Gelves é un municipio da provincia de Sevilla (Andalucía, España). Atópase na comarca do Aljarafe, xunto ao río Guadalquivir.

Modelo:Xeografía políticaGelves
Imaxe

Localización
Mapa
 37°20′23″N 6°01′34″O / 37.3396, -6.026
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Sevilla Editar o valor en Wikidata
CapitalGelves Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación10.388 (2023) Editar o valor en Wikidata (1.298,5 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie8 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude26 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJosé Luis Benavente Ulgar Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal41120 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE41044 Editar o valor en Wikidata

Sitio webgelves.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX458469

Xeografía

editar

O núcleo urbano está situado a 3,5 quilómetros da capital da provincia. O municipio ten un exclave a 3,5 quilómetros, no interior do municipio de Bollullos de la Mitación, onde se atopan as Parcelas de Porsiver e da facenda de Torrequemada.[1]

O termo municipal divídese en dúas zonas claramente diferenciadas, unha superior e outra inferior. A superior esténdese pola cornixa do Aljarafe, alberga varias urbanizacións e un parque natural de propiedade municipal. A inferior está composta polo centro urbano e a veiga de Gelves.[1]

O municipio conta con tres parques: o parque de El Cañuelo, que se atopa na zona meridional, cerca do recinto feiral e das piscinas de El Cañuelo, e alberga os restos da antiga facenda de El Cañuelo, da que existen referencias desde 1558, e tamén se atopa nel a portada manierista dunha antiga mina de auga; o parque de El Pandero, chamado así por atoparse nunha leira do mesmo nome, alberga os restos dun acueduto árabe; e o parque de Los Manantiales, que se atopa xunto ao centro urbano.[2]

Gelves conta cun porto deportivo no Guadalquivir, que se atopa a 89 quilómetros do océano Atlántico.[2] Ten capacidade para 150 atracadas e unha canle de entrada de 40 metros.[3]

Mairena del Aljarafe San Juan de Aznalfarache San Juan de Aznalfarache
Mairena del Aljarafe   Sevilla
Palomares del Río Palomares del Río Sevilla

Demografía

editar

Evolución do número de habitantes nos últimos anos.

Serie de poboación histórica de Gelves
(Fonte/s: INE)
Ano1996199819992000200120022003200420052006201120142016
Poboación2.0842.2452.6443.0093.2493.6253.2243.5663.6583.9979.2449.6889951
Poboación por entidades de poboación
Entidades de poboación Hab. (2015) Distancia a Gelves (km)
Gelves 8094 -
Parcelas de Porsiver 1852 3,5
Total municipio 9951  

Administración política

editar

Os alcaldes electos do municipio desde 1979 foron:[4]

Alcaldes desde as eleccións de 1979
Lexislatura Nome Partido
1979-1983 Ángel Oliveros López[5]   PCE
1983-1987 Ángel Oliveros López[5] IU
1987-1991 Ángel Oliveros López[5]   PSOE
1991-1995 Ángel Oliveros López[5]   PSOE
1995-1999 Ángel Oliveros López[5]   PSOE
1999-2003 Miguel Lora Corento[5] Iniciativa Independiente por Gelves +   PP
2003-2007 Miguel Lora Corento[5] Iniciativa Independiente por Gelves
2007-2011 Miguel Lora Corento[5] Iniciativa Independiente por Gelves
2011-2015 José Luis Benavente Ulgar[6]   PP
2015-2019 Isabel Herrera Segura[7]   PSOE
2019-2023 n/d n/d
2023- n/d n/d

Historia

editar
 
Antiga estación de tranvías de Gelves.

Hai constancia de que a zona estivo habitada desde o Paleolítico.[8] Existen diversas teorías sobre a orixe do municipio. Esta zona atopábase no antigo reino de Tartessos. Segundo Rodrigo Caro o actual Gelves correspóndese coa antiga Vergentum, que foi citada por Plinio. Esta cita transcribiuse como Vergentum, quod Iulii Genius e Vergentum, quod Iulii Genitor,[9][10] pero en realidade é unha mala lectura por Lucurgentum Iulii Genius, cidade romana localizada na Base Aérea de Morón de la Frontera.[11] Serrano Ortega afirma que na época turdetana chamábase Gelduva e que os árabes a chamaron Ge-Baal, que significa ‘monte de recreo’.[12] Gelduba é o nome dun castelo romano de Xermania mencionado por Plinio, polo que existen varias teorías sobre a orixe da palabra.[13]

Na época almohade cobrou certa importancia como lugar fortificado. Foi reconquistada en 1247 por Paio Peres Correia, mestre da Orde de Santiago. No repartimento de Afonso X de 1253 o rei tomou este lugar como almacén propio. En 1370 foi concedido a Fernán Sánchez Tovar. No reinado dos Reis Católicos pasou a pertencer á Casa de Guzmán. Posteriormente, pasou á Casa de Tovar. En 1527 o rei Carlos I concedeu a venda deste lugar a Jorge Alberto de Portugal y Melo e á súa esposa Isabel Colón de Toledo (filla de Diego Colón e neta de Cristovo Colón). En 1529 creouse o condado de Gelves. O fillo de Jorge e Isabel, Álvaro de Portugal, casou con Leonor de Milán. Leonor foi mecenas dunha gran cantidade de artistas e inspiroulle unha gran cantidade de versos ao escritor sevillano Francisco Herrera.[14] O matrimonio vivía na casa de Merlina, ao pé dos outeiros de El Balcón e de El Pintado, que foi descrita en 1565 polo escritor Juan de Mal Lara, amigo do matrimonio, como unha casa pracenteira nun lugar de clima agradable.[15][12] En 1537 Carlos I creou o título de duque de Veragua, que pasou aos condes de Gelves. En 1902 o título de conde de Gelves pasou á Casa de Alba.[8] En 1974 a Casa de Alba vendeu as propiedades que tiña no municipio.

Durante o século XVIII Gelves foi famosa polas súas augas e paisaxes, e baixo a propiedade dos duques adquiriu unha vida social importante. En 1736 sufriu unha das maiores catástrofes da súa historia co desbordamento do río Guadalquivir que provocou grandes desfeitas e a perda de numerosos veciños.

En 1766 o título de conde de Gelves ostentábao Pedro Manuel Florentín Colón de Portugal, o cal trasladou a súa residencia oficial á corte, o que provocou que o pobo perdese importancia.

No século XIX, coa desaparición dos señoríos constitúese o seu concello constitucional segundo a Constitución de Cádiz de 1812.

O lugar foi mencionado en coñecidas obras literarias: A vida de Lazarillo de Tormes (anónimo, século XVI),[16] Guzmán de Alfarache (Mateo Alemán, 1599), El diablo cojuelo (Luis Vélez de Guevara, 1641), Don Álvaro o la fuerza del sino (Duque de Rivas, 1834), Simón Verde (Fernán Caballero, 1857) e Sangre y arena (Vicente Blasco Ibáñez, 1908). No século  XX, tamén foi mencionada en obras de Francisco Rodríguez Marín,[14] Pedro Salinas, José María Pemán e Camilo José Cela.[12] Foi visitado por Washington Irving na viaxe que fixo por Andalucía no século XIX.[17] Aparece tamén na guía turística de España e Portugal realizada por Karl Baedeker.[18]

Economía

editar

No lugar existen talleres de artesanía. En 1993 creouse a Escola de Formación de Artesáns de Gelves coa fabricación de obxectos de cerámica.[19]

En 2015 había 136 ha de cultivos herbáceos, das cales 70 son de trigo, e 138 ha son de cultivos leñosos, das cales 21 son de laranxeiras e 111 de oliveiral.[20]

No municipio atópanse os polígonos industriais Citec e Guadalquivir.[20]

Cultura

editar

A patroa do concello é a Virxe de Graza. A súa festividade celébrase o último domingo de agosto.[12]

O pobo conta coa Irmandade da Nosa Señora do Rocío.[21] Foi fundada en 1980. O sempecado é unha casula bordada de Servando Charlo, capelán da catedral de Sevilla. A carreta, finalizada en 1991, foi deseñada por Francisco Maireles Vela e realizada polo ourive Manuel Ríos.[22]

O municipio ten un teatro municipal xunto ao concello. Foi construído en 2008.[23]

Tamén conta Gelves cun Estudio-Taller de Luthería, dedicado á construción, reparación, saídas de madeira e cursos de construción, da guitarra española, rexentado polo luthier José Miguel Vega, situado na rúa Joaquín Bazo Campos s/n, onde se repara e restauran xunto coa guitarra española, instrumentos de corda fretada, tales como o violín.

Igrexa de Santa María de Graza

editar
 
Igrexa de Santa María de Graza.

A igrexa de Santa María de Graza foi construída no século XVII e reformada no século XVIII. É un templo de estilo barroco. Ten unha soa nave, cruceiro e capelas laterais. Conta con dúas portadas. A que se atopa aos pés do templo conta con pilastras canleadas e frontón recto. A que se atopa no lateral dereito está flanqueada con pilastras, está tamén alintelada e conta cun frontispicio cun retablo cerámico de Santa María de Graza.[8] Ao noroeste do templo atópase a torre, composta por dous corpos e chapitel.

 
Virxe de Graza. Século XVIII.

O retablo maior foi realizado por José Fernando de Medinilla en 1736. No centro atópase a Virxe de Graza, do século XVIII. Tamén alberga unha escultura de San Francisco de Agarrades e outras estatuas de santos do século XVIII. As estatuas do retablo maior de San Xoaquín e Santa Ana son do século XVII.[8] No lado esquerdo atópase a capela do Sagrario, cun retablo con imaxes da Inmaculada e o Neno Xesús. Tamén no lado esquerdo atópase un retablo cun Cristo de Vera Cruz, do século XVIII. No lado dereito atópase un retablo do século XVIII presidido pola Virxe do Rosario, flanqueada por Santo Domingo de Guzmán e Santo Tomé de Aquino, sendo todas estas imaxes do século XVIII. Todos estes retablos son dourados e de estilo barroco.

Xunto ao retablo da Virxe do Rosario hai un cadro do século XVII que representa a San Cristovo. Este cadro foi realizado por Orazio Borgianni entre 1604 e 1612, con influencias de Miguel Anxo e Caravaggio.[24] Tamén hai un cadro de Santo Tomé de Aquino e outro de Santa Tareixa de Ávila.[8]

O templo tamén alberga unha talla de San Xosé co Neno Xesús do século XVIII.[8]

  1. 1,0 1,1 "Gelves". Enciclopedia general de Andalucía 9. C&T. 2004. pp. 3777–3779. ISBN 84-96337-09-X. 
  2. 2,0 2,1 "Un paseo por el Aljarafe a través del río" (PDF). Diputación de Sevilla y Mancomunidad de Desarrollo y Fomento de los Pueblos del Aljarafe. 2017: 53–59. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de febreiro de 2018. Consultado o 20 de febreiro de 2018. 
  3. "Puerto de Gelves". Agencia Pública de Puertos de Andalucía. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2018. Consultado o 20 de febreiro de 2018. 
  4. Jefatura del Estado. BOE n.º 147/1985 (España), ed. (1985). "Ley Orgánica 5/1985, de 19 de junio, del Régimen Electoral General. Art. 169". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2008. Consultado o 14 de decembro de 2008. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 José Hurtado Sánchez (2011). Alcaldes y alcaldesas de la provincia de Sevilla. Historias de vida II. pp. 537–551. ISBN 978-84-7798-314-9. 
  6. "Boletín Oficial de la Provincia de Sevilla" (PDF) (33). 10 de febreiro de 2015. 
  7. "Boletín Oficial de la Diputación de Sevilla" (PDF). 30 de decembro de 2017. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 Javier Carrión, Miguel Gallardo e outros. "Salteras". Tesoros de la provincia de Sevilla. ABC. pp. 62–63. D.L. M-34.627-2000 
  9. Antonio de Quintadueñas (2010). Juan José Antequera Luengo, ed. Santos de la antigua Ossethania. San Gregorio y santa Verania. Facediciones. p. 4. ISBN 978-84-9986-003-9. 
  10. Lorenzo Abad Casal (1976). El Guadalquivir, vía fluvial romana. Secretariado de Publicaciones de la Diputación de Sevilla. p. 45. ISBN 84-500-6925-4. 
  11. Pascual Barea, Joaquín. "«La ciudad romana de la Mesa de Gandul como emplazamiento de Iripo y en relación a Lucurgentum y Alcalá de Guadaíra». Actas del III Congreso de Historia de Andalucía (Córdoba, 2001) ANDALUCÍA ANTIGUA Córdoba, 2003, pp. 389-407". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2018. Consultado o 5 de outubro de 2018. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 Gran enciclopedia de Andalucía. Promociones Culturales Andaluzas. 1979. pp. 1681–1682. ISBN 84-85622-00-6. 
  13. Francisco Villar Liébana (2000). "Indoeuropeos y no indoeuropeos en la Hispania prerromana. Las poblaciones y las lenguas de Andalucía, Cataluña y Aragón según la información que nos proporciona la toponimia". Ediciones Universidad de Salamanca. pp. 62, 63, 64, 66, 67, 68, 141, 144, 151, 157, 160, 161, 168, 175 e 259. ISBN 84-7800-968-X. 
  14. 14,0 14,1 Francisco Rodríguez Marín. "El «Divino» Herrera y la Condesa de Gelves". Conferencia lida no Ateneo de Madrid o 1 de xuño de 1911. 
  15. Francisco Javier Escobar Borrego (2000). "Noticias inéditas sobre Fernando de Herrera e a Academia Sevillana no Hércules Animoso, de Juan de Mal Lara" (PDF) (16): 133–156.  ISSN 0213-201X
  16. Eduardo Torres Corominas (2012). "Gonzalo Pérez, Francisco de los Cobos y el Lazarillo de Tormes" (4). Libros de la corte.  ISSN 1989-6425
  17. VV. AA. (2006). Ruta de Washington Irving. Gran itinerario cultural del Consejo de Europa (2ª ed.). Fundación El legado Andalusí. ISBN 84-96395-09-X. 
  18. Karl Baedeker (1899). Spanien und Portugal: Handbuch für Reisende. 
  19. "Escuela de Formación de Artesanos de Gelves". Consejería de Empleo, Empresa y Comercio. Junta de Andalucía. Consultado o 8 de maio de 2021. 
  20. 20,0 20,1 "Gelves". Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía. Consultado o 23 de febreiro de 2018. 
  21. "Hermandad del Rocío de Gelves". Consultado o 23 de febreiro de 2018. 
  22. "Hermandad de Gelves". Rocío. Consultado o 23 de febreiro de 2018. 
  23. "El nuevo Ayuntamiento contará con un teatro de 450 localidades". Diario de Sevilla. 17 de febreiro de 2008. 
  24. "Iglesia de Santa María de Gracia". Turismo de Gelves. Consultado o 24 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar