Gran Mancha Escura de Neptuno
A Gran Mancha Escura de Neptuno (ou Great Dark Spot - GDS-89[1]) era unha mancha escura en Neptuno semellante á Gran Mancha Vermella de Xúpiter. Foi observada por primeira vez pola sonda Voyager 2 da NASA no ano 1989. Coma a mancha de Xúpiter, era unha tormenta anticiclónica. Aínda que o interior da Gran Mancha estaba relativamente libre de nubes.
Características
editarA zona escura, de forma elíptica (cunhas dimensións iniciais de 13,000 × 6,600 km, ou 8,100 × 4,100 mi) era aproximadamente do tamaño da Terra, e en xeral, moi semellante á Gran Mancha Vermella de Xúpiter. Ó redor da Gran Mancha, os ventos fluían por riba dos 2.400 quilómetros (1,500 millas) por hora, os máis rápidos dentro do Sistema Solar.
Pensouse que esta mancha escura podería ser un gran burato dentro da inmensa atmosfera de metano de Neptuno. A gran mancha escura xeraba grandes nubes brancas xusto ou por debaixo da tropopausa[2] moi semellantes ós cirros na Terra. A diferenza dos cirros da Terra, cunhas nubes que están conformadas de pequenos cristais de xeo, nos cirros de Neptuno, estas están compostos de pequenos cristais de metano conxelado, e disólvense a partir das 36 horas ou dúas rotacións do planeta, a diferenza da Terra que o fan en poucas horas. Os indicios fan pensar que as manchas escuras de Neptuno ocorren na troposfera a altitudes máis baixas cás manchas máis brillantes, que terían lugar a latitudes maiores[3]. Coma son estruturas estables que poden persistir meses, pensase que poderían ser estruturas de vórtices[4]. A gran mancha foi observada en diversas ocasións con diversos tamaños e formas.
Desaparición
editarCando no 1994 a mancha ía ser fotografada polo Telescopio Espacial Hubble, esta tiña desaparecido por completo, deixando sen argumentos ós astrónomos que pensaban que esta mancha non ía desaparecer xamais. A persistencia da nubes brancas que acompañan a este tipo de manchas amosa que algunhas manchas escuras que se formaron poden seguir a existir coma ciclóns aínda que xa no se poidan seguir vendo coma manchas escuras. As manchas escuras poderían disiparse cando migran moi preto do ecuador ou por outro mecanismo descoñecido[5].
Suliñar que unha nova e case idéntica mancha emerxeu no hemisferio norte de Neptuno. Esta nova mancha, chamada A Gran Mancha Escura do Norte de Neptuno (Northern Great Dark Spot ou NGDS), foi visible durante varios anos[6].
Notas
editar- ↑ H. B. Hammel; Lockwood, G. W.; Mills, J. R.; Barnet, C. D. (1995). "Hubble Space Telescope Imaging of Neptune's Cloud Structure in 1994". Science 268 (5218): 1740–1742. PMID 17834994. doi:10.1126/science.268.5218.1740.
- ↑ P. W. Stratman; Showman, A. P.; Dowling, T. E.; Sromovsky, L. A. (2001). "EPIC Simulations of Bright Companions to Neptune's Great Dark Spots" (PDF). Icarus 151 (2): 275–285. doi:10.1006/icar.1998.5918. Consultado o 26-02-2008.
- ↑ S. G. Gibbard; de Pater, I.; Roe, H. G.; Martin, S.; Macintosh, B. A.; Max, C. E. (2003). "The altitude of Neptune cloud features from high-spatial-resolution near-infrared spectra" (PDF). Icarus 166 (2): 359–374. doi:10.1016/j.icarus.2003.07.006. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20-02-2012. Consultado o 26-02-2008.
- ↑ C. E. Max; Macintosh, B. A.; Gibbard, S. G.; Gavel, D. T.; Roe, H. G.; de Pater, I.; Ghez, A. M.; Acton, D. S.; Lai, O.; Stomski, P.; Wizinowich, P. L. (2003). "Cloud Structures on Neptune Observed with Keck Telescope Adaptive Optics". The Astronomical Journal, 125 (1): 364–375. doi:10.1086/344943. Consultado o 27-02-2008.
- ↑ L.A. Sromovsky; Fry, P. M.; Dowling, T. E.; Baines, K. H. (2000). "The unusual dynamics of new dark spots on Neptune". Bulletin of the American Astronomical Society 32: 1005. Consultado o 29-02-2008.
- ↑ Neptune