Ed Wood
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
Edward D. Wood Jr., máis coñecido como Ed Wood, nado en Poughkeepsie (estado de Nova York) o 10 de outubro de 1924 e finado o 10 de decembro de 1978, foi un director, produtor, guionista, editor e actor de cine estadounidense. Está considerado como o peor director de tódolos tempos.
(1953) | |
Nome orixinal | (en) Edward Davis Wood Jr. |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Edward Davis Wood 10 de outubro de 1924 Poughkeepsie, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 10 de decembro de 1978 (54 anos) Hollywood, Estados Unidos de América |
Causa da morte | enfarte agudo do miocárdio (pt) |
Actividade | |
Ocupación | guionista, escritor, actor de teatro, novelista, montador, actor de cinema, director de cinema, produtor de cinema, realizador |
Período de actividade | 1948 - 1978 |
Pseudónimo literario | Ann Gora John Quinn William Davis Dick Trent Emil Moreau Akdov Telmig Johnny Carpenter Kathleen Everett |
Carreira militar | |
Rama militar | Corpo de Marines dos Estados Unidos |
Rango militar | cabo (pt) |
Conflito | Batalha de Tarawa (pt) segunda guerra mundial |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parella | Dolores Fuller |
|
Traxectoria
editarInteresouse desde moi novo polo cine, especialmente polas películas de terror e do oeste. Aos 11 anos os seus pais regaláronlle unha cámara de cine, iniciando así a súa paixón pola industria cinematográfica.
Tras servir na segunda guerra mundial (confesando anos despois ter combatido vestindo roupa interior de muller), estableceuse en Hollywood en 1948. Alí comezou a actuar en obras de teatro á vez que intentaba atopar produtores dispostos a financiar os seus proxectos.
Tras varios intentos infrutuosos, finalmente coñeceu a Alex Gordon, co que escribiu algúns guións e que finalmente o axudou a coñecer a Béla Lugosi, famoso actor de películas de terror durante os anos 30, destacando o seu papel de Drácula, e que, xa na súa etapa crepuscular e tras facerse amigo de Ed, participaría nas súas primeiras películas.
Glen or Glenda, (1953) foi o debut cinematográfico de Ed e a única película non producida polo mítico director. Nela tratábase o controvertido tema do travestismo, nunha época na que este tema non estaba moi de actualidade.
A súa segunda película, Bride of the Monster (1955) supuxo a primeira incursión do peculiar director no xénero de terror, dando o papel protagonista a Béla Lugosi e secundado polo loitador sueco Tor Johnson.
En 1956 morreu Béla Lugosi, feito que significou un duro golpe para Ed, quen, tras varias incursións na televisión e proxectos de menor categoría, finalmente roda en 1959 a que por moitos é considerada a súa peor película (ou mellor, segundo se mire): Plan 9 from outer space. Partindo das últimas escenas que rodou Lugosi en vida (apenas 5 minutos), Ed escribiu o guión en menos de dúas semanas e utilizou metraxe sobrante en estudios doutras películas. Cun orzamento inferior a 6.000 dólares, rodou unha película con moitos buratos e fallos de posta en escena, que dificilmente conseguiu un distribuidor e que, non dando beneficios, foi retirada rapidamente dos teatros e salas onde se estreou.
No momento da súa morte, en 1978 quedara no esquecemento, ata que ese mesmo ano publicouse un libro, The Golden Turkey Awards, que o definía como o peor director de cine de tódolos tempos.
En 1994 Tim Burton rodou a película Ed Wood, con Johnny Depp no papel principal, como homenaxe biográfico ao director.
Filmografía
editar- Glen or Glenda (1953)
- Jail Bait (1954)
- Bride of the Monster (1955)
- Final Curtain (1957)
- The Night the Banshee Cried (1957)
- Plan 9 from Outer Space (1959)
- Night of the Ghouls (1959)
- The Sinister Urge (1961)
- The Love Feast (1969)
- Take it out in Trade (1970)
- Excited (1970)
- The Only House (1971)
- Necromania (1971)