Giro de Italia
O Giro de Italia (Giro d'Italia en italiano) é unha carreira ciclista de tres semanas que ten lugar en Italia. Constitúe, segundo as normativas da UCI ProTour, a segunda carreira ciclista máis importante xunto coa Vuelta a España e tralo Tour de Francia.
Nome oficial | Giro d'Italia (1909–) |
---|---|
Tipo | Grandes Voltas |
Deporte | ciclismo en ruta |
Organizador | RCS MediaGroup (pt) |
Parte de | UCI WorldTour |
Localización e Datas | |
País | Italia |
Vixencia | 1909 – |
Calendario da tempada | maio – xuño |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Datos estatísticos | |
Primeiro gañador | Luigi Ganna |
Máis títulos | Alfredo Binda (5) |
Máis títulos | Fausto Coppi (5) |
Máis títulos | Eddy Merckx (5) |
Outro | |
Páxina web oficial | giroditalia.it |
Historia
editarO Giro iniciouse o 13 de maio de 1909 na cidade de Milán. Este primeiro Giro contou con oito etapas, que sumaban 2448 quilómetros; foi gañado por Luigi Ganna.
Dende entón, vénse celebrando de forma case continua (agás as interrupcións por eventos como a primeira guerra mundial e a segunda guerra mundial. Adoita ter lugar a principios da temporada ciclista, en maio-xuño, converténdose polo tanto na primeira das Grandes Voltas (Tour, Giro e Vuelta) en ter lugar.
As maglias
editarO Giro de Italia, ó igual cás outras Grandes Voltas, distingue cunhas mallas específicas ós corredores que ocupan certos lugares importantes dentro da clasificación:
- Aquel que é primeiro na clasificación xeral recibe a maglia rosa.
- O que ten máis puntos na montaña recibe a maglia azzurra (azul ceo). Antigamente, o vencedor da montaña levaba a maglia verde.
- O que acumula maior cantidade de puntos nos sprints leva a maglia ciclamino (malva).
- O menor de 25 anos que teña mellor tempo na clasificación xeral recibe a maglia bianca. Antigamente, no Giro había unha malla especial para o corredor que gaña o Intergiro (clasificación dos sprints intermedios), moi similar ás metas volantes que tiña a Vuelta a España. Esta recibía o nome de maglia azzurra.
Historial do Giro de Italia
editarEste artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Podios
editarCorredor | Edicións | |||
---|---|---|---|---|
Fausto Coppi | 5 | 2 | 0 | 12 |
Alfredo Binda | 5 | 1 | 0 | 10 |
Eddy Merckx | 5 | 0 | 0 | 7 |
Gino Bartali | 3 | 4 | 0 | 14 |
Felice Gimondi | 3 | 2 | 4 | 14 |
Giovanni Brunero | 3 | 2 | 1 | 8 |
Fiorenzo Magni | 3 | 2 | 1 | 9 |
Bernard Hinault | 3 | 0 | 0 | 3 |