Gazzapa
Gazzapa foi unha cidade hitita situada ao noroeste de Hattusa, que, seguramente para evitar os saqueos dos kaskas, fixo unha alianza con estes sobre o -1360 e contribuíu á destrución de cidades restauradas e repoboadas polo príncipe herdeiro Suppiluliumas pouco antes. En represalia o rei Tudhaliyas III destruíuna.