Jacksonville, Florida
Jacksonville é unha cidade estadounidense localizada no condado de Duval, Florida. Segundo o censo do 2007 ten 805.605 habitantes, o que a converte na cidade máis poboada de Florida e a duodécima dos Estados Unidos. O seu nome provén do primeiro gobernador territorial de Florida e sétimo presidente dos Estados Unidos, Andrew Jackson.
Lema | «Where Florida Begins» | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Andrew Jackson | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Florida | ||||
Condado | Condado de Duval (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 949.611 (2020) (419,2 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 348.809 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Jacksonville metropolitan area (en) (Poboación:1.605.848) | ||||
Superficie | 2.265,297842 km² | ||||
Auga | 14,592 % (1 de abril de 2010) | ||||
Bañado por | St. Johns River (en) | ||||
Altitude | 11 m | ||||
Creación | 1791 | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Jacksonville, Florida (en) | Donna Deegan (pt) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32099, 32201–32212, 32214–32241, 32244–32247, 32250, 32254–32260, 32266, 32267, 32277, 32290 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 904 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | jacksonville.gov | ||||
Historia
editarA área ocupada pola actual cidade estivo orixinariamente habitada polo pobo Timucua, ata que no 1564 pasou a formar parte da colonia francesa de Fort Caroline, un dos primeiros asentamentos europeos no que hoxe son os Estados Unidos continentais. Máis tarde foi ocupada polos británicos que lle deron o nome de Cowford (Vao das Vacas) a partir do nome indíxena Wacca Pilatka. No 1822, un ano despois de que os Estados Unidos adquirisen Florida a España, foi renomeada coa súa denominación actual, Jacksonville.
As melloras no seu porto efectuadas dende o século XIX fixeron de Jacksonville un importante porto civil e militar, existindo actualmente dúas bases da Armada dos Estados Unidos.
Irmandamentos
editarJacksonville está irmandada coas seguintes cidades: