Grassroots
Grassroots (pronunciación en inglés: /ˈgrɑːsruːts/; lit. 'raíz de céspede', fig. 'fundamental', 'de base') é unha forma de asociación, constituída polos membros dunha comunidade. Implica que a creación do movemento e o apoio do grupo é natural e espontáneo, destacando as diferenzas con comunidades promovidas polas estruturas de poder. Un termo similar en galego é asociación de base ou movemento de base[1][2].
Diferentes contextos xeográficos
editarNos Estados Unidos, onde teñen a súa orixe, os movementos Grassroots existen a nivel local, con voluntarios na comunidade que doan o seu tempo para apoiar un partido político local que máis tarde apoiará un partido a nivel nacional. Por exemplo, un movemento deste tipo anima a rexistrar votantes para un partido político determinado.
Termo
editarEn xeral, o termo tradicionalmente empregado en galego para os movementos grassroots é base ou bases[3]. O termo en inglés ten un oposto a Grassroots (herba ou céspede de raíz, figuradamente o que está a ras de chan) que é Astroturfing, termo derivado de AstroTurf, unha popular marca de herba artificial, para sinalar un tipo de propaganda que pretende ser pasada por un movemento de base.
Técnicas
editarOs grassroots organízanse e crean grupos de presión de varias formas:
- Albergando reunións en locais e realizando congresos anuais e/ou xerais
- Colocando carteis e anuncios
- Falando coa xente pola rúa
- Pedindo sinaturas
- Obtendo cartos e donativos para campañas
- Colocando mesas de información polas rúas
- Organizando manifestacións
- Pedindo opinións á poboación que serán tidas en conta despois
- Todas elas, formas variadas de aplicación do concepto "Do It Yourself", co que está relacionado.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Apoio á Comunidade Estratexia para que as tropas americanas volvan á casa. Debra Stein.
- Manual do cidadán Arquivado 25 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. Guía para a organización de Grassroots.
- ↑ "Asociacionismo de base e concellos: unha lectura diacrónica (1964-2005" (PDF). ruc.udc.es. Consultado o 25 de xuño de 2022.
- ↑ "Grassroots: Portuguese translation, meaning, synonyms, antonyms, pronunciation, example sentences, transcription, definition, phrases". en.englishlib.org. Consultado o 2022-06-26.
- ↑ "base". DIGALEGO. Consultado o 2022-06-25.