Eleuterio González Salgado

mestre e político galego

Eleuterio González Salgado, coñecido como Leuter, nado en Ourense o 18 de abril de 1899 e finado na mesma cidade o 29 de marzo de 1977, foi un mestre e destacado político galeguista. Alumno destacado de Vicente Risco na Escola Normal, axiña se converteu no seu amigo e colaborador.[3]

Modelo:BiografíaEleuterio González Salgado

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de abril de 1899 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte29 de marzo de 1977 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de San Francisco de Ourense Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre Editar o valor en Wikidata

BUSC: gonzalez-salgado-eleuterio-1899-1977

Traxectoria

editar
 
Banquete galeguista en Ourense en homenaxe a Emilia Docet e a Manuel Luís Acuña, en 1933. Na foto, entre outros, Vicente Risco, Ramiro Isla Couto, Leuter, Álvaro Cunqueiro, Ramón Otero Pedrayo, María Luz Morales, Eduardo Blanco Amor, Xoán Luís Ramos Colemán e Manuel Peña Rei

Membro da sección de Prehistoria do Seminario de Estudos Galegos desde 1926, participou na escavación de varios castros. Militou nas Irmandades da Fala e no Partido Nazonalista Republicán de Ourense e actuou como secretario na mesa presidencial da asemblea constitutiva do Partido Galeguista. Ocupou os cargos de concelleiro no concello de Ourense (1931) e deputado provincial, e formou parte da Comisión Xestora desta última institución.

Dende a Deputación participou de xeito activo no Comité proferrocarril Zamora-A Coruña. Amais, foi cofundador da Caixa de Aforros de Ourense (1933) e presidente da Cruz Vermella (1935-1936). Membro da redacción da revista Nós, colaborou tamén en A Nosa Terra, La Zarpa e Heraldo de Galicia, entre outras publicacións. Participou, amais, na emisión galega na BBC.

Foi mestre no colexio de Quereño (Rubiá) e nos centros León XIII e Concepción Arenal na capital da provincia, entre outros. Polo seu labor educativo e divulgador do idioma e cultura de Francia, o Ministerio de Educación Nacional galo concedeulle o 14 de xullo de 1936 o Diploma de Oficial da Academia de Francia e a correspondente condecoración.

Despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 tivo que deixar forzosamente a política e en 1938 foi obrigado a marchar a Vilamarín. Alí impartiu aulas até 1945, cunha breve paréntese en Santa Marta de Moreiras (O Pereiro de Aguiar). Ese ano abandonou o ensino para traballar na empresa de transportes por ferrocarril Transfesa. Desprazouse inicialmente a Córdoba e mais a Cáceres para xestionar cargas de olivas e ovellas, respectivamente.[4] Anos despois reincorporouse ao ensino e xubilouse a mediados da década de 1960.

Participou na creación da Editorial Galaxia e na fundación do Partido Socialista Galego (PSG), mais morreu a véspera da legalización do partido.

  1. "González Salgado, Eleuterio". Enciclopedia Galega Universal 10. Ir Indo Edicións. 1999-2002. p. 54. ISBN 84-7680-288-9. 
  2. "González Salgado, Eleuterio". Diccionario enciclopédico galego universal 31. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 47. ISBN 84-7680-429-6. 
  3. Otero Pedrayo (2005). "González Salgado, Eleuterio". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8. 
  4. Epton, N. (1993): Uvas e granito. Unha viaxe por Galicia. Ir Indo Edicións, páx. 72. ISBN 9788476801505.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar