Isabel Rodríguez García
Isabel Rodríguez García, nada en Abenójar, provincia de Cidade Real, o 5 de xuño de 1981,[1] é unha avogada e política española, deputada no Congreso dos Deputados polo PSOE e que dende xullo de 2017, presidiu a Comisión de Xustiza. En xullo de 2021, foi nomeada ministra de Política Territorial por Pedro Sánchez e, tamén, voceira do seu goberno. En novembro de 2023 foi nomeada ministra de Vivenda e Axenda Urbana.
(2020) | |
Nome orixinal | (es) Isabel Rodríguez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 5 de xuño de 1981 (43 anos) Abenójar, España (pt) |
Q123492606 | |
21 de novembro de 2023 – ← Raquel Sánchez Nomeado por: Pedro Sánchez | |
Minister for Territorial Policy (en) | |
12 de xullo de 2021 – 20 de novembro de 2023 ← Miquel Iceta – Angel Victor Torres Perez → Nomeado por: Pedro Sánchez | |
Voceiro do Goberno de España | |
12 de xullo de 2021 – 20 de novembro de 2023 ← María Jesús Montero – Pilar Alegría → Nomeado por: Pedro Sánchez | |
Alcaldesa de Puertollano | |
15 de xuño de 2019 – 11 de xullo de 2021 ← María Teresa Fernández Molina (pt) | |
Puertollano municipal councillor (en) | |
15 de xuño de 2019 – | |
Deputada de España | |
12 de xullo de 2016 – Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Ciudad Real Electa en: Eleccións xerais de España de 2016 | |
Deputada de España | |
7 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Ciudad Real Electa en: Eleccións xerais de España de 2015 | |
Deputada de España | |
5 de decembro de 2011 – 13 de xaneiro de 2016 Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Ciudad Real Electa en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
Senadora de España | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Castela-A Mancha |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | política |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Traxectoria
editarEstudou Dereito na Universidade de Castela-A Mancha, obtendo o título en 2004. Foi secretaria xeral da Comisión Executiva Provincial de Cidade Real.
Nas eleccións de 2004, gañou un escano no Senado por Cidade Real, nas filas do PSOE, converténdose na senadora máis nova da historia de España.[2][3] Na cámara alta ocupou os cargos de viceportavoz da Comisión de Xustiza e membro da Comisión de Defensa. Os seus relatorios foron o Anteproxecto de lei sobre o acceso ás profesións de avogado e fiscal e a Proposta de lei sobre igualdade de homes e mulleres na orde de sucesión dos títulos de nobreza. Tamén participou na Proposta de lei orgánica para modificar a lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, para perseguir, extraterritorialmente, a práctica da mutilación xenital feminina.
En xuño de 2007, deixou o seu posto no Senado para ocupar o posto de directora xeral de Xuventude na Xunta Comunitaria de Castela-A Mancha.[3] Un ano despois, no Congreso rexional do PSOE de Castela-A Mancha en xullo de 2008, foi elixida secretaria de Comunicación e portavoz do PSOE rexional. O 1 de setembro de 2008 foi nomeada voceira do goberno de Castela-A Mancha,cargo que ostentou até 2011.[2][3]
Despois das eleccións de 2011, pasou a formar parte do Congreso dos Deputados como deputada nacional pola provincia de Cidade Real, cargo que foi revalidado nas eleccións de 2015, e nas de abril de 2019 e nas posteriores de novembro do mesmo ano.
Outros cargos que ostentou, nese período, foron:
- Membro do Consello Permanente do 18/08/2016 ao 04/04/2017
- Portavoz substituto da Xunta de Portavoces do 20/06/2017 ao 19/07/2017
- Vicepresidente da Xunta de Portavoces do 02/02/2016 ao 20/06/2017
- Membro da Comisión Constitucional do 12/12/2016 ao 25/09/2017
- Membro da Comisión de Xustiza do 13/09/2016 ao 20/07/2017
- Adscrito á Comisión de Industria, Enerxía e Turismo do 22/09/2016 ao 19/12/2016
- Adscrita á Comisión de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital do 19/12/2016 ao 21/06/2018
- Membro da Comisión de Regulamentos do 12/12/2016 ao 22/08/2017
- Membro da Comisión Mixta de Seguridade Nacional do 16/11/2016 ao 17/07/2017
No 2017, nas primarias celebradas en maio polo PSOE, para escoller nova dirección, apoiou a Susana Díaz quen, finalmente, foi derrotada por Pedro Sánchez.[4]
En xuño de 2017, pasou a formar parte da nova dirección do PSOE como adscrita á Secretaría Xeral e, un mes despois, en xullo de 2017, foi elixida presidenta da Comisión Nacional de Xustiza, por mor da dimisión de Margarita Robles tras ser nomeada voceira do grupo parlamentario socialista.
En 2019, abandonou o Congreso para presentarse como candidata á alcaldía de Puertollano, e gañala na eleccións municipais de 2019[5] co 44,77% dos votos.[6] Dous anos despois, o 11 de xullo de 2021, houbo de renunciar á alcaldía de Puertollano, ao ser nomeada como Ministra de Política Territorial[7][8] e voceira do Goberno de Pedro Sánchez.[3]
Cargos
editarCargos electos
editar- De marzo de 2004 a xuño de 2007: senadora por Cidade Real
- De novembro de 2011 a maio de 2019: deputada nacional no Congreso dos Deputados por Cidade Real
Cargos gobernamentais
editar- Na Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha:
- De xuño de 2007 a setembro de 2008: Directora Xeral de Xuventude
- De setembro de 2008 a xuño de 2011: voceira do goberno de Castela-A Mancha.
- Do goberno de España:
- Dende xullo de 2021, Ministra de Política Territorial e voceira do goberno.
- Dende novembro de 2023, Ministra de Vivenda e Axenda Urbana.
Cargos orgánicos
editar- De abril de 2005 a agosto de 2008: secretaria xeral das Xuventudes Socialistas de Cidade Real (JSCR)
- De xullo de 2008: secretaria de Comunicación e voceira do PSOE de Castela-A Mancha (PSCLM-PSOE), cargo que xa non exerce.
Notas
editar- ↑ "Isabel Rodríguez García". puertollano.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2021. Consultado o 19 de xullo de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 Vázquez, Ángeles (10 de xullo de 2021). "Isabel Rodríguez, de alcaldesa de Puertollano a nueva portavoz del Gobierno". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 19 de xullo de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Redacción (10 de xullo de 2021). "La alcaldesa de Puertollano, la nueva portavoz del Gobierno de España". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 19 de xullo de 2021.
- ↑ Rodero, Pablo (18 de xullo de 2021). "Pedro Sánchez arrolla a Susana Díaz en las primarias del PSOE". 20minutos.es (en castelán). Consultado o 19 de xullo de 2021.
- ↑ Redacción (10 de xullo de 2021). "La alcaldesa de Puertollano, Isabel Rodríguez, nueva Ministra y Portavoz del Gobierno". ondacero.es (en castelán). Consultado o 19 de xullo de 2021.
- ↑ "26M - Municipales 2019 / Castilla la Mancha / Ciudad Real / Puertollano". rtve.es (en castelán). Consultado o 19 de xullo de 2021.
- ↑ González, Germán (11 de xullo de 2021). "Diana Morant, Isabel Rodríguez y Raquel Sánchez renuncian como alcaldesas y prometen "dejarse la piel" en el Gobierno". elmundo.es (en castelán). Consultado o 19 de xullo de 2021.
- ↑ Redacción (11 de xullo de 2021). "Isabel Rodríguez se despide de Puertollano para "servir a España" desde el Gobierno". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 19 de xullo de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Isabel Rodríguez García |
Ligazóns externas
editar- Ficha na X Lexislatura no Congreso dos Deputados
- Ficha na XI Lexislatura no Congreso dos Deputados
- Ficha na XII Lexislatura no Congreso dos Deputados
- Ficha no Senado