Ferradura

peza que se utiliza para protexer os cascos e os pezuños dos animais

Unha ferradura[1] é unha peza en forma de letra "U" que se utiliza para protexer os cascos e os pezuños dos animais contra o desgaste e as fendas.

As ferraduras modernas adoitan estar feitas de ferro e crávanse nos pezuños.
Cravando a ferradura no casco.

Poden ser de ferro, caucho, plástico ou coiro, e colócanse cravándoas ou pegándoas na beira dos pezuños dos cabalos, mulas, e burros. Pola súa banda, as ferraduras que se lles poñen ós bois e ás vacas son diferentes para adaptarse á forma dos seus pezuños con dous dedos.

Amuleto

editar

Como amuleto, crese que as ferraduras son un símbolo de boa fortuna. Tradicionalmente pendurábanse nas portas das casas para atraer a sorte.

Galería de imaxes

editar
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ferradura.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar