Laracha Club de Fútbol
O Laracha Club de Fútbol é un equipo galego de fútbol que se fundou en 1965 no concello da Laracha. Na actualidade xoga na Preferente Autonómica.
Laracha | |||
---|---|---|---|
Nome | Laracha Club de Fútbol | ||
Fundación | 1965 | ||
Estadio | Municipal, A Laracha, Galicia | ||
Capacidade | 1.200 | ||
Presidente | José Manuel Ceide | ||
Adestrador | José Luis Lemos | ||
Liga | Preferente Galicia | ||
2019/20 | 19º (Preferente – Grupo Norte) | ||
Patrocinador | Hidroeléctrica Laracha | ||
| |||
Historia
editarNo verán de 2018, xogando na Terceira División, o club asinou un convenio co Deportivo da Coruña para converterse no segundo filial deste.[1] Isto propiciou que varios xogadores da canteira branquiazul xogasen no Laracha, como Iago Novo, Iago Parga ou Manu Mosquera entre outros.[2] Con todo, o descenso do Deportivo Fabril a Terceira a finais desa tempada 2018/19 provocou tamén o descenso automático do Laracha a Preferente a falta de varias xornadas, aínda que finalmente acabou a tempada tamén en postos de descenso.[3] O convenio non se renovou.
Datos do club
editarHistorial na liga
editar
|
|
|
|
O Laracha Club de Fútbol xogou en total oito temporadas en Terceira. O seu mellor resultado foi o da tempada 2005-06, cando despois de quedar en terceira posición, disputou a fase de ascenso a Segunda B, se ben quedou eliminado na primeira rolda.
Xogadores famosos
editar- Iago Iglesias
- Javi Fuentes
Palmarés
editar- Copa da Coruña (4): 1992, 2000, 2002, 2022
Notas
editar- ↑ "El Laracha, nuevo tercer equipo del Deportivo de forma oficial". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de xuño de 2018. Consultado o 27 de agosto de 2020.
- ↑ "Movementos no Fabril antes de arrincar a pretemporada". 11 de xullo de 2019. Consultado o 27 de agosto de 2020.
- ↑ "Nueva derrota del Fabril, que consuma su descenso y el del Laracha". La Opinión A Coruña. 14 de abril de 2019. Consultado o 27 de agosto de 2020.