Jerónimo Saavedra

(Redirección desde «Jerónimo Saavedra Acevedo»)

Jerónimo Saavedra Acevedo, nado nas Palmas de Gran Canaria o 3 de xullo de 1936 e finado na mesma cidade o 21 de novembro de 2023, foi un político socialista canario. Foi presidente do goberno das Canarias de 1983 a 1987 e de 1991 a 1993, así como ministro de Administracións Públicas (1993-1995) e ministro de Educación e Ciencia (1995-1996) de España. Entre 2007 e 2011, coa vitoria nos comicios municipais por maioría absoluta, foi alcalde de Las Palmas de Gran Canaria.

Modelo:BiografíaJerónimo Saavedra

(1992) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Jerónimo Saavedra Acevedo Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xullo de 1936 Editar o valor en Wikidata
As Palmas de Gran Canaria (Segunda República Española) Editar o valor en Wikidata
Morte21 de novembro de 2023 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
As Palmas de Gran Canaria, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
20 de marzo de 1996 – 6 de xullo de 1999 – Lucía Sebastiana Ruiz Saavedra →

Circunscrición electoral: As Palmas

Ministro de Educación e Formación Profesional
3 de xullo de 1995 – 5 de maio de 1996
← Gustavo Suárez PertierraEsperanza Aguirre →
Presidente das Canarias
25 de xullo de 1991 – 6 de abril de 1993
← Lorenzo Olarte Cullén (pt) TraducirManuel Hermoso Rojas (pt) Traducir →
Presidente das Canarias
13 de xaneiro de 1983 – 3 de agosto de 1987 – Fernando Fernández Martín →
Deputado no Congreso dos Deputados
10 de novembro de 1982 – 26 de maio de 1983 – Juan Alfonso Pérez →

Circunscrición electoral: As Palmas

Deputado no Congreso dos Deputados
15 de marzo de 1979 – 31 de agosto de 1982

Circunscrición electoral: As Palmas

Deputado no Congreso dos Deputados
8 de xullo de 1977 – 2 de xaneiro de 1979

Circunscrición electoral: As Palmas

Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid (–1958)
Universidade de Florencia
Universidade de Colonia
Universidade de Trieste (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, sindicalista, académico, avogado Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español (1972–2011) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
18 de agosto de 2020En defensa do reinado de Xoán Carlos I Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1078707

Saavedra era doutor en Dereito e diplomado en Administración de Empresas pola Escola de Organización Industrial.

Historia política

editar

En 1972 comezou a militar no Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e na Unión Xeral de Traballadores (UGT). Foi elixido en 1977 Secretario Xeral do Partido Socialista Canario (PSC-PSOE) e entre 1976 e 1983 membro do Comité Executivo da UGT. Foi deputado polo PSOE pola provincia das Palmas nas primeiras Cortes Constituíntes (1977), e volveu ser elixido deputado nas eleccións xerais de 1979, 1982 e 1989.

Foi Presidente do Goberno das Canarias de 1983 a 1987 e de 1991 a 1993.

Ministro de Administracións públicas (1993-1995) e Ministro de Educación e Ciencia durante a última lexislatura de Felipe González Márquez como presidente do goberno (1995-1996).

Senador en 1996 e de 1999 a 2003.

No ano 2000 revelou que era homosexual no prólogo do libro "Outing en España".

Presentouse á alcaldía de Las Palmas de Gran Canaria nas eleccións municipais do 27 de maio de 2007 polo Partido Socialista Canario (PSC-PSOE), nas que obtivo maioría absoluta.[1] Foi investido alcalde o 16 de xuño de 2007.

Cargos desempeñados

editar
  • Deputado por Las Palmas no Congreso dos Deputados. (1977-1983)
  • Secretario xeral do PSC-PSOE. (1977-1997)
  • Presidente do Goberno das Canarias (1982-1987; 1991-1993)
  • Deputado por Las Palmas no Parlamento das Canarias. (1983-1993)
  • Ministro de Administracións Públicas. (1993-1995)
  • Ministro de Educación e Ciencia. (1995-1996)
  • Deputado por Las Palmas no Parlamento das Canarias. (1996-1999)
  • Senador designado polo Parlamento das Canarias. (1999-2003)
  • Alcalde de Las Palmas de Gran Canaria. (2007-2011)
  • Portavoz do PSOE no Concello de Las Palmas de Gran Canaria. (2011)
  • Deputado do Común das Canarias (2011- )
  1. Canarias 7, ed. (28-05-2007). "Jerónimo Saavedra, nuevo alcalde de Las Palmas de Gran Canaria". Arquivado dende o orixinal o 27-09-2007. Consultado o 12-12-2012. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Ninguén
 
Secretario xeral do PSOE de Canarias

19771997
Sucesor:
Juan Carlos Alemán
Predecesor:
Ninguén
 
Presidente do Goberno de Canarias

19831987
Sucesor:
Fernando Fernández Martín
Predecesor:
Lorenzo Olarte Cullén
 
Presidente do Goberno de Canarias

1991-1993
Sucesor:
Manuel Hermoso
Predecesor:
Juan Manuel Eguiagaray Ucelay
 
Ministro de Administracións Públicas de España

19931995
Sucesor:
Joan Lerma
Predecesor:
Gustavo Suárez Pertierra
 
Ministro de Educación e Ciencia de España

19951996
Sucesor:
Esperanza Aguirre
Predecesor:
Josefa Luzardo Romano
 
Alcalde de Las Palmas de Gran Canaria

20072011
Sucesor:
Juan José Cardona