Enduro
O enduro (do inglés endurance, "resistencia") é unha disciplina deportiva motociclista principalmente de fóra de asfalto, aínda que tamén pode discorrer en parte por estradas, rúas ou circuítos asfaltados. Unha competición de enduro inclúe varias probas complementarias que computan para o resultado global, como a «crono» ou tramo cronometrado ou a proba de aceleración sobre asfalto, pero a proba principal é a de regularidade contra o reloxo, que consiste en percorrer un itinerario longo por todo tipo de terreos nun tempo predefinido, con controis estritos de etapa nos que hai que selar a tarxeta de paso no minuto indicado, e onde o piloto recibe unha penalización se chega tarde ou antes de hora.
O enduro practícase nos cinco continentes, e é moi popular en Cataluña, Italia, Alemaña, o Reino Unido, Francia, Centroeuropa e Escandinavia principalmente, aínda que tamén nos Estados Unidos, Australia ou o Xapón.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Enduro |