Euskaltel

operador de telecomunicacións vasco
Para o equipo ciclista, véxase Euskaltel-Euskadi.

Euskaltel é un operador global de telecomunicacións vasco creado en xullo de 1995, que comercializa os seus servizos no País Vasco. Opera en telefonía fixa e móbil, televisión dixital e acceso a Internet de banda larga tanto mediante ADSL como por cable (único licenciatario para isto no País Vasco), para particulares e empresas. Euskaltel é o operador líder de Banda Larga no País Vasco, e conta cunhas cotas de mercado do 45% en telefonía fixa, 44% en Internet de Banda Larga, 30% en telefonía móbil, 30% de Televisión Dixital, e 25% do total de ingresos do sector de telecomunicacións en Euskadi. Euskaltel creceu en 2005 o dobre que o mercado. Os seus ingresos por operacións superaron os 316 millóns de euros, cun incremento do 9%, rexistrando un beneficio ordinario de 24,2 millóns de euros, un 50% superior con respecto ó exercicio anterior. Euskaltel está despregando unha rede de fibra óptica de última xeración no País Vasco, cuns investimentos de 1.200 millóns de euros (600 euros por habitante), o maior investimento en rede por habitante de todo o Estado español.

Euskaltel

Sede de Euskaltel.
TipoSociedade Anónima
Fundación1995
LocalizaciónDerio, Biscaia, País Vasco País Vasco
Persoas claveAlberto García Erauzkin
IndustriaTelecomunicacións
ProdutosTelefonía móbil, telefonía fixa, TV, fibra óptica e ADSL
Beneficio355,15 (2011)
Número de empregados346 (2015)
Na rede
https://www.euskaltel.com/
Facebook: euskaltel Twitter: euskaltel Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A súa sede está localizada no Parque Tecnolóxico de Derio, a poucos quilómetros de Bilbao, Biscaia. O goberno vasco ten o 7% das súas accións, -o 2% a través do EVE e o 5% por parte de EITB-. Á súa vez, as caixas de aforros vascas posúen o 63,86% do capital, -33,13% a BBK, 22,98% a Kutxa, e 7,75% a Vital a través de Araba Gertu.

Desde a súa fundación, actuou como comercializadora dos servizos de telefonía móbil de Amena (actualmente Orange) no País Vasco en virtude dun acordo comercial. Amena proveía ós clientes do servizo telefónico, pero era Euskaltel quen lles facturaba. O acordo que facía posible isto cancelouse a finais de 2006, e o 10 de decembro de 2006, Euskaltel pasou a prestar os seus servizos de telefonía móbil como operador móbil virtual tras romper o acordo con Orange (a antiga Amena), usando as antenas de Vodafone España.

Euskaltel e Orange

editar
 
Cabina telefónica.

O desacordo entre Euskaltel e Orange levou ó que algúns medios de comunicación denominan unha guerra [1], guerra telefónica ou guerra laranxa [2] polos contratos de telefonía móbil subscritos conxuntamente por Euskaltel e Amena. A empresa vasca defende que os consumidores que contrataron un servizo de telefonía fixéronno con Euskaltel, compañía que ten os contratos e os datos bancarios dos clientes. Por isto, pretende manter o control sobre estes contratos e négase a facilitar a Orange datos sobre os clientes que compartían. En cambio, Orange considera que estes clientes subscribiron un contrato para que Amena lles prestase o servizo, no que Euskaltel era soamente o distribuidor ou axente comercial de Amena. Así, enviou mensaxes ós usuarios para que acudan ó servizo de atención ó cliente de Orange, e lanzou unha forte campaña promocional. Os teléfonos móbiles de Euskaltel levaban unha tarxeta Amena/Orange que só servía para o servizo a través de Orange e só daba os datos de consumo a esta compañía, polo que Euskaltel necesitaba desta para realizar a facturación.[Cómpre referencia]

Ámbalas dúas compañías presentaron un recurso de amparo ante a CMT (Comisión do Mercado das Telecomunicacións) reclamando a propiedade dos case 450.000 clientes de Euskaltel, decidindo a CMT que deberían ser os clientes os encargados de decidir con que compañía quedar: se non desexaban permanecer en Orange, deberían solicitar a súa portabilidade a Euskaltel, e Orange veríase obrigada a facilitar as mesmas. O 10 de decembro de 2006, Euskaltel renovou a súa imaxe corporativa e comezou unha campaña de portabilidades en masa, contactando con tódolos seus clientes para invitalos a iniciar a súa portabilidade á rede virtual de Euskaltel, e entregándolles unha nova tarxeta SIM para poder operar en dita rede.[Cómpre referencia]

Mentres tanto, Orange intentou impedir as portabilidades en masa, argumentando "erros técnicos", sendo moi coñecido o caso que impediu á Xunta Directiva de Euskaltel portar os seus números á nova rede, tendo estes que contratar novas liñas con diferente numeración, xa que Orange clasificounos como "morosos" o que impedía portabilidade.[Cómpre referencia]

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar