Game of Thrones (tempada 1)
A primeira tempada da serie de televisión Game of Thrones comezou a emitirse o 17 de abril do 2011 e concluíu o 19 de xuño de 2011. Consta de 10 episodios, cada un deles de 55 minutos de duración. Game of Thrones baséase na novela A Game of Thrones, a primeira entrega da saga A Song of Ice and Fire de George R. R. Martin. A historia ten lugar nun mundo ficticio, especialmente no continente chamado Westeros, pero tamén noutro continente, cara ao leste, coñecido como Essos,[1]. A trama trata do nobre Lord Eddard Stark (Sean Bean) da Casa Stark, que é requirido polo Rei Robert Baratheon cando Jon Arryn, o seu conselleiro xefe coñecido como a Man do Rei, morre misteriosamente.
Primeira tempada de Game of Thrones | |
---|---|
Tempada de Game of Thrones | |
Orixe | Estados Unidos |
Nº de episodios | 10 |
Emisión | |
Canle orixinal | HBO |
Emisión orixinal | 17 de abril do 2011- 19 de xuño de 2011 |
Cronoloxía |
Personaxes
editarElenco principal
editar- Protagonistas
- Sean Bean como Lord Eddard "Ned" Stark (9 episodios)
- Mark Addy como Rei Robert Baratheon (7 episodios)
- Nikolaj Coster-Waldau como Ser Jaime Lannister (8 episodios)
- Michelle Fairley como Lady Catelyn Stark (9 episodios)
- Lena Headey como Raíña Cersei Lannister (10 episodios)
- Emilia Clarke como Princesa Daenerys Targaryen (9 episodios)
- Iain Glen como Ser Jorah Mormont (9 episodios)
- Aidan Gillen como Lord Petyr "Maimiño" Baelish (8 episodios)
- Harry Lloyd como Príncipe Viserys Targaryen (5 episodios)
- Kit Harington como Jon Snow (8 episodios)
- Sophie Turner como Sansa Stark (9 episodios)
- Maisie Williams como Arya Stark (9 episodios)
- Richard Madden como Robb Stark (8 episodios)
- Alfie Allen como Theon Greyjoy (9 episodios)
- Isaac Hempstead Wright como Brandon "Bran" Stark (8 episodios)
- Jack Gleeson como Príncipe Joffrey Baratheon (10 episodios)
- Rory McCann como Sandor "O Can" Clegane (8 episodios)
- Peter Dinklage como Tyrion Lannister (9 episodios)
- Jason Momoa como Khal Drogo (9 episodios)
Elenco convidado
editar- No Muro
- James Cosmo como Lord Comandante Jeor Mormont (5 episodios)
- Peter Vaughan como Maestre Aemon (3 episodios)
- Brian Fortune como Bowen Marsh (2 episodios)
- Joseph Mawle como Benjen Stark (3 episodios)
- Francis Magee como Yoren (5 episodios)
- Owen Teale como Ser Alliser Thorne (4 episodios)
- John Bradley como Samwell Tarly (5 episodios)
- Josef Altin como Pypar (6 episodios)
- Mark Stanley como Grenn (6 episodios)
- Luke McEwan como Rast (6 episodios)
- Bronson Webb como Will (1 episodio)
- No norte
- Art Parkinson como Rickon Stark (3 episodios)
- Clive Mantle como Lord Jon "Greatjon" Umber (3 episodios)
- Steven Blount como Lord Rickard Karstark (1 episodio)
- Donald Sumpter como Maestre Luwin (7 episodios)
- Ron Donachie como Ser Rodrik Cassel (9 episodios)
- Jamie Sives como Jory Cassel (5 episodios)
- Susan Brown como Septa Mordane (6 episodios)
- Margaret John como Vella Nan (2 episodios)
- Kristian Nairn como Hodor (5 episodios)
- Natalia Tena como Osha (4 episodios)
- No sur
- Charles Dance como Lord Tywin Lannister (4 episodios)
- Lino Facioli como Lord Robert Arryn (3 episodios)
- David Bradley como Lord Walder Frey (1 episodio)
- Kate Dickie como Lady Lysa Arryn (3 episodios)
- Finn Jones como Ser Loras Tyrell (2 episodios)
- Ian Gelder como Ser Kevan Lannister (3 episodios)
- Conan Stevens como Ser Gregor Clegane (2 episodios)
- Brendan McCormack como Ser Vardis Egen (2 episodios)
- Jerome Flynn como Bronn (6 episodios)
- Sibel Kekilli como Shae (2 episodios)
- En Desembarco do Rei
- Callum Wharry como Príncipe Tommen Baratheon (4 episodios)
- Aimee Richardson como Princesa Myrcella Baratheon (4 episodios)
- Gethin Anthony como Lord Renly Baratheon (5 episodios)
- Julian Glover como Grand Maestre Pycelle (8 episodios)
- Conleth Hill como Lord Varys (7 episodios)
- Ian McElhinney como Ser Barristan Selmy (6 episodios)
- Ian Beattie como Ser Meryn Trant (2 episodios)
- Wilko Johnson como Ser Ilyn Payne (3 episodios)
- Dominic Carter como Janos Slynt (3 episodios)
- Eugene Simon como Lancel Lannister (4 episodios)
- Miltos Yeromelou como Syrio Forel (3 episodios)
- Joe Dempsie como Gendry (2 episodios)
- Esmé Bianco como Ros (5 episodios)
- Eros Vlahos como Lommy Greenhands (1 episodio)
- Ben Hawkey como Hot Pie (1 episodio)
- David Scott como Beric Dondarrion (1 episodio)
- Alén do Mar Angosto
- Roger Allam como Magister Illyrio Mopatis (2 episodios)
- Dar Salim como Qotho (6 episodios)
- Elyes Gabel como Rakharo (7 episodios)
- Amrita Acharia como Irri (9 episodios)
- Roxanne McKee como Doreah (6 episodios)
- Mia Soteriou como Mirri Maz Duur (3 episodios)
Episodios
editar- Artigo principal: Lista de episodios de Game of Thrones.
N.º (serie) |
N.º (temp.) |
Título orixinal Título en galego |
Director(es) | Guionista(s) | Data da estrea | Audiencia en EE. UU. (millóns) |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1 | "Winter Is Coming" «Achégase o inverno» | Tim Van Patten | David Benioff e D. B. Weiss | 17 de abril de 2011 | 2.222[2] |
O rei Robert Baratheon de Westeros viaxa ó Norte para ofrecerlle ó seu vello amigo Ned Stark, Gardián do Norte e Señor de Winterfell, o posto de Man do Rei. A muller de Ned, Catelyn, recibe unha carta da súa irmá Lysa que implica a membros da familia real no asasinato do seu marido Jon Arryn, a anterior Man do Rei. Bran, un dos fillos de Ned e Catelyn, descobre á raíña Cersei e ó seu irmán xemelgo Jaime tendo relacións sexuais. Mentres tanto, ó outro lado do mar Angosto, o príncipe exiliado Viserys Targaryen forxa unha alianza para recuperar o Trono de Ferro: dará á súa irmá Daenerys en matrimonio ó salvaxe dothraki Khal Drogo en troques do seu exército. | ||||||
2 | 2 | "The Kingsroad" «O Camiño Real» | Tim Van Patten | David Benioff e D. B. Weiss | 24 de abril de 2011 | 2.202[3] |
Logo de aceptar o seu novo rol como Man do Rei, Ned parte cara King's Landing coas súas fillas Sansa e Arya. Jon Snow, o fillo bastardo de Ned, diríxese ó Muro para unirse á Night's Watch. Tyrion Lannister, o irmán máis novo da Raíña, decide non ir co resto da familia real ó sur e acompaña a Jon na súa viaxe ó Muro. Viserys segue agardando o seu momento de gañar o Trono de Ferro e Daenerys centra a súa atención en aprender como gustarlle ó seu novo esposo, Drogo. | ||||||
3 | 3 | "Lord Snow" «Lord Neve» | Brian Kirk | David Benioff e D. B. Weiss | 1 de maio de 2011 | 2.438[4] |
Ned únese ó Consello Privado do Rei en King's Landing, a capital dos Sete Reinos, e descobre a mala administración que sofre Westeros. Catelyn decide ir de incógnito ó sur para alertar ó seu esposo dos Lannister. Arya inicia o seu adestramento coa espada. Bran esperta trala súa caída e non lembra nada. Jon adéstrase para adaptarse á súa nova vida no Muro. Daenerys comeza a asumir o seu rol como khaleesi de Drogo e enfróntase a Viserys. | ||||||
4 | 4 | "Cripples, Bastards, and Broken Things" «Tolleitos, bastardos e cousas rotas» | Brian Kirk | Bryan Cogman | 8 de maio de 2011 | 2.451[5] |
Ned busca pistas para tratar de explicar a morte de Jon Arryn. Robert celebra un torneo na honra de Ned. Jon toma medidas para protexer a Samwell Tarly, outro recruta da Garda da Noite, dos abusos do resto dos seus compañeiros. Viserys, frustrado, enfróntase á súa irmá. Sansa soña cunha vida como raíña de Joffrey. Catelyn, de camiño a Winterfell, acode ós aliados do seu pai para prender a Tyrion ó crer que é o culpable do intento de asasinato de Bran. | ||||||
5 | 5 | "The Wolf and the Lion" «O lobo e o león» | Brian Kirk | David Benioff e D. B. Weiss | 15 de maio de 2011 | 2.58[6] |
Robert e Ned discuten sobre como deben manexar a alianza entre a familia Targaryen e os dothraki. Catelyn leva a Tyrion ata Eyrie, a casa da súa irmá Lysa. As novas da captura de Tyrion chegan a King's Landing e Jaime esíxelle respostas a Ned. | ||||||
6 | 6 | "A Golden Crown" «Unha coroa de ouro» | Daniel Minahan | Jane Espenson, David Benioff e D. B. Weiss | 22 de maio de 2011 | 2.444[7] |
Viserys ameaza á súa irmá Daenerys diante de Drogo cando este se nega a pagar a débeda, polo que morre a mans do dothraki. Ned goberna dende o Trono de Ferro mentres o rei Robert sae de caza, e descobre o segredo que Jon Arryn averiguou antes de morrer. | ||||||
7 | 7 | "You Win or You Die" «Gañas ou morres» | Daniel Minahan | David Benioff e D. B. Weiss | 29 de maio de 2011 | 2.396[8] |
Ned enfróntase a Cersei pola morte de Jon Arryn. Un ferido Robert nomea a Ned rexente ata que o seu fillo Joffrey sexa maior de idade. Ned pide axuda a Littlefinger para asegurar a cooperación da Garda da Cidade en caso de que os Lannister non colaboren e revela que Joffrey non é fillo de Robert, senón de Jaime, o que converte a Stannis Baratheon, irmán máis vello de Robert, no verdadeiro herdeiro. Porén, Littlefinger traiciona a Ned e este é apresado e os seus homes son asasinados. Jon toma os votos da Night's Watch. Drogo convoca ó seu exército para invadir Westeros tras descubrir que Robert conspiraba para envelenar a Daenerys. | ||||||
8 | 8 | "The Pointy End" «Polo lado da punta» | Daniel Minahan | George R. R. Martin | 5 de xuño de 2011 | 2.715[9] |
Robb convoca ós bandeirizos do seu pai para ir no seu rescate. Sansa suplica a Joffrey para salvar a vida de Ned. Jon e a Night's Watch prepáranse para enfrontarse a un antigo inimigo do outro lado do Muro. O exército de Drogo marcha cara aos Sete Reinos. | ||||||
9 | 9 | "Baelor" «Baelor» | Alan Taylor | David Benioff e D. B. Weiss | 12 de xuño de 2011 | 2.664[10] |
As familias Stark e Lannister prepáranse para combater entre eles. Tyrion leva ós seus aliados bárbaros á batalla, mentres que Robb e Catelyn negocian para obter a axuda de Lord Walder Frey. Con Drogo moribundo debido a unha ferida infectada, Daenerys utiliza a maxia dunha maegi para salvarlle a vida. O mestre Aemon revela a Jon o seu parentesco cos Targaryen e o prezo da lealdade, xa que este está preocupado polos eventos que non concirnen ó Muro. Nun último intento para salvarse a súa vida e a das súas fillas, Ned confesa falsamente a súa conspiración e declara a Joffrey como o lexítimo herdeiro ó Trono de Ferro. Joffrey mándao decapitar sen ter en conta a súa declaración. | ||||||
10 | 10 | "Fire and Blood" «Lume e sangue» | Alan Taylor | David Benioff e D. B. Weiss | 19 de xuño de 2011 | 3.041[11] |
Trala execución de Ned, os norteños proclaman a Robb como o seu Rei. Con Jaime capturado polos Stark, Lord Tywin Lannister asigna ó seu fillo Tyrion como Man do Rei para manter a Joffrey e a Cersei baixo control. Jon abandona o seu posto no Muro para vingar ó seu pai, pero os seus amigos perségueno e convénceno para que quede. A Night's Watch parte a unha expedición máis aló do Muro. O fillo nonato de Daenerys morre e Drogo queda en estado vexetativo debido á maxia da maegi traidora. Incapaz de soportar a ruína do seu marido, Daenerys acaba coa súa vida e prepara unha pira funeraria na que queima á maegi viva xunto co corpo de Drogo e os seus tres ovos de dragón. Ademais, ela mesma entra na pira e cando esta se apaga Daenerys atópase sa e salva, acompañada por tres dragóns acabados de nacer. |
Notas
editar- ↑ Spanish Q&A – Xullo de 2008
- ↑ Seidman, Robert (19 de abril de 2011). "Sunday Cable Ratings: NBA, Storage Wars, Ax Men, Khloe & Lamar + The Killing, Breakout Kings, Sam Axe, Game of Thrones & Much More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2012. Consultado o 2 de maio de 2011.
- ↑ Gorman, Bill (26 de abril de 2011). "Sunday Cable Ratings: NBA, Khloe & Lamar, The Killing, Breakout Kings, Housewives, Game of Thrones & Much More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2012. Consultado o 2 de maio de 2011.
- ↑ Seidman, Robert (3 de maio de 2011). "Sunday Cable Ratings: More Death of Bin Laden Ratings; Khloe & Lamar, Law & Order: CI, In Plain Sight, Army Wives, Housewives, Game of Thrones & Much More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2011. Consultado o 7 de maio de 2011.
- ↑ Gorman, Bill (10 de maio de 2011). "Sunday Cable Ratings: Bulls/Hawks Tops + Law & Order: CI, In Plain Sight, Army Wives, Housewives, Game of Thrones & Much More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2012. Consultado o 11 de maio de 2011.
- ↑ Seidman, Robert (18 de maio de 2011). "Sunday Cable Ratings: Heat/Bulls Slam Dunks + Law & Order: CI, In Plain Sight, Army Wives, Housewives, Game of Thrones & Much More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2012. Consultado o 20 de maio de 2011.
- ↑ Gorman, Bill (24 de maio de 2011). "Sunday Cable Ratings: Heat/Bulls Scores Big + Law & Order: CI, In Plain Sight, Army Wives, Housewives, Game of Thrones & Much More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2012. Consultado o 25 de maio de 2011.
- ↑ Gorman, Bill (1 de xuño de 2011). "Sunday Cable Ratings: My Big Fat Gypsy Wedding, Game of Thrones, The Killing & More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 2 de xuño de 2011.
- ↑ Gorman, Bill (7 de xuño de 2011). "Sunday Cable Ratings: MTV Movie Awards Leads Night, Game of Thrones Series High, Real Housewives, ABDC & Lots More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2012. Consultado o 8 de xuño de 2011.
- ↑ Gorman, Bill (14 de xuño de 2011). "Sunday Cable Ratings: Game of Thrones, Real Housewives, Kardashians, In Plain Sight, Army Wives & More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2012. Consultado o 15 de xuño de 2011.
- ↑ Seidman, Robert (21 de xuño de 2011). "Sunday Cable Ratings: Falling Skies, Game of Thrones, The Killing, In Plain Sight, Law & Order: CI, The Glades and Much More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 21 de xuño de 2011.