Édouard Daladier
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Édouard Daladier, nado en Carpentras o 18 de xuño de 1884 e finado en París o 10 de outubro de 1970, foi un político francés, deputado polo Partido radical socialista de Vaucluse, ministro e xefe do goberno francés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xuño de 1884 Carpentras, Francia |
Morte | 10 de outubro de 1970 (86 anos) París, Francia |
Lugar de sepultura | Grave of Édouard Daladier (en) Cemiterio do Père-Lachaise, 72 48°51′49″N 2°23′29″L / 48.863501, 2.391264 |
Alcalde de Aviñón | |
3 de maio de 1953 – 8 de decembro de 1958 | |
Representante da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa | |
Representa: Francia 26 de novembro de 1951 – 27 de outubro de 1955 | |
Deputado da Asemblea Nacional | |
2 de xuño de 1946 – 8 de decembro de 1958 Circunscrición electoral: Vaucluse | |
Presidente do Consello de Francia | |
10 de abril de 1938 – 20 de marzo de 1940 ← Léon Blum – Paul Reynaud (pt) → | |
Presidente do Consello de Francia | |
30 de xaneiro de 1934 – 7 de febreiro de 1934 ← Camille Chautemps (pt) – Gaston Doumergue → | |
Presidente do Consello de Francia | |
31 de xaneiro de 1933 – 26 de outubro de 1933 ← Joseph Paul-Boncour (pt) – Albert-Pierre Sarraut (pt) → | |
Deputado da Asemblea Nacional | |
16 de novembro de 1919 – 31 de maio de 1942 Circunscrición electoral: Vaucluse | |
Actividade | |
Lugar de traballo | París |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Radical e Radical Socialista Partido Republicano, Radical e Radical-Socialista (pt) |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Madeleine Laffont |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Armenian Soviet Encyclopedia, vol. 3 (en) , (p.262) |
Traxectoria
editarConvencido o primeiro ministro inglés Neville Chamberlain, logo das conferencias con Adolf Hitler en Berchtesgaden, en Godesberg e finalmente en Múnic os días 15, 22 e 29 de setembro de 1938, respectivamente, de que só a transferencia dos Sudetes de Checoslovaquia ao Terceiro Reich alemán podía evitar a guerra, aconsella a Daladier, nesa data xefe do goberno francés, que admita a anexión. Pouco despois, os Gobernos británico e francés, á súa vez, premen ao goberno checo para que da súa conformidade ás esixencias de Hitler. Unha vez conseguido polo ditador alemán o que quere e tras o seu compromiso por escrito de respectar a soberanía do resto de Checoslovaquia, Chamberlain e Daladier son recibidos ao seu regreso de Múnic por multitudes delirantes de alegría que cren que salvaron a paz mundial. Con todo, os acordos de Múnic serán un fracaso xa que a segunda guerra mundial empezará o 1 de setembro de 1939 coa invasión alemá de Polonia e entrando Francia, nela, dous días despois.
En marzo de 1940 foi substituído por Paul Reynaud á fronte do goberno francés nun intento de dar maior firmeza á dirección da guerra francesa. Cando finalizou a segunda guerra mundial, Daladier volveu ao Parlamento a liderar o Partido Radical Socialista. En 1958 retirouse cando se opuxo á Constitución dese ano.