Hemisferio
metade da Terra a cada lado do ecuador
Un hemisferio[1] (do latín, e á súa vez do grego; hemi= medio e sphaira= esfera) é cada unha das metades en que un plano que pasa polo o seu centro divide unha esfera.
Na Terra considéranse os hemisferios a partir da Liña do Ecuador. Ao norte, o chamado hemisferio boreal ou hemisferio norte, e ao sur o chamado hemisferio austral ou hemisferio sur.
Tamén, a partir do Meridiano de Greenwich (lonxitude 0º), divídese á Terra nun hemisferio oriental e un hemisferio occidental.
Os mesmos conceptos aplícanse á esfera celeste.
Kiribati é o único país do mundo que está situado nos catro hemisferios cardinais.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hemisferio.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Hemisferios de Magdeburgo, aparello de experimento.