Ingria
Historicamente Ingria (en finés e ingrio Inkeri, en ruso Ижора - Ižora e en sueco Ingermanland) abarca a área existente no sueste e leste do Golfo de Finlandia así como ó longo do río Nevá, o río Narva, e o lago Peipsi no suroeste, o río Volchov no sueste, e o lago Ladoga no nordeste. A fronteira tradicional con Carelia segue o regato Sestra (Siestaryoki en ruso, ou Rayayoki -"Río do Límite"- en finés, Systerbäck en sueco) no noroeste sobre o istmo de Aunis. A extensión aproximada deste territorio é duns 15.000 km².
Ingermanland (sv) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Territorio
editarTrátase dun país baixo, bastante chan, repreto de lagos e lagoas así como tamén (antes de ser moitos deles desecados) pantanos, de clima frío e húmido, naturalmente cuberto dun bosque no cal predominan coníferas, especialmente abetos e nalgunha menor medida caducifolias como as faias e bidueiros.
A Ingria histórica cobre aproximadamente a mesma área que os raions de Kingisepp, Lomonosov, Óblast de Leningrado, Volosovo, Gatchina, Tosno, Kirovsk e Vsevolozhsk en Óblast de Leningrado. No seu territorio estaban as cidades históricas de Schlisselburgo, Xamburgo e Ivangorod e despois de 1703 San Petersburgo, a nova capital rusa da Gobernatura xeral de San Petersburgo.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ingria |