Eric Hobsbawm

historiador británico (1917-2012)

Eric John Ernest Hobsbawm, nado en Alexandría, Exipto, o 9 de xuño de 1917 e finado en Londres, Inglaterra, o 1 de outubro de 2012, foi un historiador marxista británico. Foi autor da triloxía Long nineteenth century (The Age of Revolution: Europe 1789–1848, The Age of Capital: 1848–1875; The Age of Empire: 1875–1914).

Modelo:BiografíaEric Hobsbawm

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Eric John Ernest Hobsbawm Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xuño de 1917 Editar o valor en Wikidata
Alexandría, Exipto Editar o valor en Wikidata
Morte1 de outubro de 2012 Editar o valor en Wikidata (95 anos)
Londres (Reino Unido) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Highgate Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBerlín (1931–)
Viena
Villa Seutter (pt) Traducir
Londres Editar o valor en Wikidata
EducaciónKing's College
St Marylebone Grammar School (en) Traducir
Prinz-Heinrichs-Gymnasium (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoRelacións internacionais Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, profesor universitario, xornalista musical, historiador social, Historiador da economía, historiador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorBirkbeck College Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Grã-Bretanha (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enNacionalismo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresBalduin Fischer, Otto Rubensohn e Arnold Bork (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMuriel Seaman
Marlene Hobsbawm Editar o valor en Wikidata
FillosJoss Bennathan
 () Marion Bennathan
Andy Hobsbawm
 () Marlene Hobsbawm
Julia Hobsbawm
 () Marlene Hobsbawm Editar o valor en Wikidata
PaisLeopold Percy Hobsbaum Editar o valor en Wikidata  e Nelly Hobsbaum Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1402399 BNE: XX856872 Dialnet: 703243 iTunes: 408880496 WikiTree: Hobsbawm-1 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de pais xudeus e criado en Viena e Berlín, non se trasladaría a Londres ata 1933, cos seus pais xa finados. Obtivo o seu doutoramento en Historia pola Universidade de Cambridge. En 1947 obtivo unha praza de profesor de Historia na Universidade de Londres. Foi profesor visitante en varias universidades estadounidenses e membro da Academia Británica.

Pensamento

editar

Os seus traballos centráronse nos eidos do capitalismo, o socialismo e o nacionalismo. A súa filiación comunista causoulle problemas de marxinación profesional, non sendo ata os anos 60 cando se empezaron a publicar os seus traballos e impedíndolle acadar unha praza de mestre en Cambridge. Malia ela, non vacilou en condenar a invasión soviética de Hungría e saudar con simpatía a Primavera de Praga.

No eido historiográfico, a súa perspectiva marxista contribuíu a superar a vella historiografía vitoriana baseada nos grandes personaxes, contribuíndo á construción da historia social. Criticou as chamadas tradicións nacionais, considerándoas meros inventos das elites gobernantes para xustificaren as construcións dos Estados-nación. Focalizou boa parte da súa análise na que el denominou Revolución Dual, a francesa e a industrial, interpretándoas como a forza impulsora do liberalismo capitalista actual. Outro tema recorrente nos seus traballos é o dos bandidos sociais, aos que dota dun contexto sociohistórico, contradicindo así a visión tradicional de seren un xeito espontáneo e imprevisible de rebelión primitiva. Tamén publicou numerosos ensaios sobre a barbarie na Idade Moderna, a problemática do movemento obreiro e o conflito entre o anarquismo e o comunismo.

Alén da súa actividade coma historiador, tamén escribiu unha columna regular na revista New Statesman coma crítico de jazz, asinada baixo o pseudónimo de Francis Newton.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar