Eufrasio, segundo o Misal Romano de Galicia, foi bispo de Illiturgi, vila na que recibiu martirio. Foi un dos primeiros bispos de Roma enviados á Hispania e[1] está soterrado no Val do Mao, no Incio.

Modelo:BiografíaEufrasio

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo I Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morteséculo I Editar o valor en Wikidata
Iliturgis, Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
Bispo
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa13 de marzo Editar o valor en Wikidata
Catedral de Xaén, capela de San Eufrasio

O nome é de orixe latina, xentilicio da comarca do río Éufrates, na Mesopotamia.

O feminino corresponde a un nome grego, Euphrasia: alegría, sentimento festivo. Santa Eufrasia foi unha virxe de Constantinopla (380-c 410) que se retirou coa súa nai á Tebaida exipcia.[2]

Correspondencias:

A lenda de Santo Eufrasio e a historia do seu santuario no Incio

editar

Na igrexa parroquial de Santa María do Mao está o sepulcro de Santo Eufrasio. A festa é o 16 de maio segundo o Misal Romano de Galicia,[3] pero no Val do Mao faise o 15 de maio e refesta o 16. O calendario Jeronimiano (c. 450) conmemoraba a Santo Eufrasio o 14 de xaneiro.[4] En 2020 o 15 de maio era a festa que pouco se celebrou por mor da pandemia do coronavirus.[5]

Non se sabe onde naceu. A lenda di que era un discípulo do apóstolo Santiago consagrado bispo por San Pedro no ano 44.

San Pedro enviou desde Roma á Península Ibérica a sete dos seus discípulos, os chamados varóns apostólicos, entre eles Santiago, como recolle o Códice Calxtino. Santo Eufrasio, un deles acabou na Bética (Andalucía) no 44, onde predicou e chegou a ser bispo de Illiturgi, Menjíbar (Xaén), erro pola actual Andújar (Xaén), Isturgi.[4] O Misal Romano de Galicia di que o santo padeceu martirio no 57 en Illiturgi e no 618, sendo bispo Isidoro de Hispalis, o rei Sisebuto ergueu sobre o seu sartego un magnífico templo antes de que os discípulos o trouxesen a Galicia.[6]

A tradición conta que os cristiáns andaluces, derrotados polos alfanxes mouros, fuxiron cara ao norte no ano 700 levando os restos do santo bispo ao lombo. Ao chegaren alá polos anos 716 ao Val do Mao no Incio, o burro que portaba os restos de Santo Eufrasio parou diante dunha silveira e non houbo maneira de facelo andar. Nese lugar enterrouse o santo e ergueuse a primeira igrexa de Santa María do Mao.[7] Esta lenda de pararen os animais que levaban o corpo dun santo aparece noutros lugares coma o San Pexerto de Buciños, e segundo Manuel Murguía ten a orixe nos celtas. Cóntase que o primeiro sitio no que estivo foi en Alende, do outro lado do río Mao.

Ao facer escavacións arqueolóxicas e remodelar o templo apareceron dentro da ábsida vestixios do que puido ser o primitivo santuario: un pequeno cuarto de catro por catro metros, onde debeu estar enterrado antes o Santo Eufrasio. Un templo cemiterio sinxelo e que pode ser de arredor do século VIII e que despois dun período visigótico foi adaptado ao estilo románico. Tamén antes das reformas o sepulcro estaba protexido cunha artística reixa de ferro.[7]

O sartego está no centro da nave da igrexa semienterrado, con dúas grandes lápidas superpostas, a última cunha inscrición borrosa que fai alusión á apertura do enterramento en 1596, para sacar as reliquias, destinadas á cidade de Andújar e para o Escorial. Na cabeceira hai un piar moderno de mármore rematado en capitel con decoración axedrezada, serve de base a unha imaxe do santo barroca, que mide 80 cm.[8]

En 1596 o Rei Filipe II intercedeu para que o mosteiro de Samos lle cedese unha parte das reliquias á cidade de Andújar. Santo Eufrasio é o patrón de Andújar (a el está dedicada a tradicional feira de setembro[9]) e tamén da diocese de Xaén.[10]

Crese que é moi avogoso para as enfermidades dos ósos.

  1. Ledo Cabido, Bieito (ed.). Enciclopedia Galega Universal, 8. Ir Indo. 
  2. Ferro Ruibal, (dir.); Boullón Agrelo, Ferro Ruibal, Xosé M. García Álvarez, Lema Suárez, Tato Plaza (1992). Diccionario dos nomes galegos (en galego). Vigo: Ir Indo. ISBN 84-7680-096-7. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2015. Consultado o 9 de setembro de 2020. 
  3. "Santuarios de la Diócesis de Lugo". Diócesis de Lugo (en castelán). 2012-12-07. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2019. Consultado o 2020-09-09. 
  4. 4,0 4,1 "San Eufrasio Real Academia de la Historia". dbe.rah.es. Consultado o 2020-09-09. 
  5. "O Incio celebra la festividad de San Eufrasio entre medidas de seguridad". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-05-15. Consultado o 2020-09-09. 
  6. "Eufrasio, San - Xacopedia". xacopedia.com. Consultado o 2020-09-09. 
  7. 7,0 7,1 GaliciaDigital. "Plataforma temática sobre Galicia en Internet". www.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 2020-09-09. 
  8. GaliciaDigital. "Plataforma temática sobre Galicia en Internet". www.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 2020-09-09. 
  9. Córcoles, Juan Vicente (2016-09-10). "San Eufrasio en Santa María del Mao". Almeria - Ideal (en castelán). Consultado o 2020-09-09. 
  10. Rodríguez-Becerra, Salvador. "SAN EUFRASIO, PATRÓN DE ANDÚJAR Y DE LA DIÓCESIS DE JAÉN. DE LA LEYENDA A LA REALIDAD". www.researchgate.net (en castelán). Consultado o 2020-09-09. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar