Estádio Beira-Rio
O Estádio José Pinheiro Borda, coñecido como Gigante da Beira-Rio ou simplemente Beira-Rio, é un estadio de fútbol brasileiro situado na cidade de Porto Alegre, capital do Estado de Río Grande do Sur. Localizado á beira do lago Guaíba, leva o nome de Beira-Rio por un equívoco que da época, ao considerar ao Guaíba un río. É o estadio local do Internacional de Porto Alegre e unha das sedes do Mundial de Fútbol de 2014. Foi bautizado en homenaxe ao cidadán portugués e colorado (alcume que designa os seareiros do Internacional) que presidiu a comisión de obras e comandou a construción.[1], vindo a falecer pouco antes da súa conclusión. O Beira-Rio substituíu o Estádio dos Eucaliptos, anterior sede do Internacional.
Estádio José Pinheiro Borda Estádio Beira-Rio | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 30°03′56″S 51°14′10″O / -30.065614, -51.236086 |
Localización | Porto Alegre, RS Brasil |
Alcume | O Gigante da Beira-Rio |
Construción | |
Inauguración | 6 de abril de 1969 |
Renovación | 2013 |
Arquitecto | Rui Tedesco |
Custo | R$ 330 millóns (reforma) |
Estadio | |
Superficie | Herba |
Dimensións | 105 × 68 |
Capacidade | 48.849 |
Asist. máxima | 106.554 (6 de abril de 1969) Brasil 3-3 Sel. Gaúcha |
Prim. partido | Internacional 2-1 Benfica |
Propietario | Sport Club Internacional |
Localía | Sport Club Internacional |
Eventos | |
Mundial de Fútbol Brasil 2014 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Notas
editar- ↑ "Beira-Rio, o estádio que traz um português no nome". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2014. Consultado o 29 de maio de 2014.