Encoro hidroeléctrico de Itaipú
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2023.) |
O Encoro Hidroeléctrico de Itaipú, o maior en operación no mundo, é un emprendemento binacional desenvolvido polo Brasil e polo Paraguai no Río Paraná no treito de fronteira entre os dous países, 14 km ao norte da Ponte da Amizade. A área do proxecto esténdese desde Foz do Iguazú, no Brasil, e Ciudad del Este, no Paraguai, ao sur, até Guaíra (Brasil) e Salto del Guairá (Paraguai), ao norte. A potencia instalada do Encoro é de 14.000 MW (megawatts), con 20 unidades xeradoras de 700 MW cada. No ano 2000, a fábrica atinxiu o seu récord de produción de 93,4 billóns de quilowatts-hora (kWh), sendo responsábel do suprimento do 95% da enerxía eléctrica consumida no Paraguai e 24% de toda a demanda do mercado brasileiro.
Tipo | barragem de aterro (pt) transborder building (en) Buttress dam (en) barragem de gravidade (pt) | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Seven Wonders of the Modern World (en) | |||
Situado na entidade xeográfica | Río Paraná | |||
Localización | ||||
División administrativa | Hernandarias, Paraguai (pt) e Foz do Iguaçu, Brasil | |||
| ||||
Bañado por | Río Paraná | |||
Conca hidrográfica | Bacia do rio da Prata (pt) | |||
Características | ||||
Dimensións | 7.700 () m | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | década de 1970 | |||
Actividade | ||||
Operador | Itaipu Binacional (pt) | |||
Propietario | Itaipu Binacional (pt) | |||
Sitio web | itaipu.gov.py | |||
Historia
editarNegociacións entre o Brasil e Paraguai
editarO encoro de Itaipú foi o resultado de intensas negociacións entre os dous países durante a década de 1960. En 22 de xuño de 1966, os ministros das Relacións Exteriores do Brasil, Juracy Magalhães, e de Paraguai, Sapena Pastor, asinaron a "Acta do Iguazu", unha declaración conxunta que manifestaba a disposición para estudar o aproveitamento dos recursos hidráulicos pertencentes en condominio aos dous países, no treito do Río Paraná "desde e inclusive o Salto de Sete Caídas até a foz do Río Iguazú".
Inicio da obra
editarEn 1970, o consorcio formado polas empresas IECO (dos Estados Unidos de América) e ELC (da Italia) venceu a concorrencia internacional para a realización dos estudos de viabilidade e para a elaboración do proxecto da obra. O inicio do traballo deuse en febreiro de 1971. En 26 de abril de 1973, Brasil e Paraguai asinaron o Tratado de Itaipú, instrumento legal para o aproveitamento hidroeléctrico do Río Paraná polos dous países. En 17 de maio de 1974, creouse a entidade binacional Itaipú, para xerenciar a construción da fábrica. O inicio efectivo das obras ocorreu en xaneiro do ano seguinte.
Desvío do Río Paraná
editarNo día 14 de outubro de 1978 foi aberto o canal de desvío do Río Paraná, que permitiu secar un treito do leito orixinal do río para construír alí o encoro principal, en concreto.
Acordo entre o Brasil, Paraguai e a Arxentina
editarOutro marco importante, na área diplomática, foi a sinatura do Acordo Tripartito entre o Brasil, Paraguai e a Arxentina, en 19 de outubro de 1979, para aproveitamento dos recursos hidráulicos no treito do Río Paraná desde as Sete Caídas até a foz do Río da Prata. Este acordo estabeleceu os niveis do río e as variacións permitidas para os diferentes emprendementos hidroeléctricos na bacía común aos tres países. Naquela época, cando os tres países eran gobernados por ditaduras militares, había o temor da Arxentina que nun eventual conflito o Brasil abrise completamente as comportas de Itaipú, inundando a cidade de Buenos Aires.
Surximento do depósito
editarO depósito do encoro comezou a formarse en 13 de outubro de 1982, cando foron concluídas as primeiras obras e, a continuación, se pecharon as comportas do canal de desvío. Nese período, as augas subiron 100 metros e chegaron ás comportas do vertedoiro ás 10 horas do día 27 de outubro, debido ás chuvias fortes e enchentes que ocorreron.
Inicio das operacións
editarO 5 de maio de 1984 entrou en operación a primeira unidade xeradora de Itaipú. As 18 unidades xeradoras foron instalándose ao ritmo de dúas a tres por ano.
Expansión da capacidade en 2005
editarNo ano en que Itaipú comemorou 31 anos de creación, a fábrica tivo a súa capacidade instalada elevada de 12.600 megawatts (MW) para 14.000. As dúas últimas unidades xeradoras, segundo o cronograma, deberían ter sido inauguradas nos meses de setembro e outubro.
Coas 18 unidades, Itaipú produce unha media de 90 millóns de megawatts-hora (MWh) por ano. Co aumento da capacidade e en condicións favorábeis do río Paraná (chuvias en niveis normais en toda a bacía), a xeración poderá chegar até 100 millóns de MWh.
O aumento da capacidade permitirá que 18 unidades xeradoras permanezan funcionando o tempo todo, en canto dúas permanecen en operación (hoxe, 16 operan en canto faise a manutención periódica de dúas).
Cada turbina xera en torno de 700 megawatts/hora (MW/h), sendo que toda a auga das Cataratas do Iguazú ten a capacidade de alimentar apenas dúas turbinas da fábrica.
Brasiguaios
editarO espello de auga da fábrica alagou diversas propiedades de moradores do extremo oeste do Estado do Paraná. As indemnizacións non foron suficientes para que os agricultores comprasen novas terras no Brasil. Sendo as terras no Paraguai máis baratas, millares emigraron para ese país, criando o fenónemo social dos brasiguaios -brasileiros e os seus familiares que residen en terras paraguaias na fronteira co Brasil-.
Compensacións
editarNos 170 quilómetros de extensión, entre a Foz do Iguazú e Guaíra, o encoro de Itaipú atinxe áreas de 16 municipios, dos cales 15 no Paraná e un no Mato Groso do Sur. Como compensación, Itaipú paga uns dereitos ou compensacións a eses municipios, proporcionalmente á área de terra alagada. O goberno do Paraná tamén recibe o mesmo valor pago aos 15 municipios que teñen dereito a tales compensacións.
Con base na chamada Lei dos Royalties (Lei das compensacións), promulgada en 1991, Itaipú pagou até hoxe máis de US$ 2,05 billóns en royalties, dos cales cerca do 75% ficaron no Paraná, distribuídos medio a medio entre o goberno do Estado e os municipios lindeiros.
Vexa como ficou a distribución aos municipios paranaenses, acumulada ao longo deses anos:
- Foz do Iguaçu US$ 151,0 millóns
- Santa Terezinha de Itaipu US$ 31,3 millóns
- São Miguel do Iguaçu US$ 80,5 millóns
- Itaipulândia US$ 122 millóns
- Medianeira US$ 868,4 mil
- Missal US$ 29,9 millóns
- Santa Helena US$ 197,4 millóns
- Diamante D'Oeste US$ 4,2 millóns
- São José das Palmeiras US$ 1,4 millóns
- Marechal Cândido Rondon US$ 48,8 millóns
- Mercedes US$ 13,1 millóns
- Pato Bragado US$ 31,9 millóns
- Entre Rios do Oeste 22,3 millóns
- Terra Roxa US$ 1,2 millón
- Guaíra US$ 38,1 millóns.
- O municipio sur-mato-grosense de Mundo Novo recibiu, desde 1991, o total de US$ 10,9 millóns.
Formigón
editarA cantidade de formigón utilizada na construción da fábrica hidroeléctrica de Itaipú daría para construír 210 estadios de fútbol do tamaño do Maracaná. No momento da súa construción a fabricación de formigón era suficiente para construír a cada hora un predio de 25 andares. Usando todo o formigón empregado na construción, estimouse que se podería construír todo o estado de Santa Catarina hoxe.
Ferro
editarO ferro e aceiro utilizados permitirían a construción de 380 Torres Eiffel.
Caudal
editarA caudal máximo que pode baleirar o encoro de Itaipú (62,2 mil metros cúbicos por segundo) corresponde a 40 veces o caudal medio das Cataratas do Iguazú.
O caudal de dúas turbinas de Itaipú (700 metros cúbicos de auga por segundo cada un), corresponde a todo o caudal medio das Cataratas (1500 metros cúbicos por segundo).
Enerxía
editarO Brasil tería de queimar 434 mil barrís de petróleo por día para obter en plantas termoeléctricas a mesma produción de enerxía de Itaipú.
Escavacións
editarO volume de escavacións de terra e rocha en Itaipú é 8,5 veces superior ao do Eurotúnel (que liga Francia e Inglaterra baixo o Canal da Mancha) e o volume de formigón é 15 veces maior.
Fonte: http://www.itaipu.gov.br/
"Pega-bicho"
editarNunha operación denominada Mymba Kuera (que en tupí-guaraní quer dicir “pega-bicho”), durante a formación do encoro, equipos do sector ambiental de Itaipú esforzáronse en percorrer a maior parte da área que sería alagada para salvar centenas de exemplares de especies de animais da rexión.
O encoro
editarAínda que sexa apenas o sétimo do Brasil en tamaño, o encoro de Itaipú ten o maior aproveitamento en relación á área inundada. Para a potencia instalada de 12.600 MW, alagáronse 1.350 quilómetros cadrados. Os depósitos dos encoros de Sobradiño, Tucuruí, Porto Primavera, Balbina, Serra da Mesa e Furnas son maiores que o Itaipú, mais todos perden na relación área inundada/capacidade instalada.
O encoro que máis produce, Tucuruí, ten capacidade instalada de 4.240 MW, mais houbo necesidade de inundar unha área de 2.430 quilómetros cadrados. Itaipú é beneficiada por ser o último encoro da Bacía do Río Paraná clasificada como a fío de auga, isto é, utiliza toda a auga que chega ao depósito, mantendo unha reserva mínima para garantir a operacionalidade.
Dimensións
editarA presa ten 199 metros de altura, o que é equivalente a un predio de 65 andares.
Construción
editarA súa construción implicou o traballo directo de 40.000 persoas, e removéronse máis de 50 millóns de toneladas de terra e pedras.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Itaipu Binacional (referencia bibliográfica principal deste artigo)
- Imaxe de Satélite da Barraxe no Google Maps