José Luis Escrivá

economista e político español

José Luís Escrivá Belmonte, nado en Albacete o 5 de decembro de 1960,[1] é un economista español, e anteriormente ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións do Goberno de España dende 2020 ata 2023[2] e, posteriormente, ministro de Transformación Dixital dende 2023 e gobernador do Banco de España, dende setembro de 2024.

Modelo:BiografíaJosé Luis Escrivá

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Luis Escrivá Belmonte Editar o valor en Wikidata
5 de decembro de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Albacete, España Editar o valor en Wikidata
71º Gobernador do Banco de España
6 de setembro de 2024 –
← Pablo Hernández de Cos
Ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública
29 de decembro de 2023 – 6 de setembro de 2024
← Nadia Calviño, María Jesús MonteroÓscar López Águeda →
Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións
13 de xaneiro de 2020 – 21 de novembro de 2023 – Elma Saiz Delgado (pt) Traducir →
Gabinete ministerial: segundo goberno de Pedro Sánchez
Presidente Rede de Institucións Fiscais Independentes da Unión Europea
24 de setembro de 2015 – 2019 – Seamus Coffey (pt) Traducir →
Presidente Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal
21 de febreiro de 2014 – 2020 – Cristina Herrero Sánchez (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid - licenciatura en Ciencias Económicas Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista, político, Auditor fiscal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EmpregadorAutoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (2014–2020)
Banco de Compensações Internacionais (pt) Traducir (2012–2014)
Banco Bilbao Vizcaya Argentaria (2004–2012)
Banco Central Europeo (1999–2004)
Banco de España Editar o valor en Wikidata
Partido políticopolítico independente Editar o valor en Wikidata
Premios

Twitter: joseluisescriva BNE: XX1058319 Dialnet: 63273 Editar o valor en Wikidata

Experto en econometría, foi presidente da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIReF) dende 2014 até 2020. Tamén desempeñou a presidencia da Rede de Institucións Fiscais Independentes da Unión Europea entre 2015 e 2019. Tamén ocupou entre outros cargos os de xefe da División de Política Monetaria do Banco Central Europeo entre 1999 e 2004 e director para as Américas do Banco Internacional de Pagos.

No 2020, liderou o proxecto do Ingreso Mínimo Vital (IMV), a prestación económica garantida polo Goberno de España a aquelas persoas vulnerables que carecen de recursos económicos e que entrou en vigor o 1 de xuño do mesmo ano.

Traxectoria

editar

Primeiros anos e formación

editar

Dende Albacete, onde naceu, con 18 anos trasladouse a Madrid para continuar coa súa formación universitaria, onde se licenciou con premio extraordinario en Ciencias Económicas pola Universidade Complutense de Madrid (UCM).

Traxectoria como economista

editar

José Luís Escrivá iniciou a súa traxectoria no Banco de España, onde desempeñou diferentes postos no Servizo de Estudos, e continuou posteriormente en Europa, onde participou activamente no proceso de integración monetaria desde 1993 como asesor do Instituto Monetario Europeo. Coa creación da Unión monetaria foi nomeado xefe da División de Política Monetaria do Banco Central Europeo en Frankfurt dende 1999 até 2004. Entre 2004 e 2012 traballou no grupo BBVA, primeiro como economista-xefe e director do Servizo de Estudos e, a partir de 2010, como director xerente da área de Finanzas Públicas.

Do 2012 e 2014 foi director para as Américas do Banco Internacional de Pagos de Basilea.

Cargos políticos

editar

Presidente da AIReF e de EUIFIS

editar

En febreiro de 2014, foi nomeado o primeiro presidente da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIReF), órgano creado polo Goberno de España presidido por Mariano Rajoy a instancias da Unión Europea para a fiscalización das contas públicas, o cal presidiu até xaneiro de 2020 tralo seu nomeamento como ministro.[3]

Ademais, en novembro de 2015, pasou a desempeñar a presidencia da Rede de Institucións Fiscais Independentes da Unión Europea (EUIFIS) con sede en Bratislava desde a súa creación en 2015.[4][5][6] Foi reelixido para o cargo en 2017 e, tras finalizar o seu mandato en novembro de 2019, o cargo pasou a Seamus Coffey, presidente da autoridade irlandesa.[7]

Ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións

editar

En xaneiro de 2020, o presidente do Goberno Pedro Sánchez elixiuno para estar á fronte do novo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, un departamento de nova creación que asumiu as funcións do anterior Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social en todo o relativo á administración da Seguridade Social e as políticas gobernamentais sobre migracións e inclusión social, e do Ministerio de Facenda, no relativo a clases pasivas.[8] Foi nomeado polo Rei de España e xurou ante este o 13 de xaneiro de 2020.[9] Ao mesmo tempo, cesou como presidente da AIReF.[9]

O ministro compareceu por primeira vez na Comisión de Traballo, Inclusión, Seguridade Social e Migracións do Congreso dos Deputados o 27 de febreiro de 2020, onde explicou as liñas xerais da política do seu departamento.[10] Nela, explicou, que a xestión do seu ministerio rotaría ao redor de tres grandes áreas: pensións —garantir un sistema de pensións suficiente e sustentable—, políticas de inclusión —establecer novas políticas inclusivas que reduzan a desigualdade, a incerteza e a exclusión social— e migracións —novo marco legal que ordene e de seguridade ao migrante—, todas elas, afirmou o ministro, buscando un amplo consenso.[10]

 
José Luís Escrivá nunha reunión de traballo coa alcaldesa de Madrid Manuela Carmena na súa etapa de presidente da AIReF

Unha das medidas que o ministro propuxo na devandita comisión no relativo á inclusión, foi o deseño dun Ingreso Mínimo Vital (IMV).[11] Esta é, dixo o ministro na súa comparecencia, a política máis relevante que levará a cabo a nova Secretaría Xeral de Obxectivos e Políticas de Inclusión e Previsión Social.[10]

Ingreso Mínimo Vital

editar

Con motivo da pandemia de COVID-19 que afectou con forza a España, aceleráronse os traballos ao redor deste novo ingreso mínimo vital, unha medida apoiada tamén polo socio da coalición gobernamental, Unidas Podemos, a través da Vicepresidencia Segunda de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

O ministro Escrivá, líder do proxecto do ingreso mínimo vital, afirmou en abril de 2020 que se estaban ultimando os últimos flocos, e que o ingreso mínimo —que terá carácter permanente—, ía ser aprobado en maio e beneficiaría a, aproximadamente, 3 millóns de persoas.[12] O IMV, deseñado polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións a través do Instituto Nacional da Seguridade Social e a Secretaría Xeral de Obxectivos e Políticas de Inclusión e Previsión Social, coa colaboración da Axencia Estatal de Administración Tributaria e do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, foi finalmente aprobado polo Consello de Ministros o 29 de maio.[13][14]

Crise de Afganistán

editar
Artigo principal: Caída de Cabul (2021).

Trala caída de Cabul en mans dos talibán, que supuxo a creación de facto do Emirato Islámico de Afganistán, encargóuselle ao Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións establecer un refuxio temporal na Base Aérea de Torrejón de Ardoz para tódolos colaboradores afgáns das Forzas Armadas Españolas durante os case vinte anos de despregamento no devandito país.[15] Neste refuxio, con capacidade para 800 persoas, pasarían como máximo 72 horas, ata que o Ministerio os recolocase en centros de acollida.[16] Ademais, o Presidente do Goberno ofreceu a España como un centro de operacións para xestionar a chegada dos colaboradores da Unión Europea, tamén na mencionada base aérea.[17] As bases de Morón e Rota tamén se estableceron como centros de refuxiados, principalmente para os rescatados por Estados Unidos.[18]

Ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública

editar

O 21 de novembro de 2023 tomou posesión como titular do Ministerio de Transformación Dixital, unha carteira de nova creación que asumiu as competencias dixitais que antes ocupaba o Ministerio de Economía que dirixía Nadia Calviño.[19] Este feito foi interpretado por algúns medios como unha forma de manter a Escrivá á espera de que se resolva a candidatura de Calviño á presidencia do Banco Europeo de Investimentos, o que suporía a súa saída do Goberno e a súa substitución por Escrivá.[20][21][22]

Finalmente, Carlos Cuerpo asumiu a titularidade da carteira de Economía,[23][24] mentres que Escrivá seguía a ser Ministro de Transformación Dixital, aumentando as súas competencias ao asumir a área de Función pública do Ministerio de Facenda.[25][26]

No seu breve mandato á fronte do ministerio -9 meses-, dende este departamento impulsou a posta en marcha da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA), así como a transformación da mesma na Sociedade Española de Transformación Tecnolóxica. (SETT), holding público similar á SEPI pero co obxectivo de agrupar e canalizar todo o investimento estatal en novas tecnoloxías e que parte con 20.000 millóns de € para canalizar as iniciativas.[26][27]Tamén impulsou a creación dun Centro das Industrias Españolas na Rioxa para promover as novas tecnoloxías en castelán e remitiu ao Congreso para a súa aprobación unha nova Lei de Función Pública.[27]

Gobernador Banco de España

editar

O 4 de setembro de 2024, o ministro de Economía comunicou á Comisión de Economía, Comercio e Transformación Dixital do Congreso dos Deputados que o Goberno propuña a Escrivá como novo gobernador do Banco de España, decisión persoal do presidente do Goberno.[28]

Críticas ao nomeamento

editar

A decisión foi duramente criticada polo PP, partido maioritario da oposición, aínda que o Goberno baseouse en que outros cargos públicos como a presidenta do Banco Central Europeo, Christine Lagarde, e o vicepresidente, Luis de Guindos, tamén foron ministros antes de asumir un cargo. posición semellante[28]. Posteriormente, o presidente do Goberno fixo un anuncio oficial ao respecto, enxalzando o currículo, defendendo "que é un dos mellores economistas do país" e a independencia de Escrivá, e anunciando que Óscar López Águeda sería o novo ministro de Transformación Dixital.[29]

Tomou posesión o 6 de setembro de 2024.[30]

Vida persoal

editar

Está casado e ten dous fillos.

Publicacións

editar
  • La demanda de dinero en España: definiciones amplias de liquidez (1991). En colaboración con Juan José Dolado Llobregad, Madrid: Banco de España. ISBN 84-7793-089-9
  • Ecuaciones de demanda para los nuevos agregados monetarios. (1992). En colaboración con Alberto Cabrero e María Teresa Sastre de Miguel, Madrid: Banco de España. ISBN 84-7793-187-9
  • La evolución del control monetario en España (1993). En colaboración con Juan Ayuso Huertas, Madrid: Banco de España, 1993. ISBN 84-7793-256-5
  • El mecanismo de transmisión de tipos de interés en España (1994). En colaboración con A.G. Haldane. Madrid: Banco de España. ISBN 84-7793-299-9
  1. Arcos, José Miguel (4 de setembro de 2024). "José Luis Escrivá, un gobernador para el Banco de España con más de dos décadas de experiencia en banca". eleconomista.es (en castelán). Consultado o 6 de setembro de 2024. 
  2. Jiménez, Santiago Millán Alonso, Marimar (2023-11-20). "Escrivá dirigirá el nuevo Ministerio de Transformación Digital, en plena ebullición de las telecos". Cinco Días (en castelán). Consultado o 2023-11-25. 
  3. Cortizo, Gonzalo; Olías, Laura; Ponce de León, Rodrigo. "José Luis Escrivá, nuevo ministro de Seguridad Social, Inclusión y Migraciones". eldiario.es (en castelán). Consultado o 16 de enero de 2020. 
  4. "José Luis Escrivá nuevo responsable de la autoridad fiscal europea. Noticias de Economía". El Confidencial. 24 de septiembre de 2015. Consultado o 21 de noviembre de 2017. 
  5. "José Luis Escrivá, reelegido presidente de la Red de Instituciones Fiscales Independientes de la UE". ABC. EP. 8 de noviembre de 2017. Consultado o 21 de noviembre de 2017. 
  6. "Así funciona la Autoridad Fiscal más poderosa del mundo". ABC (en castelán). 15 de julio de 2017. Consultado o 21 de noviembre de 2017. 
  7. www.glswebdesign.com), GLS WEB Design (www gls sk, www gls hu, www gls cz. "European Union Independent Fiscal Institutions: New Network leadership takes over" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2020. Consultado o 16 de enero de 2020. 
  8. Sánchez, Rosa María (10 de enero de 2020). "José Luis Escrivá Belmonte, un independiente que llega desde la AIReF | Perfil" (en castelán). Consultado o 11 de enero de 2020. 
  9. 9,0 9,1 "Real Decreto 8/2020, de 12 de enero, por el que se nombran Ministros del Gobierno.". Consultado o 16 de abril de 2020. 
  10. 10,0 10,1 10,2 Congreso dos Deputados (27 de febrero de 2020). "Diario de Sesiones del Congreso de los Diputados - Comisión de Trabajo, Inclusión, Seguridad Social y Migraciones." (PDF). 
  11. elEconomista.es. "Escrivá promete un ingreso mínimo vital para esta legislatura: así será la nueva renta de inserción - elEconomista.es" (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2020. 
  12. Cortés, Raquel Pascual (16 de abril de 2020). "El Gobierno ultima el ingreso mínimo vital para tres millones de personas" (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2020. 
  13. "Real Decreto-ley 20/2020, de 29 de mayo, por el que se establece el ingreso mínimo vital.". Consultado o 6 de junio de 2020. 
  14. DÍAS, CINCO (29 de mayo de 2020). "El Gobierno aprueba el Ingreso Mínimo Vital para cerca de 850.000 hogares" (en castelán). Consultado o 6 de junio de 2020. 
  15. "Los afganos repatriados estarán un máximo de 72 horas en un campamento en Torrejón y se distribuirán por toda España". Consultado o 2021-08-26. 
  16. L., A. (19 de agosto de 2021). "Escrivá cifra en 800 la lista de afganos listos para ser evacuados y acogidos en la infraestructura de Torrejón de Ardoz". 20minutos.es (en castelán). Consultado o 18 de setembro de 2021. 
  17. H, Bruselas Creada 26-08-2021 | 03:04 H/Última actualización 26-08-2021 | 10:36 (2021-08-26). "España, el «hub» europeo de los refugiados afganos" (en castelán). Consultado o 2021-08-26. 
  18. Cañas, Eva Saiz, Jesús A. (2021-08-25). "Comida halal, carpas y ropa para niños y adultos: las bases de Morón y Rota se preparan para la llegada de refugiados afganos evacuados por EE UU" (en castelán). Consultado o 2021-08-26. 
  19. Pascual Cortés, Raquel (20 de novembro de 2023). "José Luis Escrivá deja las pensiones para pilotar la transformación digital". elpais.com (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2024. 
  20. Lemos, Gabriel (20 de novembro de 2023). "José Luis Escrivá corre la banda para sustituir a Calviño tras sobrevivir a dos reformas de las pensiones". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2024. 
  21. Benedito, Inma; Aguiar, Alberto R. (28 de novembro de 2023). "¿Qué hace un ministro como tú en un ministerio como este? La 'transición' de Escrivá al frente de Transformación Digital". businessinsider.es (en castelán). 
  22. De Antonio, Javier (21 de novembro de 2023). "Escrivá, en el «juego de la silla» a la espera de sustituir a Calviño en la cartera económica". larazon.es (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2023. 
  23. Cadenas, Julia F. (29 de decembro de 2023). "Quién es Carlos Cuerpo, el nuevo ministro de Economía, Comercio y Empresa que sustituye a Nadia Calviño". newtral.es (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2024. 
  24. Redacción (29 de decembro de 2023). "Quién es Carlos Cuerpo, el nuevo rostro al frente del Ministerio de Economía, Comercio y Empresa". cadenaser.com (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2024. [Ligazón morta]
  25. Redacción (29 de decembro de 2023). "José Luis Escrivá asume en su Ministerio la Secretaría de Estado de Función Pública". ondacero.es (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2024. 
  26. 26,0 26,1 Viñas, Sandra (3 de setembro de 2024). "El año en que Escrivá lideró la transformación digital en España: del impulso de la IA a la creación de la SETT". elespanol.com (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2024. 
  27. 27,0 27,1 L., M. (16 de xullo de 2024). "Escrivá encarrila la Ley de Función Pública y la 'SEPI digital' antes de su posible salto al BdE". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2024. 
  28. 28,0 28,1 Segovia, Carlos (4 de setembro de 2024). "Carlos Cuerpo pide apoyo parlamentario para Escrivá y alega que "Guindos y Lagarde también fueron antes ministros"". elmundo.es (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2024. 
  29. Redacción (4 de setembro de 2024). "Sánchez defiende a Escrivá al frente del Banco de España: "Es uno de los mejores economistas del país"". rtve.es (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2024. 
  30. "Real Decreto 891/2024, de 5 de septiembre, por el que se nombra Gobernador del Banco de España a don José Luis Escrivá Belmonte.". boe.es (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2024. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar