Ion Antonescu
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2021.) |
Ion Victor Antonescu, nado o 14 de xuño de 1882 en Piteşti e finado o 1 de xuño de 1946 en Jilava, foi o primeiro ministro e conducător de Romanía do 4 de setembro de 1940 ó 23 de agosto de 1944.
Traxectoria
editarNa primeira guerra mundial foi o axudante do xefe do exército romanés Constantin Preza, e foi o arquitecto da defensa de Moldova fronte ós alemáns que xa conquistaran o resto do país. Recibiu condecoracións militares durante esta guerra e durante a segunda guerra balcánica, onde gañou o alcume Câinele roşu (can vermello).
De 1922 a 1926, foi o agregado militar en Francia e o Reino Unido de Romanía. Ó seu regreso, dirixiu a Şcoala Superioară de Război (Escola Superior de Guerra), foi Xefe do Estado Maior entre 1933 e 1934 e ministro de defensa entre 1937 e 1938. En 1940, o rei Carol II o nomea Primeiro Ministro, ós dous días obrigou ó rei a traspasarlle os poderes da xefatura do estado e nomeouse conducator (líder). Máis tarde, a URSS conquista Besarabia e o norte de Bucovina. O 30 de agosto de 1940, Hungría anexionábase a parte norte de Transilvania.
Para recupera-los territorios tomados polos soviéticos, Antonescu fixo un pacto con Alemaña. Tamén, aproximouse ó partido fascista romanés (a Garda de Ferro) e ofreceulles carteiras ministeriais (15 de setembro de 1940). Antonescu quixo logo ter baixo o seu mando á Garda de Aceiro, cuxas actividades antisemitas e paramilitares danaban a autoridade do estado. Ese período foi chamado Estado Nacional-Lexionario (Statul naţional-legionar), pero as esixencias dos fascistas ían a máis e finalmente a Garda sublevouse o 21 de xaneiro de 1941. Antonescu esmagou a rebelión, ilegalizou ó partido fascista e meteu presos ós seus dirixentes.
Romanía participou xunto con Alemaña, Bulgaria e Hungría na operación Barbarroxa. Recuperou os territorios roubados pola URSS e seguiu avanzando en territorio ruso. Capturou Odesa (onde tivo lugar o masacre de Odesa baixo orde de Antonescu). Pero o revés da guerra rematou por elevar as voces disidentes e os partidos tradicionais propuxeron un novo líder (o fillo do rei Carol) e arrestaron a Antonescu.
En maio de 1946, o Tribunal Popular de Bucarest, xa en mans soviéticas, atopouno culpable de crimes contra a paz por colaborar cos nazis. Foi executado o 1 de xuño de 1946.
Entre 280.000 e 380.000 xudeus romaneses foron asasinados en campos de concentración, asasinatos públicos, fame, enfermidades co coñecemento da autoridade executiva dirixida por Ion Antonescu.[cando?] Outras minorías como os ciganos tamén foron represaliadas igual que se fora territorio ocupado polas SS.[Cómpre referencia]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ion Antonescu |