José María Besteiro

José María Besteiro, nado en Riotorto en 1963 é un xornalista e produtor galego.

Modelo:BiografíaJosé María Besteiro
Biografía
Nacemento1963 Editar o valor en Wikidata (60/61 anos)
Riotorto, España Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Licenciado en Ciencias da Comunicación, fixo un mestrado en dirección e produción de radio e televisión na Universidade de Boston. Despois de traballar como xornalista en distintos medios (Dunia, El País, El Gran Musical...), integrouse no equipo que botou a andar a cadea de televisión de pagamento Canal +. onde foi xefe de produción e director de musicais entre 1989 e 1994. En 1995 vai traballar para os Estados Unidos, nas divisións de produtos para Latinoamérica da Time Warner e de Bertelsmann.

Foi director xeral de audiovisual do Grupo Voz, e posteriormente produtor independente de series de televisión dende a súa propia compañía. Despois dirixiu os seus interese empresariais cara á distribución de contidos vía satélite, e en 2009 mercou unha parte importante do accionariado de Dreamhouse Entertainment, unha empresa de produción e distribución de contidos que posúe o canal Latele Novela[1], dedicado á produción e distribución de telenovelas na comunidade latina nos Estados Unidos.

Vida persoal

editar

Vive en Miami. É un dos patróns da Fundación TIC da Deputación de Lugo.

Series producidas

editar
  • Un hombre que se parecía a Cunqueiro (2021)