Felice Bonetto, nado en Manerbio o 9 de xuño de 1903 e finado en Silao (México) o 21 de novembro de 1953, foi u piloto de carreiras italiano, coñecido co alcume de "Il Pirata" (O Pirata).

Modelo:BiografíaFelice Bonetto

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xuño de 1903 Editar o valor en Wikidata
Manerbio, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte21 de novembro de 1953 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Silao, México (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio monumental de Milán Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de motociclismo, piloto de automobilismo, enxeñeiro, piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
DeporteMotociclismo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
-Alfa Romeo F1 Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor en Wikidata

Foi unha lenda das carreiras de estrada, comezou a competir na década de 1930, e gozou dunha breve andaina na Fórmula Un, incluíndo unha vitoria na carreira fóra de campionato do Grande Premio do Jubileu en 1953, competiu con coches italianos, comezando cun Maserati para a Scuderia Milano, un Alfa Romeo oficial, e finalmente un Maserati, conseguindo dous podios compartidos no Campionato do Mundo. Os seus maiores éxitos foron en coches deportivos, gañou a Targa Florio (1952), pero tristemente morreu cando chocou contra un poste durante a Carreira Panamericana de 1953 cando era líder.

Carreira

editar

Debut e inicios

editar

Felice Bonetto naceu en Manerbio, na provincia de Brescia, o fogar da Mille Miglia. Malia iso, comezou nas carreiras, moi novo, en motos. O cambio a catro rodas chegou moi tarde para os estándares modernos. De feito, xa tiña 28 anos cando participou na Bobbio-Penice, cun Bugatti. Malia ter que conformarse con coches que non sempre eran competitivos, non faltaron os resultados. En 1933, Bonetto foi terceiro no infame Gran Premio de Monza cun Alfa Romeo 8C 2600. A carreira sempre será recordada como o Día Negro de Monza, cando tres dos mellores pilotos de Europa estreláronse mortalmente con poucas horas de diferenza: Giuseppe Campari, Mario-Umberto Borzacchini e o Conde Stanisław Czaykowski. Tamén terminou segundo na Coppa Principessa di Piemonte. Un ano máis tarde chegou duodécimo na Mille Miglia, pero obtivo o seu maior éxito logo da segunda guerra mundial. A segunda guerra mundial parou abruptamente a súa carreira, así como a dos seus colegas da época. Bonetto retomou a súa carreira en 1946 cun pequeno Cisitalia, antes de pasar á Fórmula Un.[1][2][3][4][5][6]

Fórmula Un

editar

Aínda que Bonetto correra nates en coches de Fórmula 1, fixo o seu debut no campionato do mundo de F1 no Gran Premio de Suíza de 1950. A falta de cinco días para cumprir 47 anos. Participou no seu propio Maserati 4CLT en varios Grandes Premios, baixo a bandeira da Scuderia Milano, e pilotou un Alfa Romeo SpA de fábrica en 1951, como o seu terceiro piloto. Compartiu un terceiro posto, con Giuseppe Farina no Gran Premio de Italia de 1951. Seguu competindo nos coches deportivos, pero volveu á Fórmula Un a finais de 1952 e fixo unha boa tempada en Maserati en 1953, cunha visita ao podo, compartindo outra vez o terceiro posto no Gran Premio dos Países Baixos de 1953. Esta vez asociado con José Froilán González. Lonxe do Campionato do Mundo, Bonetto tivo certo éxito, foi segundo no Gran Premio de Nápoles de 1949 nun Ferrari.[4][5][7][8][9]

As do deporte

editar

Máis que na F1, con todo, Bonetto tivo moito éxito nos autos deportivos. Gañou en 1947 no Circuíto de Firenze pilotando un Delage 3000. En 1949 foi segundo na Mille Miglia, detrás de Clemente Biondetti, ambos pilotaban un Ferrari 166 MM Touring para a Scuderia Ferrari e en 1950 gañou a Pontedecimo-Giovi hillclimb nun Osca e o Gran Premio de Oporto no seu propio Alfa Romeo. A seguinte tempada, pilotou o novo modelo 1900TI de Alfa Romeo logrando á vitoria da clase no "Giro di Sicilia". Logo, en 1952, marchou a Scuderia Lancia e ao volante dun Lancia Aurelia B20 acabou segundo no giro di Sicilia. Continuou cun sexto lugar no Preis von Bremgarten e un oitavo nas 24 Horas de Le Mans, e finalmente unha gran vitoria na Targa Florio. Continuou co equipo Scuderia Lancia en 1953. O terceiro lugar na Mille Miglia, o segundo no Gran Premio de Monza, a vitoria no Gran Premio do Jubileu no Circuíto de Monsanto Park converteuno en parte da escuadrilla despregada para a Carreira Panamericana de 1953 os seus compañeiros de equipo para a carreira foron Juan Manuel Fangio, Piero Taruffi, Giovanni Bracco e Eugenio Castellotti.[3][4][5][10]

A Carreira Panamericana, era un rally perigoso e difícil nunha estrada pública en México que tiña lugar durante 6 días desde un extremo do país norteamericano a outro, cubrindo unha distancia de 3.200 km. Era a última rolda do Campionato Mundial de Sportscar de 1953, a carreira comezou o 19 de novembro de 1953, desde Tuxtla Gutiérrez, Bonetto gañou a primeira etapa, fronte aos seus compañeiros de equipo Taruffi, Fangio e Castellotti. Taruffi gañaría as seguintes dúas etapas, aínda que Bonetto mantivo o liderado. O terceiro día de competición, Bonetto e Taruffi achegáronse e continuaron loitando entre eles. Na segunda etapa do día, con todo, Taruffi saíuse da estrada nunha zona de néboa antes da pequena cidade de Silao, a uns 25 quilómetros de León, danando a dirección do seu Lancia. Na mesma localidade, Bonetto estrelou o seu Lancia contra o balcón dunha casa, terminando contra un poste. Bonetto golpeou a cabeza no balcón a toda velocidade e morreu instantaneamente. Antes do evento, Bonetto xunto a Taruffi e outros pilotos italianos marcaran as zonas perigosas ao longo da ruta con sinais azuis. O seu accidente ocorreu nun deses lugares, malia a precaución de marcar as curvas, Felice tomaría unha curva de 96 km/h a 200 km/h..[3][4]

Logo da morte de Bonetto, o dono do equipo Gianni Lancia quixo retirar os seus coches da carreira, pero os pilotos sobreviventes decidiron seguir competindo na honra do seu compañeiro de equipo. Fangio, Taruffi e Castellotti chegaron á meta dando a Lancia os tres primeiros lugares, pero foi un éxito do que non se alegraron, xa que ademais de Bonetto a carreira tamén cobrouse a vida doutros pilotos italianos, Antonio Stagnoli e Giuseppe Scotuzzi, Así como seis espectadores. Bonetto está enterrado na sección italiana do cemiterio do Cemiterio dos Dolores na Cidade de México.[3][4]

A Familia Bonetto no mundo do automóbil

editar

A contribución da familia Bonetto ao mundo do automóbil non terminou coa morte de Bonetto. O sobriño, Rodolfo Bonetto, foi unha figura destacada no campo da arquitectura italiana e o deseño industrial. O fillo de Rodolfo, Marco, continuou neste campo como presidente de Bonetto Design. En canto ao propio fillo de Felice, Roberto Bonetto dedicou a súa carreira ao xornalismo, para converterse no subdirector de Quattroruote.[3][11]

Rexistro de carreiras

editar
Tempada Series Posición Equipo Coche
1933 Coppa Principessa di Piemonte [2] Alfa Romeo 8C 2600
Gran Premio di Monza [12] Alfa Romeo 8C 2600
1947 Coppa Asti Spumante [13] Cisitalia SpA Cisitalia-Fiat D46
Circuito di Vigevano[14] Cisitalia SpA Cisitalia-Fiat D46
Circuito di Firenze[15] Delage 3000
Italian 1500cc u/s Championship [16] Cisitalia SpA Cisitalia-Fiat D46
Circuito di Pescara, Coppa Acerbo[17] Maserati
1948 Gran Premio di Apertura [18] Cisitalia SpA Cisitalia-Fiat D46
Coppa Giorgio e Alberto Nuvolari [19] Cisitalia SpA Cisitalia-Fiat D46
Gran Premio di Bari, Coppa Brasile [20] Cisitalia SpA Cisitalia-Fiat D46
Prix de Berna [21] Squardra Peiro Dusio Cisitalia-Fiat D46
1949 Mille Miglia [10] Scuderia Ferrari Ferrari 166 MM Barchetta Touring
Gran Premio di Napoli [22] Scuderia Ferrari Ferrari 166 MM Touring
Gran Premio dell’Autodromo di Monza [23] Scuderia Ferrari Ferrari 166C
Gran Premio di Bari [24] Felice Bonetto Ferrari 166C
1950 Gran Premio di Oporto [25] Alfa Romeo 412
Pontedecimo-Giovi [15] Osca
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1950 [26] 19º Scuderia Milano Maserati 4CLT/50
Milano-Speluzzi
1951 Gran Premio d’Italia [27] Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 159A
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1951 [28] Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 159A
Alfa Romeo 159M
1952 Targa Florio [29] Lancia Aurelia B20 Competitzione
Giro di Sicilia [30] Lancia Aurelia B20
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1952 [31] 16º Officine Alfieri Maserati Maserati A6GCM
1953 Grande Premio do Jubileu [32] Scuderia Lancia Lancia D23
Gran Premio dell’Autodromo di Monza [33] Scuderia Lancia Lancia D23
Mille Miglia [34] Scuderia Lancia Lancia D20 Berlinetta Pinin Farina
Grote Prjs van Nederland [35] Officine Alfieri Maserati Maserati A6GCM/53
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1953 [36] Officine Alfieri Maserati Maserati A6GCM/53

Resultados completos na Fórmula Un

editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos
1950 Scuderia Milano Maserati 4CLT/50 Maserati Straight-4 GBR
NCG
MON 500 SUI
5
BEL FRA
Ret
19º 2
Milano Speluzzi ITA
NTS
1951 Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 159A Alfa Romeo 8 en liña SUI 500 BEL FRA GBR
4
ALE
Ret
ITA
3
7
Alfa Romeo 159M ESP
5
1952 Officine Alfieri Maserati Maserati A6GCM Maserati 6 en liña SUI 500 BEL FRA GBR ALE
DSC
NED ITA
5
16º 2
1953 Officine Alfieri Maserati Maserati A6GCM Maserati 6 en liña ARX
Ret
500 NED
3
BEL FRA
Ret
GBR
6
ALE
4
SUI
4
ITA
Ret
6.5

compartido con José Froilán González
compartido con Juan Manuel Fangio

Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans

editar
Ano Equipo Co-Piloto Coche Clase Voltas Pos. Clase
Pos.
1952   Louis Rosier   Louis Rosier Talbot-Lago T26C S5.0 92 Ret
Tanque aceite
1953   Scuderia Lancia   Enrico Anselmi Lancia Aurelia B20 S2.0 247
1953   Scuderia Lancia   Gino Valenzano Lancia D20 S8.0 66 Ret
(Starter)

Resultados completos na Mille Miglia

editar
Ano Equipo Co-Pilotos/Navegador Coche Clase Pos. Clase
Pos.
1934   A. Negri Alfa Romeo 8C 2300 S3.0 12º
1948   Milto Maritano Cisitalia 202 SMM S1.1 Ret
1949   Scuderia Ferrari   Carpani Ferrari 166 MM S+1.1
1950   Felice Bonetto   G. Casnaghi Alfa Romeo 412 Spider Touring S+2.0 Ret
1951   Felice Bonetto   G. Casnaghi Alfa Romeo 412 Spider Touring S/GT+2.0
1952   Felice Bonetto   Gian Paolo Voplini Lancia Aurelia B20 GT2.0 Ret
1953   Scuderia Lancia   U. Peruzzi Lancia D20 Pinin Farina S+2.0

Resultados completos na Carrera Panamericana

editar
Ano Equipo Co-Piloto/Navegador Coche Clase Pos. Clase
Pos.
1950   Automobile Club d'Italia   Bruno Bonini Alfa Romeo 6C 2500 n/a
1951     Gian Paolo Volpini Lancia Aurelia B20 Ret n/a
1952   Felice Bonetto Lancia Aurelia B20 S Ret
(Accidente)
1953   Scuderia Lancia Lancia D24 S+1.6 Ret
(Accidente mortal – Bonetto)
  1. "1933 GRAND PRIX SEASON - 1933 Monza Grand Prix (Gran Premio di Monza". www.kolumbus.fi. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 "Coppa Principessa di Piemonte". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Eventi. "In Messico - Sessant'anni Fa La Scomparsa Di Felice Bonetto - Quattroruote". Quattroruote.it. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Jacques Fhima. "ART WORK STUDIO". Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Felice Bonetto". www.historicracing.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  6. "Formula 1/ Piloti dimenticati: Felice Bonetto, il driver con la pipa". Il Sussidiario.net. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  7. "Felice Bonetto". ESPN UK. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  8. "II. Gran Premio di Napoli 1949". Mitorosso.com - Ferrari Online Magazine. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  9. "Felice Bonetto Profile - Drivers - GP Encyclopedia - F1 History on Grandprix.com". Grandprix.com. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  10. 10,0 10,1 "Mille Miglia". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  11. "Rodolfo Bonetto". Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  12. "1933 GRAND PRIX SEASON - 1933 Monza Grand Prix (Gran Premio di Monza". www.kolumbus.fi. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  13. "Voiturette 1947 - Coppa Asti". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  14. "Voiturette 1947 - Circuito di Vigevano". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  15. 15,0 15,1 Jacques Fhima. "ART WORK STUDIO". Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  16. "Voiturette 1947 - Table". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  17. "Circuito di Pescara". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  18. "Formula 2 1948 - Vercelli". www.formula2.net. Consultado o 26 January 2016. 
  19. "Formula 2 1948 - Mantova". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  20. "Formula 2 1948 - GP Bari". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  21. "Formula 2 1948 - Prix de Berne". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  22. "GP Napoli". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  23. "Felice Bonetto". Driver Database. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  24. "Formula 2 1949 - GP di Bari". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  25. "Circuito do Porto". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  26. "Results 1950 Formula 1 Season". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  27. "Results 1951 Formula 1 Grand Prix of Italy". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  28. "Results 1951 Formula 1 Season". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  29. "Targa Florio". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  30. "Giro di Sicilia". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  31. "Results 1952 Formula 1 Season". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  32. "Monsanto". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  33. "GP Monza". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  34. "South American Formula Libre/Temporada Races 1946-1952". www.teamdan.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  35. "Results 1953 Formula 1 Grand Prix of the Netherlands". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  36. "Results 1953 Formula 1 Season". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 

Ligazóns externas

editar