Furtivos
Furtivos é un filme español de 1975 dirixido por José Luis Borau. Está protagonizado por Lola Gaos, Ovidi Montllor e Alicia Sánchez. O guión foi escrito por Manuel Gutiérrez Aragón e José Luis Borau. Un éxito comercial e da crítica, gañou o Cuncha de Ouro ó mellor filme no Festival Internacional de Cinema de Donostia en 1975. O filme foi escollido como candidato de España para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 48ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Furtivos | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Furtivos |
Director | José Luis Borau |
Produtor | José Luis Borau |
Guión | Manuel Gutiérrez Aragón José Luis Borau |
Intérpretes | Lola Gaos Ovidi Montllor Alicia Sánchez José Luis Borau |
Música | Vainica Doble |
Fotografía | Luis Cuadrado |
Montaxe | Ana Romero Marchent |
Estudio | Imán Films |
Estrea | 8 de setembro de 1975 |
Duración | 99 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Sinopse
editarÁngel é un cazador furtivo que vive nun bosque coa súa nai Martina, unha muller de carácter tiránico e violento. Nunha das súas escasas viaxes á cidade coñece a Milagros, moza fuxida dun reformatorio e amante dun coñecido delincuente. Ángel protéxea e lévaa á súa casa. A aversión da nai cara a Milagros e a atracción que Ángel sente cara a ela, unido ao aspecto claustrofóbico das relacións entre as personaxes, desembocan nun drama.
Personaxes
editar- Lola Gaos como Martina
- Ovidi Montllor como Ángel
- Alicia Sánchez como Milagros
- José Luis Borau como Santiago, gobernador provincial
- Felipe Solano como El Cuqui
- Ismael Merlo como o sacerdote[1]
Produción
editarO guión foi escrito polos directores e guionistas Manuel Gutiérrez Aragón e José Luis Borau.[2] A idea tralo filme naceu a partir da personaxe de Ángel, que estaba baseada nunha persoa real que vivía e cazaba ilegalmente en Cabuérniga (Cantabria).[2] A personaxe da nai, Martina, orixinouse coa actriz que foi contratada para o papel, Lola Gaos. Borau ficou impresionado tras ver a Gaos no papel de Saturnina, unha criada cínica, no filme Luis Buñuel Tristana (1970).[3] Borau mesturou as referencias desta personaxe coa pintura de Goya Saturno devorando o seu fillo.[4]
Borau ademais de director, guionista, produtor e actor.[5] As escenas en que interpreta a Santiago, gobernador local, dirixiunas o coguionista Manuel Gutiérrez Aragón.[6] O póster foi realizado por Ivan Zulueta.[7] Mostra a Martina como un gran monstro o seu fillo coas súas enormes garras.[7]
Notas
editar- ↑ Torrres, Conversaciones con Manuel Gutiérrez Aragón , p. 56
- ↑ 2,0 2,1 Torrres, Conversaciones con Manuel Gutiérrez Aragón, p. 62
- ↑ Evans, Spanish Cinema, páx. 119
- ↑ D'Lugo, Guide to the Cinema of Spain, páx. 61
- ↑ Evans, Spanish Cinema, páx. 116
- ↑ Torrres, Conversaciones con Manuel Gutiérrez Aragón, páx. 63
- ↑ 7,0 7,1 Evans, Spanish Cinema, páx. 118
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 48ª edición dos Óscar
Bibliografía
editar- Deveny, Thomas G. Cain on Screen: Contemporary Spanish Cinema. The Scarecrow press, Inc. Londres, 1993.
- D'Lugo, Marvin. Guide to the Cinema of Spain. Greenwood Press, 1997. ISBN 0-313-29474-7
- Evans, Peter Williams Spanish Cinema : The Auteurist Tradition. Oxford University Press. Nova York, 1999. ISBN 0-19-818414-X
- Mártinez de Mingo, Luis.José Luis Borau. Arte Editors, 1996. ISBN 978-84-245-0736-7
- Torres, Augusto M. Conversaciones con Manuel Gutiérrez Aragón . Fundamentos, Madrid, 1992. ISBN 84-245-0619-7
- Schwartz, Ronald. The Great Spanish Films: 1950 - 1990, Scarecrow Press, Londres, 1991. ISBN 0-8108-2488-4