George Gervin

baloncestista estadounidense

George "The Iceman" Gervin, nado o 27 de abril de 1952 en Detroit, Míchigan, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que desenvolveu a maior parte da súa carreira na National Basketball Association (NBA). Foi seleccionado na terceira rolda do Draft da NBA polos Phoenix Suns en 1974, aínda que non chegou a debutar co equipo de Novo México. Así pois, Gervin desenvolveu principalmente a súa carreira deportiva nos San Antonio Spurs, franquía na que é nove veces All-Star (incluíndo un premio ao mellor xogador do partido en 1980) e catro veces máximo anotar da competición.

Modelo:BiografíaGeorge Gervin

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de abril de 1952 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Detroit, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaDetroit
San Antonio Editar o valor en Wikidata
EducaciónCalifornia State University, Long Beach (en) Traducir (1970–1970)
Eastern Michigan University (en) Traducir (1970–1972)
Martin Luther King High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura201 cm Editar o valor en Wikidata
Peso82 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1972 Editar o valor en Wikidata - 1990 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA, National Basketball Association e American Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoEscolta Editar o valor en Wikidata
Convocado porPhoenix Suns Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Quad City Thunder
Virginia Squires
Pallacanestro Virtus Roma
Bàsquet Manresa
Chicago Bulls
1970–1970 Long Beach State Beach men's basketball
1970–1972 Eastern Michigan Eagles men's basketball
1974–1985 San Antonio Spurs (Escolta, Ala)
Familia
IrmánsDerrick Gervin Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webgeorgegervin44.com Editar o valor en Wikidata

Alén da NBA, participou noutras dúas competicións norteamericanas (a ABA e a CBA) e en dúas ligas europeas (a Lega e a ACB). En 1996 foi votado como uns dos "cincuenta mellores xogadores da historia da NBA" e admitido no Basketball Hall of Fame como xogador. Tamén foi homenaxeado polos San Antonio Spurs sendo retirado o seu dorsal número 44, o cal hoxe pendura no AT&T Center.

Traxectoria

editar

Universidade

editar

Comezou a súa carreira universitaria en Long Beach, mais tras un incidente continuou na Universidade de Eastern Michigan. Neses dous últimos anos, fixo unha media 26,8 puntos e 14,4 rebotes por partido.

 
Gervin.

Foi elixido no draft de 1974 na cuarta elección da terceira rolda por Phoenix Suns, franquía na que nunca chegou a xogar. De feito, a súa carreira profesional comezou dous anos antes, na desaparecida liga ABA, nos Virginia Squires, de onde pasou ao ano seguinte a San Antonio Spurs, equipo que aínda competía na liga do balón tricolor. Con eles deu o salto á NBA, e na súa segunda tempada na devandita liga, conseguiu un dos fitos máis rechamantes desta competición: anotou 63 puntos no último partido da liga regular para así superar a David Thompson como máximo anotador da tempada por tan só 6 centésimas de punto (27,21 puntos por partido polos 27,15 de Thompson). Foi a primeira de tres tempadas consecutivas logrando ser o máximo anotador da liga. Posteriormente lograríao unha cuarta vez, en 1982. Só Wilt Chamberlain e Michael Jordan gañaron máis títulos de mellor anotador que os catro de Gervin.

En nove tempadas cos Spurs, conseguiu cinco títulos de campión da División Medio Oeste (Midwest Division). Ademais, fixo de media 27 puntos por partido nos play-offs. Acabou a súa carreira con 33 anos nos Chicago Bulls. Conservaba un récord da NBA, o de máximo anotador nun único cuarto de partido, con 33 puntos, logrado na temporada 1977−78, até que foi superado por Klay Thompson dos Golden State Warriors, quen marcou 37 no terceiro período contra os Sacramento Kings no Oracle Arena de Oakland (California) durante a temporada 2014−15.

Despois de deixar a NBA xoga na Virtus Roma da Lega, nos Quad City Thunder da CBA, para retirarse finalmente na liga española de baloncesto, xogando no TDK Manresa con 38 anos, onde fixo unha media de 25 puntos por partido e sendo clave para que o equipo se mantivese na ACB.[1]

Palmarés

editar
  1. Ortiz, Javier. "George Gervin: una leyenda entre nosotros" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2015. Consultado o 23 de marzo de 2015. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar