Ivo de Kermartin

relixioso bretón

Santo Ivo de Kermartin (en francés: Yves Hélory de Kermartin, e bretón: Erwan Helouri a Gervarzhin), nado en Kermartin o 17 de outubro de 1253 e finado en Louannec o 19 de maio de 1303, foi un santo bretón, e patrón dos avogados e dos nenos abandonados na Bretaña (independente neses tempos) cando reinaba o duque Xoán I da Bretaña. Santo Ivo é tamén o santo patrón da Bretaña. A súa festa celébrase o 19 de maio.

Modelo:BiografíaIvo de Kermartin

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Yves Hélory de Kermartin Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de outubro de 1253 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Q123530155 Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte19 de maio de 1303 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Minihy-Tréguier, Francia Editar o valor en Wikidata
Vigário judicial (pt) Traducir Tréguier
1284 –
Vigário judicial (pt) Traducir arcediago, Rennes
1280 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónOld University of Orléans (en) Traducir
University of Orléans (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresbítero, avogado, xuíz Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaTerceira orde de San Francisco Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa19 de maio Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
The Nuttall Encyclopædia >>>:Yves Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1185159
Santo Ivo de Kermartin

Traxectoria

editar

Naceu nunha aldea próxima a Tréguier. Era fillo de Helori, señor de Kermartin, e Azo de Kenquis. En 1267 Ivo foi enviado á Universidade de París, onde se graduou en Dereito. De París pasou a Orleáns en 1277 para estudar Dereito canónico. Ao seu retorno á Bretaña e recibindo as ordes menores foi designado "oficial", o título dado a un xuíz eclesiástico, do archidecanato de Rennes (1280); mentres tanto estudou as Sacras Escrituras, e hai fortes razóns para crer que algún tempo despois uniuse á Terceira orde de San Francisco en Guingamp.

Foi convidado do Bispo de Tréguier para pasar a ser o seu oficial, aceptando o ofrecemento en 1284. Mostrou gran celo e rectitude no desempeño dos seus deberes e non desistiu na resistencia á inxusta fiscalidade do rei, que consideraba unha violación dos dereitos da Santa Igrexa. Pola súa caridade, gañouse pronto o título de avogado dos pobres. Sendo xa ordenado foi designado á parroquia de Tredrez no ano 1285 e oito anos máis tarde a Louannec, onde faleceu de morte natural, tras unha vida de traballo duro e constante xaxún.[1]

Veneración

editar
 
As reliquias de san Ivo e san Tugdual nunha procesión atravesando as portas da Catedral de Tréguier en 2005. No relicario, a caveira de santo Ivo.

Foi enterrado en Tréguier, e foi canonizado en xuño de 1347 por Clemente VI, a súa festa segue sendo celebrada o 19 de maio.[1] É un dos considerados patróns dos avogados. Na súa tumba foi inscrito en latín:

SANCTVS IVO ERAT BRITO/ ADVOCATUS ET NON LATRO/ RES MIRANDA POPULO.

A súa tradución aproximada é: "Santo Ivo era bretón/ Avogado e non ladrón/ Marabilla para o pobo". A tradución literal, é un chascarrillo que se refire ao feito de que naquela época os avogados tiñan fama de ladróns. A Igrexa de Sant'Ivo alla Sapienza en Roma está dedicada a el. Poeticamente coñéceselle como "o avogado dos pobres".

Iconografía

editar

Adóitaselle representar cunha bolsa na súa man dereita (representando o diñeiro que repartiu entre os pobres en vida) e un rolo de papel na outra polo seu cargo de xuíz. Outra representación bastante común é a que lle mostra entre un home rico e un pobre.

  1. 1,0 1,1 MacErlean, Andrew.