Lago Siljan
O Siljan en Dalarna é o sétimo lago máis grande de Suecia en tamaño. O lago atópase a 161 metros sobre o nivel do mar e ten unha superficie de 293 km². Xunto cos veciños Orsasjön e Insjön a súa área é de 354 km². A súa maior profundidade son 134 metros.[1] O lago desagüa a través do río Östendal cara ao río Dal.
Tipo | lago cratera (pt) lake water body (en) | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Bothnian Sea Water District (en) | |||
Localización | ||||
País da cunca | Suecia | |||
División administrativa | Concello de Leksand, Suecia, Concello de Mora, Suecia, Rättvik, Suecia (pt) e Concello de Orsa, Suecia | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Efluente do lago | Österdal River (en) | |||
Características | ||||
Altitude | 161 m | |||
Profundidade | 120 m | |||
Dimensións | 52 () km | |||
Perímetro | 244 km | |||
Superficie | 292 km² 292,436877401 km² | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 12.000 km² | |||
Medicións | ||||
Volume físico | 8.089.000.000 m³ | |||
Hai uns 365 millóns de anos un meteorito impactou a zona que hoxe é coñecida como Siljansringen (o anel de Siljan). O Siljan, Orsasjön, Skattungen, Oresjön e os pequenos lagos en Bodadalen son o anel exterior do cráter do meteorito. O cráter mide uns 50 km de diámetro e ten unha profundidade máxima de 160 metros, sendo o sitio de impacto máis grande coñecido en Europa.
Nome
editarO nome Siljan aparece por vez primeira no ano 1442 na frase nordhan Silghis sio (ao norte do lago Siljan), e provén da forma do sueco antigo Sylghir. O nome está relacionado coa palabra dialectal gotlandesa sylgå (fluír no fondo) e o verbo sueco svälja (tragar). Ao longo do leito mariño do Siljan hai unha profunda canle dende o sur de Mora ata o Österviken en Leksand, que nalgúns lugares ten máis de 100 metros de profundidade.[2]
Segundo o lingüista Johan Ernst Rietz o nome podería estar realacionado coa palabra sel (augas tranquilas),[3] pero segundo o tamén lingüista Elof Hellquist esa interpretación é imposible debido á forma máis antiga Silghis sio.[4]
Notas
editar- ↑ "Siljan - Uppslagsverk - NE.se". www.ne.se. Consultado o 2023-01-09.
- ↑ Svenskt ortnamnslexikon : utarbetat inom Språk- och folkminnesinstitutet och Institutionen för nordiska språk vid Uppsala universitet. Uppsala: Språk- och folkminnesinstitutet. 2003. ISBN 978-91-7229-020-4. OCLC 56599861.
- ↑ Sil i Johan Ernst Rietz, Svenskt dialektlexikon (1862-1867)
- ↑ Sillen i Elof Hellquist (1906), ”Studier öfver de svenska sjönamnen deras härledning ock historia”, Svenska landsmål ock svenskt folklif 20: 611-812