Galilea (en hebreo, הגליל ha-Galil, "a provincia" ; en árabe, الجليل al-Jalil; en latín Galilaea, do grego antigo Γαλιλαία) é unha rexión do actual estado de Israel que conta cunha importante poboación árabe. Está situada entre o mar Mediterráneo polo oeste e o lago de Xenesaret (tamén chamado lago de Tiberíades ou mar de Galilea) e o río Xordán polo leste. Ten un relevo montañoso (teñen sona o Monte Tabor, Monte Merón) e un clima chuvioso, cunha pluviosidade ata 800 mm., e unha peculiar vexetación. Nazaret e Tiberíades son dúas cidades turísticas. A súa economía baséase na agricultura, a pesca e o turismo.

Modelo:Xeografía políticaGalilea

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 32°45′36″N 35°31′37″L / 32.76, 35.527
EstadoIsrael
DistritoDistrito Norte Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Punto máis altoMonte Merón (1.208 m) Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Evento clave

BNE: XX456910
Mapa de Galilea.

Historia

editar

O rei asmoneo Alexandre Xaneo fíxose con ela no século I antes de Cristo. Dende antigo, foi considerada polas elites xudías de Xerusalén unha terra atrasada e afastada. Durante o período helenístico e romano creouse a cidade de Séforis como metrópole principal. Moitos movementos de liberación xudía tiñan nela o seu niño (caso de Xudas o Galileo). Moitos xudeus a abandonaron trala represión romana durante as guerras xudías. Bizancio potenciou a súa sona de Terra Santa. No ano 638 os árabes ocuparon a rexión. Os cruzados de Godofredo de Bouillon recuperárana para o cristianismo ata a vitoria de Saladino en Hattin. Non foi ata 1948 cando o novo estado de Israel se fixo coa zona.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar