Isaac Rosenberg, nado en Bristol o 25 de novembro de 1890 e finado no Somme o 1 de abril de 1918, foi un escritor e pintor inglés, considerado un dos máis importantes dos poetas da Gran guerra. Morreu na fronte francesa na ofensiva do Somme, uns meses antes do final da guerra.

Modelo:BiografíaIsaac Rosenberg

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de novembro de 1890 Editar o valor en Wikidata
Bristol, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte3 de abril de 1918 Editar o valor en Wikidata (27 anos)
Arras, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBailleul Road East Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónSlade School of Fine Art (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, pintor, escritor Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Británico Editar o valor en Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1760561 Musicbrainz: 74330faa-43e1-4add-b1ec-96b82775c182 IMSLP: Category:Rosenberg,_Isaac Find a Grave: 6369 Editar o valor en Wikidata

Biografía

editar

Xuventude

editar

Naceu en Bristol, sendo o segundo dos seis fillos de Barnett e Hacha Rosenberg, xudeus ortodoxos de orixe rusa de Dvinsk (agora en Letonia). En 1897 a familia mudouse a un barrio pobre do East End de Londres, cunha forte presenza da comunidade xudía.[1]

 
Isaac Rosemberg, manuscrito do poema Spring (Primavera), 1917

Isaac asistiu á escola primaria de St. Paul's Whitechapel, até que a súa familia se trasladou a Stepney en 1900. Alí comezou a asistir á escola xudía de Baker Street, pero aos catorce anos abandonou a escola para converterse en aprendiz nun estudo de gravador en Fleet Street.[1] Interesado dende moi novo na poesía e na arte visual, comezou a asistir a cursos nocturnos na escola de arte 'Birkbeck College'. Rematou a súa aprendizaxe en 1911 e, tras gañar o diñeiro necesario grazas á xenerosidade dos seus amigos, comezou a asistir á 'Slade School of Fine Art' da University College London (UCL).[2]

Durante a súa etapa na Slade School, Rosenberg tivo como amigos e compañeiros de estudos, entre outros, a David Bomberg, Mark Gertler, Stanley Spencer, Paul Nash, Edward Wadsworth, Dora Carrington e Christopher RW Nevinson. Baixo a dirección de Laurence Binyon e Edward Marsh Isaac comezou a escribir poesía en serio[1] e en 1912 publicou unha primeira colección de dez poemas, Night and Day. En 1914 tamén expuxo algúns dos seus cadros na Whitechapel Art Gallery. No mesmo 1914, para tentar curar a bronquite crónica que padecía e evitar en todo caso unha deterioración da súa xa precaria saúde, Rosenberg decidiu trasladarse ao clima máis cálido de Cidade do Cabo en Suráfrica, onde vivía a súa irmá Mina.[1]

Estando en Cidade do Cabo escribiu algúns poemas sobre a guerra que comezara. Mentres outros poetas glorificaban a guerra como un sacrificio patriótico, Rosenberg foi moi crítico nas súas composicións. Non obstante, principalmente para axudar a manter a súa nai, volveu a Inglaterra en outubro de 1915, cando publicou a súa segunda colección de poemas, Youth ('Xuventude').

Primeira guerra mundial

editar
 
Isaac Rosenberg en uniforme do exército británico en 1917

A pesar de ser un firme pacifista, Rosenberg decidiu unirse ao exército británico, non por patriotismo, senón "por pobreza". Rosenberg foi asignado primeiro Rexemento de Suffolk e posteriormente trasladado ao King's Own (Rexemento Real Lancaster). En xuño de 1916 foi enviado co seu batallón a loitar na fronte occidental en Francia. Durante a guerra continuou escribindo poesía mentres servía nas trincheiras, incluíndo Break of Day in the Trenches, Returning we Hear the Larks e Dead Man's Dump.

A súa participación na guerra foi para el unha experiencia terríbel. Sentiuse obrigado a escribir sobre ela e todos os seus poemas desa época están marcados por tons apocalípticos. Foi asasinado na madrugada do 1 de abril de 1918, probabelmente por man dun francotirador en Fampoux, ao nordeste de Arras. Foi enterrado nunha fosa común, pero en 1926 os seus restos foron identificados e enterrados no cemiterio de Bailleul Road East, Saint-Laurent-Blangy, Paso de Calais, Francia. [3]

Legado artístico

editar
 
Placa en memoria de Isaac Rosenberg na fachada da biblioteca de Whitechapel

Todos os seus poemas foron recollidos no volume póstumo Collected works, publicado en 1937.

Os seus autorretratos gárdanse na National Portrait Gallery[4] e na Tate Britain.[5]

Fóra da biblioteca da Whitechapel hai unha placa que conmemora a Rosenberg.[6]

Rosenberg tamén está entre os dezaseis poetas da Primeira guerra mundial conmemorados nunha pedra de lousa colocada o 11 de novembro de 1985 no Poets' Corner na abadía de Westminster.[7]

Paul Fussell, no seu ensaio The Great War and Modern Memory', considerado o maior estudo de referencia para a literatura inglesa da Primeira guerra mundial, identifica o Break of Day in the Trenches de Rosenberg como "o poema máis grande da guerra" [8]


I am determined that this war, with all it's powers for devastation, shall not master my poeting – that is, if I am lucky enough to come through it, all right
Isaac Rosenberg[9]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Wilson, Jean Moorcroft (2003-11-08). "Jean Moorcroft Wilson on Isaac Rosenberg". the Guardian (en inglés). Consultado o 2022-06-03. 
  2. "Who was Isaac Rosenberg?". Evening Standard (en inglés). 2012-04-05. Consultado o 2022-06-03. 
  3. Rosenberg, Isaac, 1º Battaglione, (Royal Lancaster Regiment), Commonwealth War Graves Commission: "Figlio di Barnet e Annie Rosenberg, di 87, Dempsey St., Stepney, Londra. Nato a Bristol. Notizie aggiuntive: alcuni critici del tempo consideravano Rosenberg il migliore dei poeti di guerra dopo Wilfred Owen"
  4. "Isaac Rosenberg - National Portrait Gallery". www.npg.org.uk (en inglés). Consultado o 2022-06-03. 
  5. Tate. "‘Self-Portrait’, Isaac Rosenberg, 1911". Tate (en inglés). Consultado o 2022-06-03. 
  6. "A soldier from another war", articolo del 4 dicembre 1987
  7. "Poets". net.lib.byu.edu. Consultado o 2022-06-03. 
  8. Fussell, Paul. Il Mulino ; Bologna, 1984, ed. ""La Grande Guerra e la memoria moderna"" (PDF). online.scuola.zanichelli.it ; Storiografia; (en italiano). Consultado o 4-6-2022. 
  9. "Sono convinto che questa guerra, con tutta la sua potenza di devastazione, non si impadronirà della mia poetica - cioè, se sarò abbastanza fortunato di venirne fuori, tutto bene" (In una lettera di Isaac Rosenberg a Laurence Binyon, Autunno 1916)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Geoff Akers - Beating for Light: The Story of Isaac Rosenberg (2006)
  • Jean Moorcroft Wilson - Isaac Rosenberg, poet and painter (1975)
  • Word and Image VI. Isaac Rosenberg 1890-1918, (National Book League, 1975)
  • Jean Liddiard - Isaac Rosenberg; the Half Used Life (1975)
  • J. Cohen - Journey to the Trenches: The Life of Isaac Rosenberg 1890-1918 (1975)
  • Deborah Maccoby - God Made Blind: The Life and Work of Isaac Rosenberg, (1999 Symposium Press)
  • Harold Finch - The Tower Hamlets Connection - a Biographical Guide, (Stepney Books)
  • Six Poets of the Great War: Wilfred Owen, Siegfried Sassoon, Isaac Rosenberg, Richard Aldington, Edmund Blunden, Edward Thomas, Rupert Brooke and Many Others. (a cura di Adrian Barlow) Cambridge University Press, 1995
  • Isaac Rosenberg - Selected Poems and Letters ed. Jean Liddiard (Enitharmon, 2003)
  • Jon Stallworthy, ‘Rosenberg, Isaac (1890–1918)', Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, 2004

Ligazóns externas

editar