitania
  9. Mascureau, in Labande, p 122
  10. Bonnie Wheeler & John Carmi Parsons, eds. (2003): Eleanor of Aquitaine. Lord and Lady. London: Palgrave Macmillan. ISBN 978-1-1370-5262-9.
  11. Labande,p. 96
  12. Labande, p. 96-98
  13. Labande, p. 100-104

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Bernard, Katy (2015): Aliénor d'Aquitaine. Bordeaux: Éditions Confluences. ISBN 978-2-3552-7147-2.
  • Duby, Georges (1996): Leonor de Aquitania, María Magdalena. Madrid: Alianza Editorial, S. A. Col. Alianza cien, nº 99. ISBN 84-2064-699-7.
  • Flori, Jean (2005): Leonor de Aquitania. La reina rebelde. Barcelona: Edhasa. ISBN 978-84-3502-675-8.
  • González-Arnao Conde-Luque, Mariano (2004): "Leonor de Aquitania. Hierro y seda". La aventura de la historia, abril: 76-79.
  • Kaufman, Pamela (2006): Leonor de Aquitania. Montevideo: Editorial Byblos Ltda. ISBN 978-84-6662-946-1.
  • Labande, Edmond-René (1952): "Pour une image véridique d'Aliénor d'Aquitaine", Bulletin de la Société des antiquaires de l'Ouest, pp. 175-234. Reeditado en 2005, cun prefacio de Martin Aurell e unha cronoloxíua de Marie-Aline de Mascureau, pola Société des antiquaires de l'Ouest, Geste éditions. ISBN 2-8456-1224-9.
  • Minella, Alain-Gilles (2007): Leonor de Aquitania. Una figura de leyenda en la época de las Cruzadas y los trovadores. Madrid: La Esfera de los Libros, S. L. ISBN 978-84-9734-650-4.
  • Pernoud, Régine (1969): Leonor de Aquitania. Madrid: Espasa-Calpe, S. A. Col. Austral, nº 1454. ISBN 84-2391-454-2.
  • Piquer Otero, Andrés (1999): Leonor de Aquitania. Madrid: Alderabán Ediciones, S. L. ISBN 978-84-8867-668-9.
  • Segura Graíño, Cristina (2004): "Una reina independiente, Leonor de Aquitania". Historia National Geographic, maio: 76-80.
  • Serrano i Òssul, Marc (2002): "Leonor de Aquitania". Historia y Vida, nº 416: 12-13.
  • Villar, A. (2006): "Leonor de Aquitania, una reina rebelde". Historia y Vida, nº 463: 68-75.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar