Frank Sinatra
Francis Albert Sinatra, máis coñecido como Frank Sinatra, nado en Hoboken o 12 de decembro de 1915 e finado nos Ánxeles o 14 de maio de 1998, foi un cantante e actor estadounidense. Alcumado "A Voz", foi unha das figuras máis importantes da música popular do século XX. A súa popularidade chegou a ser inmensa e practicamente constante ao longo da súa vida, aínda que foron especialmente exitosos os anos corenta e cincuenta. Foi esta última década, coa súa produción discográfica para a compañía Capitol, a considerada como a súa etapa de maior calidade artística como cantante.
Estilo e características
editarO seu repertorio baseouse na obra dos máis importantes compositores populares estadounidense, como Jimy Van Heuse, Cole Porter, Smmy Cahn ou George Gershwin, e o seu estilo sintetizou, xa nas súas orixes, quince anos de influencias mutuas entre a música de inspiración jazzística e a música pop que empezaba a difundirse a través da radio. Sinatra construíu o seu estilo sobre a base dunha comprensión natural da música popular, tal como a entenderon Bing Crosb, Fred Astaire, Benny Goodman e Louis Armstrong, explotando a idea de que esta, en todas as súas vertentes, debería ser unha extensión da fala.
Tecnicamente, caracterizouse pola súa coidada precisión no fraseo e o seu dominio do control da respiración; o rango da súa voz estaba próximo ao de barítono. En canto á súa categoría artística, esta radica na súa capacidade interpretativa para transmitir as emocións e sentimentos implícitos nas letras das cancións. En Sinatra, calquera tipo de consideración vocal e, incluso, musical, resultan secundarias respecto da que é a súa misión principal: contar unha historia da forma máis expresiva posible.
A Sinatra recoñéceselle historicamente ser o primeiro cantante que fixo uso conscientemente dos medios de amplificación do son co obxecto de situar a súa voz por encima do son da orquestra (dominadora da música popular estadounidense de principios de século XX) e para aproximala a intimidade do oído do ouvinte.
Como actor, Sinatra foi un artista de tipo intuitivo, remiso a someterse os ensaios e repeticións habituais na gravación, polo que as súas interpretacións foron emocionalmente intensas ao tempo que irregulares. A importancia na súa vida do seu traballo actoral foi capital; por exemplo foi precisamente a través do seu papel en De aquí á eternidade como logrou saír dunha crise persoal e artística no tránsito dos anos corenta aos cincuenta para ascender ao máis alto da súa popularidade, ademais de gañar pola súa interpretación o Oscar ao mellor actor secundario.
Na da súa carreira profesional, Sinatra gravou máis de 1300 cancións e participou en máis de cincuenta películas. Recibiu multitude de premios e homenaxes, entre os que contan dez Grammys, o Premio da Academia de Artes e Ciencias da Gravación e a Medalla da Liberdade do goberno estadounidense.
Discografía
editar- Artigo principal: Discografía de Frank Sinatra.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Frank Sinatra |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina web oficial (en inglés)