Festival da Poesía no Condado

encontro poético musical en Galicia

O Festival da Poesía no Condado é un certame poético e cultural que se celebra a primeira fin de semana de setembro en Salvaterra de Miño, organizado pola Sociedade Cultural e Deportiva do Condado (SDC). Presenta un programa cun ton reivindicativo que sempre enfocou a súa mensaxe nas reivindicacións populares do momento.

Festival da Poesía no Condado
Tipofestival de poesía
Data de fundación1981
EnSalvaterra de Miño
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Este festival nace en 1981 en Mondariz coa intención de outorgarlle máis valor á poesía galega e, cos seus lemas contundentes, enaltecer o libre pensamento. Amais dos recitais poéticos, hai outras actividades como concertos musicais, charlas, mostras de artesanía ou xogos populares.

Historia

editar

A Sociedade Deportiva e Cultural do Condado (SDC) naceu en novembro de 1973, se ben non foi legalizada até 1974 por non se someter aos requerimentos da Lei de Asociación (1968). Esta organización acolle diversas ideoloxías. Está centrada na transmisión da cultura galega e no seu desenvolvemento socio-cultural. Desenvolve as súas actividades na comarca do Condado, especialmente en Salvaterra de Miño, onde está a sede da Sociedade.

Manolo Soto, ideólogo e presidente da Sociedade Deportiva e Cultural, foi o fundador do Festival da Poesía no Condado. A creación deste certame pretendía exaltar a poesía e a cultura, tan perseguida na época.

A primeira edición do Festival da Poesía foi realizada en Mondariz-Balneario e, aínda que Salvaterra sería o centro da maior parte dos certames, celebraríanse varias edicións fóra (O Porriño, Ponteareas e Salceda de Caselas).

Cabe destacar que, por dificultades económicas (boicots e débedas contraídas), desde 1996 até o 2001, o festival sufriu un parón. A pesar da ausencia do festival este continuou vívido na memoria dos cidadáns o que permitiu a súa recuperación no 2001 coa XVI edición.

Características

editar

Modalidades

editar

O festival comezou centrándose na poesía, pero co paso do tempo foi medrando e ampliando o seu programa. As novas áreas están relacionadas coa contorna artística, como a música, a pintura, o audiovisual ou a artesanía. Tamén acolle actividades de carácter lúdico como humoristas, contacontos ou xogos. Estas últimas permiten que toda a familia poida gozar deste festival.

Participantes

editar

Destacan personaxes procedentes de Galiza pero tamén de toda a Península e doutros países. Neste grupo atópanse persoas principalmente relacionadas coas artes plásticas e a literatura.

Algúns de eles son personaxes de importancia nas súas áreas, como Carlos Solla, Branca Novoneyra, Celso Álvarez Cáccamo, Francismo Álvarez Koki, Xavier Seoane, Manuel Rivas. Entre os foráneos destacan Pan Gener Galin (Cataluña), Delmar Maia Gonçalves (Mozambique) ou Ana Silva Faria (Portugal), entre moitos outros.

Ideoloxía

editar

Malia o grupo que se encarga deste proxecto estar conformado por persoas de diversas ideoloxías, certas características marcan a súa posición, como o uso do galego reintegracionista. Convídase tamén a persoas procedentes de diversos sistemas lingüísticos, como o catalán, euscaldún e lusófono.

O tema principal do festival é a reivindicación social e cultural. Por iso cada ano programa ten como centro un asunto de importancia social do momento. Tal e como reivindican na súa primeira edición, esta festa “tenta ser o xermolo do "xunguimento", nunha nova perspectiva no que o factor común sexa a unidade solidaria diante da agresión cotián”.[1]

Dentro dos temas a tratar destaca a denuncia social:

Entre as temáticas que aparecen como exemplo figuran as relacionadas con asuntos de actualidade. Porén, outros recordan certos momentos da historia de Galiza ou grupos que marcaron a historia galega.

  1. "Festival Da Poesia No Condado, Salvaterra de Miño". Consultado o 23 de abril de 2020. 


Bibliografía

editar
  • Salvaterra, V.p. |. "El Festival Da Poesía Do Condado Aborda La Migración Y El Exilio En Salvaterra De Miño." El Festival Da Poesía Do Condado Aborda La Migración Y El Exilio En Salvaterra De Miño - Faro De Vigo. FARODEVIGO, 4 Sept. 2015. Web. 21 Feb. 2017. <http://www.farodevigo.es/comarcas/2015/09/04/festival-da-poesia-do-condado/1307419.html>.
  • Santiago. "O Festival De Poesía Do Condado Chega Á Súa XVII Edición Co Programa Máis Completo Da Súa Longa Historia." Culturagalega. Cultura Galega, 4 Sept. 2003. Web. 21 Feb. 2017. <http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=3344>.
  • "XXV Festival Da Poesía No Condado." XXV Festival Da Poesía No Condado : Ponteareas Virtual. N.p., n.d. Web. 18 Mar. 2017. <http://www.ponteareasvirtual.com/guia/agenda/mostrar/xxv_festival_da_poesia_no_condado>.
  • "XXX Festival Da Poesia No Condado." XXX Festival Da Poesia No Condado - CROA MAGAZINE. Croa, n.d. Web. 21 Feb. 2017. <http://croamagazine.es/agenda/xxx-festival-da-poesia-no-condado/>.

Ligazóns externas

editar