Elam
O antigo Imperio Elamita, تمدن عیلام en fārsi, situábase ao leste de Sumeria e Acad, no actual suroeste de Irán. Os elamitas chamábanlle ao seu país Haltamti[1] (en elamita tardío, Atamti), do cal os seus veciños acadios adaptaron como Elam. O alto Elam foi posteriormente cada vez máis identificado pola súa capital, Susa, e xeógrafos posteriores a Tolomeo chamaron a todo ese territorio Susiana. O nome de Elam en persa antigo era Hujiyā, o cal sobrevive no nome da provincia Khuzestān Bakhtiari Lurs. Khuzestān xunto con Fārs conteñen os restos do antigo Elam.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Anshan, Persia Susa | ||||
Poboación | |||||
Lingua usada | Lingua elamita | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 2700 a. C. | ||||
Disolución | 539 a. C. | ||||
A lingua elamita non está relacionada cos grupos lingüísticos veciños: semita, sumerio e iraniano. Algúns expertos cren que a lingua está relacionada coas actuais linguas dravídicas do sur da India (ver linguas elamo-drávidas).
Historia
editarA historia elamita convencionalmente dividiuse en tres períodos. Non obstante, debe considerarse que os restos e artefactos das primeiras etapas continúan a ser descubertos no centro e sueste de Irán. Algúns expertos refírense a este período como Proto-Elamita.
- Período Elamita Antigo empeza cos reis elamitas testemuñados con maior antigüidade, aproximadamente -2700. Elam, designado por escribas sumerios simplemente como NIM "Terras montañosas", non fora unificado etnicamente ou culturalmente con anterioridade. Elam caeu baixo o control político de Acad no século –XXII por acción de Sargón de Acad, o cal mantivo as institucións locais. A dinastía Awan reafirmou a independencia de Elam. Shulgi de Ur (-2049 – -2047) conquistou Elam por un tempo. A mediados do século –XIX, o poder en Elam pasou á dinastía Epártida. Hammurabi de Babilonia atacou Elam no século –XVIII. O rei Kutir-Nahhunte I de Elam contraatacou e causou unha sería derrota ao fillo de Hammurabi.
- Período Elamita Medio empeza sobre o -1350, despois dun período de 200 anos do que se sabe pouco. Sobre -1160, baixo Shutruk-Nahhunte, Elam derrota aos casitas e establece o primeiro Imperio elamita, que durou pouco, o rei Nabucodonosor I de Babilonia conquistou Elam polo -1120, levando o imperio ao seu fin.
- Sobre o -750 Elam reafirmou a súa independencia, causando o renacemento cultural do Período Neo-Elamita. Elam foi conquistada polos Asirios no -645, conquista que provoca o fin de Elam como estado independente. Os medos conquistaron Elam aos asirios, e a dinastía Aqueménida, outra dinastía iraniana que gobernou a anterior terra elamita de Anshan, tomou Susa e conquistou o Imperio Medo, para establecer o primeiro Imperio Persa.
As historias tradicionais acabaron a historia elamita co seu sometemento aos Aqueménidas, pero as referencias gregas e latinas a "Elimeos" testemuñan unha supervivencia cultural, segundo Daniel Potts (ver refs.). Adicionalmente, o viaxeiro árabe do século X Istakhrī comentaba que a xente de Khuzestān falaba tres linguas, árabe, Fārsi e algo que eles chamaban Khuzī". Non está claro se esta lingua descendía do elamita ou simplemente era un dialecto local persa. A lingua elamita aínda non se deu relacionado con ningunha outra coñecida.
A lingua elamita foi unha das linguas oficiais do Imperio Persa en tempos antigos, e Susa unha das catro capitais do imperio. Susa tamén serviu como capital da Dinastía Sasánida a partir do -224 ata o 651. O último uso da escritura elamita data do século IV, e Elam é aínda coñecido como a actual provincia de Khuzestán, onde se basea a inmensa industria petroleira de Irán.
Cronoloxía de gobernantes
editarDinastía Awan (datas precisas descoñecidas).
- Peli, (-2500).
- Tata, (data precisa descoñecida).
- Ukku-Takhesh, (data precisa descoñecida).
- Khishur, (data precisa descoñecida).
- Shushun-Tarana, (data precisa descoñecida).
- Napil-Khush, (data precisa descoñecida).
- Kikku-Sive-Temti, (data precisa descoñecida).
- Lukh-Ishshan, (século -XIV).
- Khelu, (-2300).
- Khita, (-2275).
- Kutik-Inshushinnak, (-2240).
Dinastía Simash (datas precisas descoñecidas).
- Gir-Namme, (-2030).
- Enpi-Luhhan, (-2010).
- Khutran-Temtt, (data precisa descoñecida).
- Kindattu, (data precisa descoñecida).
- Indattu-Inshushinnak I, (data precisa descoñecida).
- Tan-Rukhurater, (data precisa descoñecida).
- Indattu-Inshushinnak II, (data precisa descoñecida).
- Indattu-Napir, (data precisa descoñecida).
- Indattu-Tempt, (data precisa descoñecida).
Dinastía Epartida (datas precisas descoñecidas).
- Eparti I, (data precisa descoñecida).
- Eparti II, (data precisa descoñecida).
- Eparti III, (-1850).
- Shilkhakha, (data precisa descoñecida).
- Attakhushu, (-1830).
- Sirukdukh, (-1792).
- Shimut-Wartash, (-1772 - -1770).
Dinastía Babilónica (-1770 - -1500).
- Siwe-Palar-Khuppak, (-1770 - -1745).
- Kuduzulush I, (-1745 - -1730).
- Kutir-Nahhunte I, (-1730 - -1700).
- Lila-Ir-Tash, (-1700 - -1698).
- Temti-Agun I, (-1698 - -1690).
- Tan-Uli, (-1690 - -1655).
- Temti-Khalki, (-1655 - -1650).
- Kuk-Nashur II, (-1650 - -1635).
- Kutir-Shilkhakha I, (-1635 - -1625).
- Temti-Raptash, (-1625 - -1605).
- Kuduzulush II, (-1605 - -1600).
- Tata, (-1600 - -1580).
- Atta-Merra-Khalki, (-1580 - -1570).
- Pa-Ishshan, (-1570 - -1545).
- Kuk-Kirwash, (-1545 - -1520).
- Kuk-Nahhunte, (-1520 - -1505).
- Kutir-Nahhunte II, (-1505 - ????).
Dinastía Igehalkida (-1350 - -1200).
- Ige-Halki, (-1350 - -1330).
- Pakhir-Ishshan, (-1330 - -1310).
- Attar-Kittakh, (-1310 - -1300).
- Khuman-Numena, (-1300 - -1275).
- Untash-Naprisha, (-1275 - -1240).
- Unpatar-Naprisha, (-1240 - -1235).
- Kiddin-Khutran, (-1235 - -1210).
Dinastía Shutrukida (-1205 - -1100).
- Khallutush-In-Shushinak, (-1205 - -1185).
- Shutruk-Nahhunte, (-1185 - -1155).
- Kutir-Nahhunte III, (-1155 - -1150).
- Shilkhak-In-Shushinak, (-1150 - -1120).
- Khutelutush-In-Shushinak, (-1120 - -1110).
- Shilhana-Hamru-Lagamar, (-1110 - ????).
Última Dinastía Elamita (-743 - -644).
- Khumbanigash I, (-743 - -717).
- Shuttir-Nakhkhunte (-717 - -699).
- Khallushu, (-699 - -693).
- Kutir-Nakhkhunte (-693 - -692).
- Khumma-Menanu (-692 - -689).
- Khumma-Khaldash I, (-689 - -681).
- Khumma-Khaldash II (-681 - -680).
- Khumma-Khaldash II e Shilhak-In-Shushinak (-680 - -676).
- Shilhak-In-Shushinak e Urtaku, (-676 - -664).
- Shilhak-In-Shushinak e Tempti-Khumma-In-Shushinak, (-664 - -653).
- Atta-Khumma-In-Shushinak e Khumbanigash II, (-653 - -651).
- Atta-Khumma-In-Shushinak e Tammaritu, (-651 - -649).
- Atta-Khumma-In-Shushinak e Indabigash, (-649 - -648).
- Indabigash, (-648 - -647).
- Khumma-Khaldash III, (-647 - -644).
Notas
editar- ↑ Alvar (1989), p. 13
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Elam |
Bibliografía
editar- Alvar, Jaime (1989). Los persas. Col. Historia del mundo antiguo, nº 13 (en castelán). Madrid: Akal. ISBN 84-7600-386-2.
- Khačikjan, Margaret: The Elamite Language, Documenta Asiana IV, Consiglio Nazionale delle Ricerche Istituto per gli Studi Micenei ed Egeo-Anatolici, 1998 ISBN 88-87345-01-5.
- Potts, Daniel T.: The archaeology of Elam: formation and transformation of an ancient Iranian state, Cambridge U., 1999 ISBN 0-521-56496-4 y ISBN 0-521-56358-5.
- Quintana Cifuentes, Enrique, Historia de Elam el vecino mesopotámico, Murcia, 1997. Estudios Orientales. IPOA-Murcia.
- Quintana Cifuentes, Enrique, Textos y Fuentes para el estudio del Elam, Murcia, 2000. Estudios Orientales. IPOA-Murcia.
Ligazóns externas
editar- Lengua e historia elamita, por Enrique Quintana (en español).
- https://web.archive.org/web/20160222154459/http://www.elamit.net/ (en italiano e inglés).