Constantin Stanislavski
Constantin Sergeievich Stanislavski ou Konstantin Stanislavski (en ruso Константи́н Серге́евич Станисла́вский), nado en Moscova o 17 de xaneiro de 1863 e finado na mesma cidade o 7 de agosto de 1938, foi un actor e director de teatro ruso. O seu sistema interpretativo converteuse nun dos máis recoñecidos internacionalmente, especialmente no período posterior á segunda guerra mundial.
Ao longo da súa carreira Stanislavski reformulou o seu propio labor como actor por medio dun rigoroso proceso de reflexión e autoanálise artística, ao considerar a acción de actuar como un esforzo continuo que requiría dedicación, disciplina e integridade na procura do afondamento psicolóxico dos personaxes e na investigación das afinidades entre o mundo interior do personaxe e o do actor. O desenvolvemento dunha praxe teorizada, na cal a práctica era un modo de investigación e a teoría un catalizador para o desenvolvemento do creativo, convertérono nunha das grandes figuras do teatro moderno. O traballo de Stanislavski foi importante na expansión do realismo socialista na Unión Soviética como tamén o foi no realismo psicolóxico nos Estados Unidos.[1]. Escribiu diversos libros sobre o traballo do actor e mais unha autobiografía.
Traxectoria
editarStanislavski medrou no seo dunha das familias máis ricas de Rusia, os Alexeievs, industriais e mecenas artísticos. O seu nome de bautismo era Constantin Sergeyevich Alexeiev – "Stanislavski" foi o seu alcume nos escenarios, adoptado no ano 1884 para que os seus pais non soubesen do seu traballo no teatro[2], por canto tradicionalmente en Rusia os actores tiñan pouco prestixio social.[3] Stanislavski recibira leccións de voz do tenor Fiodor Petrovich Komissarzhevsky.[4] pero as influencias do primeiro Stanislavski procedían principalmente do Teatro Maly de Moscova, o foco do realismo teatral en Rusia.[5], en especial do realismo psicolóxico, desenvolvido por xente como Alexander Pushkin, Nikolai Gogol e Mikhail Shchepkin.[6]. En 1897 fundou con Vladimir Nemirovich-Danchenko o Teatro de Arte de Moscova.
Legado
editarStanislavski tivo diferentes alumnos durante cada fase do seu sistema de actuación con descubrimentos e experimentación. Dous dos seus antigos alumnos, Richard Boleslavsky e Maria Ouspenskaya fundaron o American Laboratory Theatre en 1925. Lee Strasberg, que estudara con el, xunto con Harold Clurman e Cheryl Crawford fundaron o Group Theatre (1931–1940) de Nova York , que foi a primeira compañía estadounidense en poñer en práctica os seus descubrimentos iniciais, que tivo unha fonda influencia no xeito de actuar en América do Norte, tanto no teatro como na cinematografía, que se intensificou despois da guerra pola influencia do Actors Studio norteamericano que adaptou o seu sistema, con grande énfase no aspecto psicolóxico da construción do personaxe. O actor británico Laurence Olivier deixou por escrito que Stanislavski foi unha fonte de grande ilusión para el cando era novo[7].
Honras e premios
editarNotas
editar- ↑ Milling, Jane e Graham Ley (2001) Modern Theories of Performance: From Stanislavski to Boal. Basingstoke, Hampshire and New York: Palgrave. ISBN 0-333-77542-2, páx. 2.
- ↑ Benedetti, Jean (1999). Stanislavski: His Life and Art. Revised edition. London: Methuen. ISBN 0-413-52520-1, pax. 21
- ↑ Carnicke, Sharon M (2000) "Stanislavsky's System: Pathways for the Actor". En Twentieth Century Actor Training. Ed. Alison Hodge. London and New York: Routledge. ISBN 0-415-19452-0. pax 11
- ↑ Benedetti (1999) pp. 19–20 .
- ↑ Benedetti (1999) pp. 14–17.
- ↑ Benedetti, Jean (2005) The Art of the Actor: The Essential History of Acting, From Classical Times to the Present Day. London: Methuen. ISBN 0-413-77336-1, pax. 100.
- ↑ Olivier, Laurence, Confessions of an Actor, 1982 p. 64