José Antela

político galego

José Antela Conde, nado en Teis (no daquela concello de Lavadores) en 1900 e finado en Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un camareiro e político socialista galego. Foi alcalde do concello de Lavadores durante a Segunda República, executado vítima da represión dos sublevados na Guerra Civil.[1][2][3]

Modelo:BiografíaJosé Antela
Nome orixinal(es) José Antela Conde Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1900 Editar o valor en Wikidata
Teis, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (35/36 anos)
Cemiterio de Pereiró, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Lavadores
1936 – 1936
Alcalde de Lavadores
1931 – 1934
← Ramón Quintela Pérez Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, panadeiro Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 1179

Traxectoria

editar

Panadeiro de profesión, foi presidente de varios sindicatos afíns á UGT, militante do PSOE e líder do Subcomité de Lavadores. Grazas a nunha alianza cos agrario-socialistas de Teis converteuse no primeiro alcalde republicano de Lavadores. Foi destituído polo gobernador civil o 12 de setembro de 1934,[4] e despois da vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi reposto no cargo.

Cando se produciu o golpe de estado de xullo de 1936 que deu lugar á Guerra Civil, o día 20 en Vigo, á vez que se lía o bando de guerra na Porta do Sol, foron asasinados quince veciños que increparon aos militares sublevados. A partir dese momento e até o día 23, en Vigo e outras localidades próximas, incluíndo Lavadores, mantívose certa resistencia aos golpistas por parte de membros das forzas integrantes do Fronte Popular e sindicalistas da UXT, CNT, así como da FAI. Fracasada a resistencia, moitos dirixentes obreiros, líderes políticos e veciños sen ningunha adscrición foron detidos. José Antela, no entanto, presentouse voluntario, acompañado do cura de Mos e un oficial do exército ante un xuíz de Vigo cando se decatou de que era reclamado pola xustiza. Foi xulgado nun consello de guerra o 22 de agosto, condenado á morte por traizón e á pena accesoria de multa dun millón de pesetas. Foi executado no Cemiterio de Pereiró cinco días despois, xunto ao alcalde de Vigo, Emilio Martínez Garrido, o presidente da agrupación socialista de Vigo, Apolinar Torres, Ramón González Brunet, Waldo Gil Santóstegui, Manuel Rey Gómez e os deputados e ex-deputados socialistas Ignacio Seoane, Enrique Heraclio Botana Pérez e Antonio Bilbatúa Zubeldía. O seu irmán, Luís Antela, tamén residente en Lavadores, foi asasinado nunha saca.

Recoñecemento

editar

Unha rúa no Concello de Vigo leva o seu nome.


Predecesor:
Ramón Quintela Pérez
  
Alcalde de Lavadores
 
1931 - 1934
Sucesor:
Ángel Rodríguez Álvarez
Predecesor:
Ángel Rodríguez Álvarez
  
Alcalde de Lavadores
 
1936
Sucesor:
?
  1. Briallos, Antón (2003). "Vigo 1936. La contribución libertaria a la resistencia contra el alzamiento militar de 1936 en Vigo" (PDF). A Coruña: Ateneo Libertario Ricardo Mella. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de xaneiro de 2012. Consultado o 14 de xullo de 2011. 
  2. Entrada Arquivado 04 de marzo de 2012 en Wayback Machine., no Dicionario biográfico del socialismo español
  3. Entrada de Apolinar Torres Arquivado 03 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., no Diccionario biográfico del socialismo español.
  4. El Pueblo Gallego, 13-9-1934, p. 1.