Escola de negocios
Unha escola de negocios é unha institución de nivel universitario que ensina materias como contabilidade, economía, mercadotecnia, finanzas, estratexia, métodos cuantitativos e comportamento organizacional. Inclúen escolas de negocios, administración de empresas e management.[1]
Orixe
editarO movemento de creación das primeiras escolas de negocios comezou na segunda metade do século XIX. A primeira do mundo foi a ESCP Europe (París), fundada en 1819 polo famoso economista Jean-Baptiste Say.[2] Tanto a Wharton Business School (Filadelfia) como HEC Paris (París) foron fundadas en 1881. HEC Liege en 1898 e a Tuck School of Business (Nova Hampshire) fundouse en 1900. Precisamente Tuck School of Business foi a pioneira en impartir o Master in Business Administration (MBA), e constituíu e consolidou o modelo de escola que foi seguido polo resto de escolas do mundo.
Hogano existen centos de institucións especializadas e as principais universidades do mundo contan coas súas propias escolas de negocios. INT Management en París, por exemplo, é unha famosa escola de negocios que forma parte do Institut National des Télécommunications de Francia. En Latinoamérica un dos centros máis importantes é o IPADE Business School de México.
Notas
editar- ↑ "Kaplan A.: A school is “a building that has four walls…with tomorrow inside”: Toward the reinvention of the business school, Business Horizons, 2018".
- ↑ "Kaplan A.: European Management and European Business Schools: Insights from the History of Business Schools, European Management Journal, 2014".
Ligazóns externas
editar- Financial Times Arquivado 28 de agosto de 2008 en Wayback Machine. Ranking global de MBA
- Asociación española de Escolas de negocios
- Foro Europeo Escola de Negocios
- IPADE Business School