Eusko Langileen Alkartasuna

Eusko Langileen Alkartasuna[2] (en éuscaro Solidariedade dos Traballadores Vascos), hoxe en día máis coñecido como ELA é un sindicato nacionalista vasco historicamente ligado ó Partido Nacionalista Vasco. Foi fundado o 23 de xullo de 1911 en Bilbao baixo o nome Solidariedade de Obreiros Vascos e coa intención de minorar a influencia dos sindicatos de clase (UGT e CNT) entre os traballadores vascos, en concreto entre os de orixe vasca en contraposición dos provenientes doutros lugares.

Eusko Langileen Alkartasuna (ELA)
Sindicato do País Vasco e Navarra
LíderAdolfo Muñoz Sanz
(Secretarío Xeral)
Fundación1911
SedeBarrainkua, 13. 48009 Bilbao
IdeoloxíaNacionalismo vasco
Filiación internacionalFederación Sindical Mundial
Afiliados109.318[1]
Delegados sindicais35,73% dos Delegados de Hegoalde
PublicaciónAstekaria
www.ela-sindikatua.eus

Nas súas primeiras fases o sindicato realizaba labores de asistenza social entre os seus afiliados. A expansión de ELA foi moi rápida nos territorios de Guipúscoa e Biscaia, pero máis lenta en Navarra e Álava. A día de hoxe, é o sindicato máis forte na Comunidade Autónoma Vasca en número de afiliados e delegados. Séguenlle CCOO-Euskadi e LAB.

Jose Elorrieta, antigo secretario xeral de ELA

Primeiro Congreso (1929)

editar

O seu primeiro congreso celebrouse os días 12 e 13 de outubro de 1929 no frontón Astelena de Éibar.

Segundo Congreso (1933)

editar

Foi celebrado en Vitoria durante os días 29 e 30 de abril e 1 de maio. Prodúcese o cambio de nome a ELA.

Terceiro Congreso (1976)

editar

Estaba previsto a súa celebración en Pamplona en 1936, pero a sublevación fascista interrompeu as actividades legais deste sindicato durante 40 anos. Posteriormente celebraríase en Zornotza e Éibar. Durante a transición ELA opúxose ós Pactos de La Moncloa.

Cuarto Congreso

editar

Nel ELA apoiou o Estatuto de Guernica, malia advertir das súas carencias en políticas sociais.

Na actualidade é a primeira central sindical da CAV con diferenza e unha importante forza sindical en Navarra. Conta con máis de 100.000 afiliados.

  1. "ELA en cifras". Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2009. Consultado o 18 de abril de 2009. 
  2. ESTORNÉS ZUBIZARRETA, Idoia: «Entre partido y sindicato. Eusko Langileen Alkartasuna-Solidaridad de Trabajadores Vascos (Movimiento Socialista de Euskadi, 1969-1976)», Historia contemporánea, ISSN 1130-2402, pag. 41, 2010.

Ligazóns externas

editar