Hipólito Cabezas Martínez
Hipólito Cabezas Martínez máis coñecido coma Polito, nado en Vigo en 1940 e finado o 7 de outubro de 2015, é un exfutbolista galego. Xogaba na demarcación de dianteiro.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 1940 Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 7 de outubro de 2015 (74/75 anos) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Galiza | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarFormado nas categorías inferiores do Celta de Vigo pasou do filial ao primeiro equipo na tempada 1960/61 na Segunda División, porén a causa da súa xuventude foi cedido ao Racing de Ferrol, equipo no que non chegou a debutar en partido oficial.
Non volveu ter peso no primeiro equipo ata a tempada 1962/63, na que foi o máximo anotador do equipo con nove goles, ao igual que o seu compañeiro Abásolo.
Tras deixar o Celta en 1964 volveu ao Racing de Ferrol, pero unha lesión volveu a deixalo sen debutar co equipo departamental. Retirouse do fútbol profesional tras xogar unha tempada no UD Melilla.