Eucalipto vermello

especie de planta
(Redirección desde «Eucalyptus camaldulensis»)
Eucalipto vermello

Eucalipto vermello, pólas e toro.
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Myrtales
Familia: Myrtaceae
Subfamilia: Myrtoideae
Tribo: Eucalypteae
Xénero: ''Eucalyptus''
Especie: E. camaldulensis
Nome binomial
'Eucalyptus camaldulensis'
Dehnh.

O eucalipto vermello[1] (Eucalyptus camaldulensis) é unha árbore perennifolia da familia das mirtáceas pertencente ao xénero eucalipto. Diferénciase da especie predominante en Galiza, o Eucalyptus globulus, na súa casca avermellada, que se desprende en anacos irregulares cando é vello. Igualmente presentan un ton avermellado as follas, sendo as súas flores e os seus froitos máis pequenos.

Toro dun exemplar de 700 anos en Wonga Wetlands, NSW, Australia.

É unha especie plantada en moitas partes do mundo. É nativa de Australia onde está amplamente espallada, en especial preto dos regueiros. En Galiza cultívase escasamente, aparecendo ocasionalmente naturalizado en zonas litorais.

Foi bautizada así polo mosteiro Camaldoli preto de Nápoles, de onde era o primeiro espécime descrito.

É unha árbore familiar e icona de Australia. Produce boa sombra para as extremas temperaturas en Australia central, e estabiliza bancos de río, retendo o solo.

Descrición

editar

Medra até 20 m, chega ás veces a 60 m de altura; o seu ritidoma (casca) é groso (3 cm) esponxoso, mesturando as cores avermelladas, cinsentas, aversadas e abrancazadas.

O eucalipto vermello ten a capacidade de perder as pólas de súpeto grazas á súa madeira crebadiza e para aforrar auga.

A forma Greenough ([1]) ten un hábito de crecemento estraño, vira 90 º da vertical arredor de 2 m por riba do chan.

Ecoloxía

editar

As "xangadas" formadas cando o eucalipto vermello cae nos ríos coma o Murray, é unha importante parte do ecosistema fluvial, e hábitat vital e sitio de cria dos peixes nativos coma Maccullochella peelii peelii. Desafortunadamente moitas xangadas retíranse dos ríos debido ao entorpecemento da vía fluvial.

 
Froitos e follas do eucalipto vermello.
 
E. camaldulensis nunha inundación.

Cultivo

editar

E. camaldulensis xermola axiña tanto de sementes frescas coma de almacenadas en condicións de frío seco. E tamén logo adquire resistencia á seca. É un excelente bonsai, e agroma ben da base e do ápice epicórmico.

Este eucalipto destaca pola súa madeira avermellada, oscilando entre rosa suave a encarnado negro dependendo da idade. É moi crebadiza e xeralmente de gran cruzado, facendo o traballo manual difícil. Tradicionalmente usouse para aplicacións de resistencia coma trabes e postes. Máis recentemente para moblaxe fina pola súa espectacular cor avermellada profunda e típicas figuras no sámago. Necesita coidadosa selección para a facer máis forte aos cambios de humidade. É densa (900 kg/m3), moi dura, admite bo brillo. Por suposto que todo aínda mellora con madeira estacionada e idosa.

Tamén fornece boa leña e excelente carbón que é exitosamente usado no Brasil para a siderurxia do ferro e do aceiro.

Ademais, a árbore é usada para polinización con abellas no Brasil e na Arxentina.

É un dos eucaliptos máis plantados mundialmente (ca. 5.000 km² plantados) (NAS, 1980a: Arxentina, EUA, Brasil, Exipto, Kenya, Marrocos, Nixeria, Paquistán, Senegal, Serra Leoa, España, Paraguai, Perú, Sri Lanka, Sudán, Tanzania, Alto Volta, Uruguai, Zimbabwe.

Emprégase tamén como planta ornamental.

Variedades e sinonimia

editar

subsp. camaldulensis.

  • Eucalyptus rostrata Schltdl., Linnaea 20: 655
  • Eucalyptus acuminata Hook. in T.L.Mitch., J. Exped. Trop. Australia: 390 (1848)
  • Eucalyptus longirostris F.Muell. ex Miq., Ned. Kruidk. Arch. 4: 125 (1856)
  • Eucalyptus longirostris f. brevirostris F.Muell. ex Miq., Ned. Kruidk. Arch. 4: 125 (1856)
  • Eucalyptus rostrata var. borealis R.T.Baker & H.G.Sm., Res. Eucalypts: 75 (1902)
  • Eucalyptus rostrata var. brevirostris (F.Muell. ex Miq.) Maiden, Bull. Herb. Boissier, II, 2: 581 (1902)
  • Eucalyptus rostrata var. acuminata (Hook.) Maiden, Crit. Revis. Eucalyptus 4(33): 67 (1917)
  • Eucalyptus mcintyrensis Maiden, Crit. Revis. Eucalyptus 6: 166 (1922)
  • Eucalyptus tereticornis var. rostrata Ewart, Handb. Forest Trees Victorian: 301 (1925)

subsp. simulata Brooker & Kleinig, Field Guide Eucalypts 3: 371 (1994).[2]

  1. Guía das árbores de Galicia, Henrique Niño Ricoi e ilustracións de Calros Silvar, A Coruña, 2006, Baía Edicións.
  2. "Eucalipto vermello". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2012. Consultado o 4 de maio de 2010. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar