Gerardo Conde Roa
Gerardo Jesús Conde Roa, nado en Padrón o 28 de setembro de 1959, é un avogado, empresario e político conservador galego do PPdeG.
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de setembro de 1959 (65 anos) Padrón, España |
Alcalde de Santiago de Compostela | |
2011 – 16 de abril de 2013 (dimisión) ← Xosé Antonio Sánchez Bugallo – Ángel Currás Fernández → | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
31 de marzo de 2008 – 9 de setembro de 2010 – Ángeles Vázquez Mejuto → Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electo en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Santiago de Compostela |
Ocupación | político, avogado |
Partido político | Alianza Popular Partido Popular |
Traxectoria
editarLicenciado en Dereito, afiliouse a Alianza Popular e posteriormente ao Partido Popular de Galicia. O seu primeiro cargo na política foi o de concelleiro en Santiago, entre 1983 e 1991. Foi candidato á alcaldía en 1987, onde foi derrotado, deputado no Parlamento de Galicia (1987-2000) polo Partido Popular, membro do Consello de Administración de RTVE e o candidato deste partido á alcaldía de Santiago de Compostela de novo nas eleccións de 2007, onde quedou foi o máis votado sen maioría absoluta, polo que non puido gobernar.
Nas eleccións xerais de 2008 foi elixido deputado do PPdeG pola provincia da Coruña. Renunciou en setembro de 2010 e foi substituído por Ángeles Vázquez Mejuto[1].
O 10 de xullo de 2008 gañou o congreso do PP de Santiago cun total de 526 votos sobre 957 totais,[2] co que encabezou a lista local do Partido Popular ás eleccións municipais de 2011. Nos comicios de maio dese ano o seu partido acadou a maioría absoluta na cidade de Compostela, e Conde Roa foi proclamado alcalde.
Polémicas
editarDurante o ano 2008 estivo involucrado en numerosas polémicas relacionadas co non pagamento de tributos municipais arredor da súa condición de promotor inmobiliario a través de Geslander, sociedade da súa titularidade.[3]
O 2 de abril do 2012, o Xulgado de Instrución número 2 de Santiago de Compostela admitiu a trámite unha querela criminal presentada pola fiscalía por un presunto delito contra a Facenda Pública durante a súa etapa como promotor inmobiliario, segundo a cal o alcalde non declarara o IVE de 61 vivendas a través da súa promotora inmobiliaria, Geslander Proyectos de Edificación SL, en 2010. Segundo consta no expediente de Facenda, Conde Roa, administrador único de Geslander Proyectos de Edificación SL, defraudou nesa transacción case 300.000 euros.[4] Dimitiu do posto de alcalde o 16 de abril[5].
Vida persoal
editarFoi membro do grupo católico Opus Dei[6]. Declarou que integraría Compostela na Rede española de cidades pola vida, unha rede antiabortista de tradición católica.[7]
Non sei que imaxe teño, tradicional, contraditoria, excéntrica, distante, populista... Fuxo dos asesores coma do demo. Son como son, cargado de contradicións, tranquilo, aínda que ás veces pareza o contrario, moi inconformista e a única imaxe que me preocupa (se é que se pode falar así) é aquela que de min teña Deus. Para serlle sincero, opino que é manifestamente mellorable, mais creo profundamente no perdón e na misericordia.Conde Roa, na entrevista para El Correo Gallego o 5 de xaneiro de 2011.[8]
Casou e divorciouse. Ten cinco fillos da primeira muller e tres dunha segunda parella[9].
Notas
editar- ↑ A melidense Ángeles Vázquez substituirá no Congreso ao popular Conde Roa
- ↑ "Gerardo Conde Roa se impone por la mínima y acalla a Pillado y Mouriño". abc (en castelán). 2008-07-11. Consultado o 2022-03-09.
- ↑ "Geslander II: el embargo continúa". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2022-03-09.
- ↑ José Precedo e María Pampín (3 de abril de 2012). "Hacienda denuncia al alcalde de Santiago por no pagar el IVA de 61 vivendas". El País.
- ↑ David Lombao (16 de abril de 2013). "A débeda con Facenda destitúe a Conde Roa da alcaldía de Santiago". Praza pública.
- ↑ "Conde Roa, candidato de Feijóo, sigue al frente del PP santiagués". La Opinión A Coruña. 11 de xullo de 2008.
- ↑ Entrevista con Conde Roa Arquivado 20 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine. en Xornal de Galicia o 8 de marzo de 2001.
- ↑ Mi imagen es muy mejorable, pero creo en la misericordia Arquivado 08 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ "Conde Roa se asoma al precipicio". La Voz de Galicia. 15 de abril de 2012.