Guareña
Guareña é un municipio de España, na provincia de Badaxoz, Comunidade Autónoma de Estremadura.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Estremadura | ||||
Provincia | Provincia de Badaxoz | ||||
Capital | Guareña (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 6.668 (2023) (23,54 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 283,3 km² | ||||
Altitude | 285 m | ||||
Comparte fronteira con | Oliva de Mérida (pt) Medellín Santa Amalia Valdetorres (pt) Mengabril (pt) Don Benito Mérida Valverde de Mérida San Pedro de Mérida (pt) Cristina Villagonzalo (pt) Manchita (pt) | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Abel gonzalez (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 06470 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 06060 | ||||
Sitio web | guarena.es | ||||
Situación
editarPertence á comarca das Vegas Altas e, eclesiasticamente, á Diocese de Plasencia. Está situada a 83 km da súa capital provincial, Badaxoz, e a 24 km de Mérida, a capital de Estremadura.
Xeografía
editarFisiograficamente distínguense dúas zonas: unha chaira, sobre a metade norte, con depósitos aluviais formando extensas veigas, de arxilas areniscas; e outra de lombas que ocupa a metade sur, con predominio de materiais terciarios (rañas e barros miocenos) e primarios (granitos, xistos arxilosos, silíceas e cuarcitas).
Hidrografía
editarDesde o punto de vista hidrográfico hai que mencionar os cursos de auga dos ríos Guadiana, Búrdalo e Guadámez. Tamén os arroios Guareña, Cristina, San Juan, Margarita, Cabalo etc., aínda que estes permanecen secos durante case todo o ano.
Historia
editarO asentamento poboado de Guareña parece remontarse á época prehistórica, aínda que a orixe concreta do enclave actual resulta difícil de establecer. Atopáronse nas súas inmediacións vestixios da súa existencia na etapa romana e tamén restos visigodos aparecidos a principios de século. Posteriormente foi ocupada polos musulmáns, ata que no século XIII aparece xa coa denominación actual.
O núcleo urbano actual comezou a crecer, alá polo século XIII, ao redor dun primitivo torreón vixía, de cando esta zona foi terra fronteiriza coa dos mouros, antes da Conquista do Val do Guadalquivir por Fernando III o Santo, tendo a consideración de poboado a partir de finais do século XIII (son numerosas as referencias documentais a esta poboación a partir desta data). O crecemento e a fusión, sobre aquel torreón inicial, das aldeas próximas deu orixe ao que sería o centro urbano de Guareña. Os seus poboadores naquelas datas eran de procedencias moi diversas, abundando os orixinarios de terras do norte. Por Guareña pasa o Canellón Real Leonés, un dos canellóns máis importantes para a transhumancia na antigüidade, posible orixe da afluencia de poboadores do norte que baixaban cos seus gandos e posteriormente asentábanse pola zona. O seu nome como tal non aparece ata o século XIII nun privilexio concedido por Afonso X, e no século XV os Reis Católicos concedéronlle o título de Leal, eximíndoa da xurisdición da Orde de Santiago. Máis tarde pasou a depender do Condado de Medellín, e no século XVIII diferentes nobres (Conde dos Corbos, Marqués de Monsalud, Duque do Arco, Marqués de Mondéjar, ...) repartiríanse a maior parte das súas ricas devesas.
Tras a caída do Antigo Réxime, a localidade constitúese en municipio constitucional na rexión de Estremadura. Desde 1834 quedou integrado no Partido xudicial de Don Benito.[1] No censo de 1842 contaba con 1052 fogares e 3026 veciños.[2]
Toponimia
editarSegundo algúns estudosos,[quen?] o nome de Guareña provén de nome de río, como no francés Garonne. A derivación fonética do dobre nn a ñ, o ó acentuado a tónico ditóngase a ue, e quédanos Garueña. O ou de ue sofre unha metátese, convertendo a primeira sílaba en ua, resultando Guareña. No entanto outros opinan que ao estar ligado ao arroio que pasaba polo núcleo urbano, actualmente canalizado, posiblemente a primeira sílaba proveña realmente do termo árabe Guad, que significa río.
Demografía
editarEvolución da poboación de: Guareña desde 1591 ata 1996
| ||||||
1591 | 1787 | 1829 | 1857 | 1962 | 1986 | 1996
|
2.145 | 2.524 | 3.946 | 5.234 | 10.323 | 7.787 | 7.395 |
En 1591 Guareña contaba con 2.145 habitantes, en 1787 alcanzaba os 2.524, chegando aos 3.946 en 1829. O aumento proseguiu e en 1857 alcanzaba os 5.234. En 1962 alcanzaría o seu teito demográfico con 10.323 habitantes. A partir desta data a emigración que afectou a toda a rexión tamén deixou pegada neste municipio aínda que cunha repercusión menor que noutras zonas, en 1986 a poboación era de 7.787 habitantes, segundo o censo de 1996 de 7.395 habitantes e é, no entanto, unha poboación pouco envellecida, aínda que nos últimos anos a taxa de natalidade descendeu. No 2008 tiña 7.365 habitantes (INE).
Clima
editarO clima é de tipo mediterráneo subtropical, con temperaturas medias anuais de 16,6 °C. Os inverno son suaves con temperaturas medias de 8,8 °C, con mínimas absolutas de -4 °C. O verán é seco e caloroso cunha temperatura media estacional de 24,9 °C e máximas de 40-42 °C. As precipitacións medias anuais son de 529,3 mm.
Actividade económica
editarA actividade económica principal é o sector agrario. Este sector experimentou cambios significativos no aproveitamento da superficie, sumando ás terras postas en rega entre 1960 e 1986, as que actualmente se atopan en proceso de parcelación debido á nova canle de rega que percorre a comarca. O réxime de tenencia da terra predominante é a explotación directa (un 76,2 %), seguida polo arrendamento (16,9 %) e a aparcería (6,8 %). A gandería tamén adquire a súa importancia dentro do sector agrario aínda que non na mesma medida que a agricultura. O sector industrial non está moi desenvolvido, aínda que está tendo un crecemento paulatino nos últimos anos.
Monumentos
editarActualmente Guareña constitúe un dos pobos representativos da Baixa Estremadura, no concernente sobre todo á súa organización urbanística e compoñentes formais. En Guareña destaca, xa de lonxe, a súa impresionante igrexa, a Igrexa de Santa María, o seu principal monumento. Tamén resulta de mérito o edificio do Concello. A súa fachada de deseño clasicista está realizada en perpiaños de granito. O seu retablo foi obra do pintor guareñés Don Julián Palencia Cortés, o cal o realizou para o pobo de forma totalmente gratuíta, que plasmou a imaxe dos apóstolos xunto a Xesús Crucificado nel. Foi remocicada en varias ocasións, a última remodelación acabouse en 1995. A obra é do século XVIII, constituíndo un dos mellores exemplos de edificios concellís levantados nesa época na rexión.
A capela de San Gregorio ábrese a unha praza, presentando un atrio de tripla arcada sobre columnas de granito, e espadana flanqueada por cornixamento con volutas barrocas. Perduran aínda os casaróns de labradores dos séculos XVI e XVIII, cos vans enmarcados por sólidas pezas graníticas, e pedras armeiras na fachada.
Notas
editar- ↑ Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, ed. (21 de abril de 1834). Subdivisión en partidos judiciales de la nueva división territorial de la Península e islas adyacentes (en castelán).
- ↑ Municipio Código INE -06-060.Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842