Escanos en Branco

Plataforma Política Española
(Redirección desde «Escons en Blanc»)

Escanos en Branco (EB; catalán: Escons en Blanc, éuscaro: Aulki Zuriak, castelán: Escaños en Blanco), é un partido político español fundado en Badalona (Provincia de Barcelona) o 21 de xullo de 2010 que loita polo recoñecemento dun voto de protesta en forma de escanos baleiros.

Escanos en Branco
Logo
AcrónimoEB
Tipopartido político español
Data de fundación21 de xullo de 2010
SedeBadalona
PaísEspaña
Na rede
http://escanos.org
Facebook: escanosenblanco Twitter: escanosenblanco Youtube: UCPVPYiWHPtFbqIvSIi_yRHA Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Parada durante unha visita turística de militantes e simpatizantes de Escanos en Branco fronte ao Congreso dos Deputados. Madrid, 25 de maio de 2013.

Ideoloxía

editar

Escanos en Branco ofrece representación para aqueles cidadáns desconformes que non atopan unha alternativa satisfactoria entre as opcións de voto presentes. O seu programa[1] ten un único punto:

  • non tomar posesión do cargo, deixando baleiro calquera escano que puidesen chegar a acadar, renunciando a todo tipo de remuneración persoal e de partido derivada deste feito.

A formación política, segundo se expresa no manifesto feito público na páxina web do partido, busca:

  1. Facer visíbel, de maneira inequívoca, o descontento coa clase política dunha parte importante da cidadanía que non se sente representada.
  2. Captar a atención dos medios de comunicación e da sociedade en xeral cunha acción orixinal e innovadora, á vez que democrática, que contribúa así a xerar un debate público centrado no déficit do sistema de representación.
  3. Meter presión á clase política e os seus partidos para que se esforcen moito máis en desenvolver a súa actividade con ética e respecto, promovendo iniciativas de goberno e lexislativas que fomenten a participación dos cidadáns máis aló dos comicios que se celebran cada catro anos.

Obxectivo

editar
 
Afiliado de Escanos en Branco informando a pé de rúa durante a campaña das eleccións europeas de 2014.

O partido disolverase cando se aprobe unha reforma da lei electoral onde se teña en conta un tipo de voto para poder optar por ningunha das formacións dispoñíbeis que se traduza automaticamente en escanos baleiros. Esta petición é equivalente ao concepto de voto en branco computábel.

Metodoloxía para deixar o escano baleiro

editar

Tras a obtención dos primeiros candidatos electos nas eleccións municipais de 2011, Escanos en Branco elaborou un documento[2] que servise como procedemento para deixar a concellería baleira durante a vixencia da corporación municipal. Este procedemento, amparado pola doutrina da Xunta Electoral Central,[3] consiste en non presentarse á toma de posesión do cargo en ningunha das ocasións (normalmente plenos do concello) legalmente permitidas para iso.

O non tomar plena condición de concelleiro non supón a perda da condición de concelleiro electo, o cal permite ao candidato manterse á marxe das decisións do consistorio sen incumprir a lei, carecendo dos dereitos e obrigacións habituais dos parlamentarios, así como dos privilexios (información privilexiada, dietas, soldos etcétera).